Asemblea nacional de delegados/as da CIG para debater sobre as consecuencias da reforma laboral e a convocatoria de folga xeral

30 Jun 2010

Este xoves, no Pazo de Congresos, a partir das 10:30 horas

A CIG celebrará este xoves, día 1 de xullo, a partir das 10:30 horas, no Pazo de Congresos de Compostela, unha asemblea nacional de delegados e delegadas para analizar polo miúdo o alcance e as consecuencias da reforma laboral e a necesidade da convocatoria da folga xeral.

O secretario xeral, Suso Seixo, e o secretario confederal de Negociación Colectiva, Antolín Alcántara, serán os encargados de abordar estas cuestións, a partir das que se dará paso ao debate dos/as asistentes.

Mais info: xornal dixital Avantar