Publicadas no BOE convocatorias concursos C1 e A2 SVA |
|
| 05 Mar 2010 |
Tal e como xá anunciamos onte, no Boletín Oficial do Estado xa tendes publicado o concurso de Vixilancia Aduaneira. Hai un prazo de 15 días úteis para a apresentación de solicitacións. Se tiverdes algunha dúbida a respeito, contactai connosco.
|
Nova reunión da Mesa da Carreira Administrativa sen grandes avanzos por parte da AEAT |
|
| 04 Mar 2010 |
A seguir disponibilizamos info pormenorizada da Mesa de Carreira Administrativa de hoxe. Lembramos de novo os asuntos prioritarios para a CIG, que esperamos sexan tratados en breve na Mesa de Seguimento:
|
Proposición e perguntas sobre o SIVE no Parlamento da Galiza e no Congreso |
|
| 04 Mar 2010 |
A seguir disponibilizamos diversa información sobre mocións apresentadas recentemente pola bancada do BNG, tanto no Congreso dos Deputados español como no Parlamento da Galiza, sobre a intención de pór en andamento o SIVE para mellorar a operatividade de Vixilancia Aduaneira na nosa terra.
|
Concurso Vigilancia Aduaneira |
|
| 04 Mar 2010 |
A seguir disponibilizamos os rascuños (borradores)dos concursos de Vixilancia Aduaneira (C1 e A2) que nos entregou hoxe a AEAT. Segundo nos informaron, xa foron remetidos ao BOE para a súa publicación.
|
A CIG celebra o 10 de Marzo, 'Día da Clase Obreira Galega' con mobilizacións nas sete cidades |
|
| 03 Mar 2010 |
Sob o lema "O emprego, os salarios e as pensións deféndense luitando" Diante das alternativas que se están a estudar por parte dos gobernos central e galego para atallar a crise económica, "á conta dun sacrificio enorme por parte da maioría social, que son os traballadores/as, encuanto que aqueles que a provocaron van saír incólumes”, a CIG acordou dar un carácter máis mobilizador a este 10 de marzo, Día da Clase Obreira Galega. Por iso, este ano convocará manifestacións nas sete cidades do País sob o lema "O emprego, os salarios e as pensións deféndese loitando". Alén diso, celebrará, por cuarto ano consecutivo, o Premio do Día da Clase Obreira Galega, nun acto que terá lugar, en Compostela, no día 9 de marzo.
|
Nomeacións funcionarios de Aduanas convocatoria 2008 |
|
| 01 Mar 2010 |
A seguir disponibilizamos ligazón para descarregar no BOE de hoxe as resolucións en que son publicadas as nomeacións de profesores químicos de laboratorio de aduanas e do corpo superior de Vigilancia Aduaneira (especialidade investigación e navegación) da convocatoria de 2008.
|
CIG-Administración rexeita unha nova conxelación salarial dos/as empregados/as públicos/as |
|
| 27 Fev 2010 |
A CIG-Administración mostrou o seu absoluto rexeitamento a unha posíbel conxelación do salario dos empregados públicos, estudada nos últimos días polo Goberno estatal como medida de “aforro”. |
Axentes Facenda Pública promoción interna 2008 no BOE |
|
| 26 Fev 2010 |
A seguir disponibilizamos ligazón para descarregar no BOE de hoxe a resolución en que por fim foi publicada a nomeación dos Axentes de Facenda Pública (promoción interna) da convocatoria de 2008.
|
Novo boletín da CIG para explicar as consecuencias das medidas do goberno para afrontar a crise e as alternativas da central |
|
| 26 Fev 2010 |
![]() Infórmase igualmente do 8 de marzo, Día da Muller Traballadora, e do 10 de marzo, Día da Clase Obreira Galega A CIG acaba de editar un novo boletín [PDF | 1.9 MB], dirixido a delegados e delegadas da CIG, para explicar a posición da central sindical a respeito das medidas que se están a estudar polo goberno para afrontar a crise económica e para apresentar as súas alternativas. Infórmase tamén das convocatorias da mobilizacións do 10 de marzo en cada comarca, que desta volta celébranse baixo o lema: O emprego, os salarios e as pensións deféndense loitando! |
CIG apresenta propostas para a Campaña de Renda 2009 |
|
| 24 Fev 2010 |
Hoxe decorreu unha nova reunión da Mesa sobre a Campaña de Renda 2009 e podemos adiantar que a Administración falou en manter a mesma verba económica do que o ano pasado. Na nota informativa que disponibilizamos a seguir, oferecemos info pormenorizada desta reunión ben como damos conta das propostas que a CIG apresentará a respeito.
|