Na reunión do pasado xoves 8 de marzo a AEAT volveu a presentar a mesma proposta da reunión anterior, sin variar nin unha coma, desoíndo por tanto as demandas da parte social.
A CIG expresou a sua intención de non servir de coartada a Administración para unha pequena reforma do actual sistema de reparto de productividade, para que as cousas segan mais ou menos igual.
...
Dixésmolle á Admón que era unha reunión convocada por imperativo legal ( a Lei e algunha sentencia obligalles a negociar a productividade ) e que en realidade non tiñan ningunha intención de chegar a un Acordo.
A proposta da CIG é acordar antes de nada as bases do que debe ser o sistema de productividade na AEAT, un sistema de reparto simplificado, obxectivo, universal, con topes mínimos e máximos, sin as enormes diferencias de cantidades que existen hoxe en día; un sistema que non discrimine, que dignifique e gratifique o esforzo do persoal, que non lle sirva aos xefes de sistema de premio aos amigos e castigo aos que non se prestan á submisión, en definitiva un sistema de reparto moderno e eficaz que acabe cos privilexios de certos poderes fácticos.
Tamén somos conscientes de que no período preelectoral que estamos non vai haber posibilidades de avanzar neste nin en ningún outro tema, e despois das eleccións sindicais veremos.