Cursos de Formación 2009 |
|
29 Jan 2009 |
No día e onte reunímonos a parte social e a Administración na mesa de Formación Continua coa intención de chegar a un acordo no plan de formación para o ano 2009. O Plan de Formación ofertado pola AEAT para este ano é máis do mesmo, coas mesmas carencias que noutros anos en temas como a preparación para a promoción interna, cursos cunha duración ridícula (por exemplo, o curso de Prevención de Riscos Laborais para persoal do SVA Marítimo ten unha duración de 6 horas, cando o mínimo estipulado por lei serían 35 horas),etc... |
Manifestación Nacional por Palestina |
|
20 Jan 2009 |
Aos gritos de «Palestina vencerá», «o sionismo é terrorismo», «onde están que non se ven as sanción a Israel», máis de 15.000 persoas percorreron as rúas de Compostela para manifestar o seu rexeitamento ao masacre que o goberno israelita está a levar a cabo contra o pobo palestino. A mobilización, convocada por máis de 80 organizacións e colectivos entre os que se encontra a CIG, recebeu a resposta masiva dos galegos e galegas que, unha vez máis, voltaron a mostrar a súa solidariedade. |
Clases Pasivas 2009 |
|
12 Jan 2009 |
A seguir disponibilizamos ligazón ao BOE para descarregar o Real Decreto 1/2009, de 9 de xaneiro, de revalorización e complementos das pensións de Clases Pasivas para o ano 2009.
|
CIG denuncia a desprotección da costa galega en materia de vixilancia antinarcotráfico |
|
09 Jan 2009 |
Desde o verán de 2007 até hoxe as costas da Galiza están sendo tomadas polos narcotraficantes e as súas potentes planadoras, sen que sexan tomadas as medidas oportunas para evitar iso por parte dos responsábeis do Servizo de Vixilancia Aduaneira. A CIG acaba de denunciar a desprotección que sofre nos dias de hoxe a costa galega en materia de vixilancia antinarcotráfico. Diversos meios de comunicación como La Voz de Galicia (vexa-se aqui) ou El Correo Gallego (vexa-se aqui) divulgaron a noticia recollendo o comunicado de imprensa que agora disponibilizamos.
|
Nomeación Axentes da Facenda Pública - Promoción Libre |
|
08 Jan 2009 |
A seguir disponibilizamos resolución de 19 de novembro de 2008, da Secretaría de Estado para a Administración Pública, pola cal son nomeados funcionarios de carreira do Corpo Xeral Administrativo da Administración do Estado, especialidade de Axentes da Facenda Pública.
|
Retribucións para 2009 |
|
04 Jan 2009 |
A seguir disponibilizamos resolución de 2 de xaneiro de 2009, da Secretaría de Estado de Facenda e Orzamentos, pola que se ditan instrucións en relación coas nóminas dos funcionarios incluídos no ámbito de aplicación da Lei 30/1984, de 2 de agosto nos termos da disposición final cuarta da Lei 7/2007, de 12 de abril, do Estatuto Básico do Empregado Público, e actualízanse para o ano 2009 as contías das retribucións do persoal a que referen os correspondentes artigos da Lei de Orzamentos Xerais do Estado para o devandito exercicio.
|