XORNADA NACIONAL DE LOITA

18 Jun 2018
Email , Categorias: Acción Social,

Convocamos unha XORNADA NACIONAL DE LOITA para o vindeiro martes 19 de xuño en todas as comarcas, para esixir un cambio inmediato de políticas, a derrogación das reformas laborais que nos empobrecen; para conseguir avances reais para as mulleres; na defensa dunhas pensións públicas; para rematar cos abusos da patronal; para frear as políticas de recorte contra a xente desempregada; para acabar coa privatización de servizos públicos; para impedir o retroceso nas liberdades e dereitos fundamentais e conquistar o dereito a vivir e traballar dignamente na nosa terra. A loita é o único camiño!

XORNADA NACIONAL DE MOBILIZACIÓNS - 19 DE XUÑO A Coruña: Praza de Vigo, 20h Cee: Praza 8 de marzo 20h Ferrol: Praza de España, 20h Santiago: Praza Roxa, 20h Pontevedra: Praza da Ferreiría 20h Vilagarcía: Casa do Mar, 20h A Estrada: Praza do Mercado, 20h Vigo: A Doblada, 20h Ourense: Edificio Sindical (Parque de San Lázaro), 20h Lugo: Edificio Sindical (Ronda da Muralla), 20h Burela: Local CIG (Avda. Arcadio Pardiñas), 20h Monforte: Praza de España, 20h As Pontes: Praza do Hospital, 19:30h A Pobra do Caramiñal: Cantón da Leña, 20h