Concurso Axentes Facenda Pública (2011A04)

26 Jan 2012
Email , Categorias: Información AEAT, Concursos,

Mais información na CIG-AEAT ligando para o 981 616 889

Para a próxima terza feira ("martes") 31 de xaneiro, está axendada a Constitución da Comisión de Valoración do Concurso de Axentes da Facenda Pública. É previsíbel que, ese mesmo día, a Administración faga entrega dos primeiros listados coas pontuacións (seguramente nas últimas horas da mañá ou mesmo á tarde).

Lembrai que, de acordo coas bases do concurso (Base 3ª-Alínea 4ª),o prazo para as renuncias findará ás 24:00 horas do terceiro día seguinte á constitución da Comisión de Valoración.