Primeiro de Maio de 2012: Por emprego digno, non ás políticas económicas e laborais do Partido Popular

19 Abr 2012



A CIG convoca mobilizacións por todo o país coincidindo co Día Internacional da Clase Traballadora

Afrontamos este 1º de Maio sumidos/as nunha profunda crise económica que afecta de forma moi directa á clase traballadora a través da perda de miles de empregos, redución de salarios, precarización das condicións de traballo, perda de dereitos, etc.

As políticas económicas, sociais e laborais que está a promover o PP a través dos Gobernos español e galego, seguindo as directrices de institucións como o FMI, o BCE ou a Comunidade Europea, responden ao seu modelo ideolóxico de economía neoliberal e de defensa dos intereses da banca, dos especuladores e da oligarquía financeira.

Contra isto, a CIG chama á clase traballadora galega a participar nas mobilizacións convocadas en todo o país para reclamar emprego digno e rexeitar as medidas antiobreiras que se nos están a impoñer.

Mais: xornal dixital Avantar

 

Mesa de Saúde Laboral (18 de abril de 2012)

19 Abr 2012

Mais información na CIG-AEAT ligando para o 981 616 889

A seguir disponibilizamos nota informativa da xuntanza da Mesa de Saúde Laboral que tivo lugar onte en Madrid.