Galiza continúa sendo a porta de entrada da cocaína para a Europa

03 Jul 2009
Email , Categorias: Vixilancia Aduaneira, Info SVA,

null

CIG AEAT reclama novamente unha potenciación dos meios humanos e materiais do Servizo de Vixilancia Aduaneira

A sección sindical da CIG na Axencia Tributaria voltou a lanzar unha chamada de atención sobre a situación das costas galegas como «porta de entrada» á cocaína na Europa. Da central reclámase unha potenciación de meios humanos e materiais do Servizo de Vixilancia Aduaneira, razón pola cal a CIG xa se ten dirixido á Dirección Xeral de VA para que dote a Galiza dun Sistema Integrado de Vixilancia Exterior, similar ao que actualmente controla as costas andaluzas e canarias.

...

Segundo os dados recollidos pola sección da CIG na Axencia Tributaria, o ano pasado o total de cocaína incautada en Galiza supuña 64% do total do Estado, dados similares aos manexados nos anos 2007 e 2006. «Aínda que en termos percentuais continuamos iguais, en termos absolutos as apreensións de cocaína sofreron unha baixada nos dous últimos anos, superando por pouco os 25.000 kg., enquanto que en 2008 foron 21.813 os kg. incautados en todo o Estado. Da CIG consideramos que este baixón se debeu en gran medida ao desmantelamento do Servizo de Vixilancia Aduaneira (SVA) no País durante estes anos», aponta o responsábel da CIG na Axencia Tributaria, Antón Lestón.

Neste senso, Lestón móstrase convencido de que unha maior potenciación de meios humanos e materiais do SVA en xeral, e na Galiza en particular, daría como resultado un maior controlo do tráfico de drogas. Por este motivo, da sección sindical xa se teñen dirixido á Dirección Xeral de VA, para que dote ás costas galegas dun Sistema Integrado de Vixilancia Exterior similar ao que actualmente opera nas costas andaluzas e canarias para controlo de imigración e tráfico de estupefacientes.

«Tamén sería moi importante conseguir a instalación de scaners nos portos galegos con tráfico de contentores, xa que actualmente só Vigo conta este sistema que está a dar bons resultados no controlo de entrada de mercadorías ilegais», explica Lestón. «Con estes mecanismos de controlo pensamos que se obterían uns mellores resultados na loita contra o narcotráfico».

Contratación de seguranza privada

O responsábel da sección sindical da CIG lembra que a central leva anos demandando ao SVA un incremento do cadro de persoal marítimo, xa que nos últimos anos non se incorporaron novos traballadores/as e a media de idade, sinala, «é moi elevada».

Así mesmo, indicou que algunhas bases teñen escaseza de efectivos, polo cal a Administración recorre a empresas de seguranza privada para a custodia de embarcacións. Esta medida, custa á Axencia Tributaria, só no noso País, «máis de meio millón de euros, diñeiro que podia ser destinado á mellora dos meios materiais existentes e á adquisición de novos meios».

A este respeito, Lestón explica que coa potenciación de meios meteriais, especialmente a incorporación dun novo helicóptero e a renovación de embarcacións nalgunhas bases marítimas, nos catro primeiros meses de 2009 apreendéronse un total de 10,7 toneladas de cocaína, das cais 90% foron incautadas na Galiza. Isto acarreta un incremento a respeito de 2008 de cerca de 5 toneladas.

 


Sede Nacional:
Delegación AEAT da Coruña

Telefone: 981 616 889
Fax: 981 127 222
Co-e: cigaeat[@]gmail.com


Quen somos na AEAT?
Ficha de Afiliación
Contacta
Agosto 2020
Seg Ter Qua Qui Sex Sab Dom
 << <   > >>
          1 2
3 4 5 6 7 8 9
10 11 12 13 14 15 16
17 18 19 20 21 22 23
24 25 26 27 28 29 30
31            

Busca

Ligações

Web Oficial da Confederación Intersindical Galega
Formación Online
Gabinete Confederal Saúde Labora
Fundación para o Estudo e a Divulgación da Cuestión Social e Sindical en Galiza
Fundación para a Orientación Profesional, Emprego e Formación en Galiza
CIG Administración Pública

Ferramentas do usuário

Feeds XML

What is RSS?

Quem está online?

  • Usuários convidados: 1
Contadores

Contadores de visitas gratis para webCursosContadores de visitas gratis para web
blogtool