Escrito e reunión coa nova Diretora Xeneral AEAT |
|
| 03 Fev 2012 |
Mais información na CIG-AEAT ligando para o 981 616 889 A seguir disponibilizamos o escrito que entregamos onte, en mao, á nova diretora da AEAT, coas propostas da CIG sobre os asuntos que consideramos prioritarios para este ano.
|
Peticións para Vixilancia Aduaneira á Directora da AEAT |
|
| 03 Fev 2012 |
Mais información na CIG-AEAT ligando para o 981 616 889 A seguir disponibilizamos os escritos que, en relación a Vixilancia Aduaneira, presentamos onte á nova Directora Xeneral da AEAT..
|
A CIG potencia a creación de cooperativas de traballo asociado entre a súa afiliación como alternativa ao modelo capitalista |
|
| 03 Fev 2012 |
A central pon a disposición dos interesados/as o asesoramento do Gabinete de Economía Social e os locais do sindicato para as xuntanzas Neste tempo de crise do modelo socio-económico, de necesidade de implementar alternativas que dean cumprida resposta á creación e vertebración dun novo sistema máis xusto e solidario, a posibilidade das cooperativas de traballo asociado son alternativas reais xa existentes en Galiza que se afastan dos modelos empresariais ao uso. Trátase de iniciativas nas que se deseñan empregos coexistentes con obxectivos da economía social, modelos sustentábeis e respectuosos na convivencia entre iguais e co medio onde se integran.
|
Concurso Axentes Facenda Pública 2011A04 |
|
| 31 Jan 2012 |
Mais información na CIG-AEAT ligando para o 981 616 889 A seguir disponibilizamos nota informativa do Concurso de Axentes de Facenda Pública, que comezou hoxe. Tamén achegamos o listado coas puntuacións provisorias. Lembrai que hai tres días de prazo para apresentar a renuncia.
|
Concurso Axentes Facenda Pública (2011A04) |
|
| 26 Jan 2012 |
Mais información na CIG-AEAT ligando para o 981 616 889 Para a próxima terza feira ("martes") 31 de xaneiro, está axendada a Constitución da Comisión de Valoración do Concurso de Axentes da Facenda Pública. É previsíbel que, ese mesmo día, a Administración faga entrega dos primeiros listados coas pontuacións (seguramente nas últimas horas da mañá ou mesmo á tarde). Lembrai que, de acordo coas bases do concurso (Base 3ª-Alínea 4ª),o prazo para as renuncias findará ás 24:00 horas do terceiro día seguinte á constitución da Comisión de Valoración. |
A CIG denuncia que CCOO e UGT ceden ás demandas da patronal traizoando a clase traballadora |
|
| 25 Jan 2012 |
Antolín Alcántara, secretario confederal de negociación colectiva asegura que “estamos ante o maior ataque da historia aos salarios da clase traballadora” A CIG manifesta a súa máis enérxica e rotunda oposición á cesión de CCOO e UGT ante as demandas da patronal, asinando un acordo polo cual os incrementos salariais deixarán de se calcular en función do IPC, como se viña facendo até agora. O secretario confederal de Negociación Colectiva, Antolín Alcántara considera que estamos “ante o maior ataque na historia aos salarios da clase traballadora”.
|
Nota informativa concursos |
|
| 19 Jan 2012 |
Mais información na CIG-AEAT ligando para o 981 616 889 A seguir disponibilizamos nota informativa do concurso do Corpo Técnico de Facenda, que foi resolvido hoxe, ben como das novidades a respeito do resto dos concursos.
|
CIG-Información cursos forGA |
|
| 19 Jan 2012 |
Mais información na CIG-AEAT ligando para o 981 616 889 A seguir disponibilizamos información sobre os cursos de forGA 2012.
|
A CIG convoca concentracións de delegados/as en todas as comarcas en repulsa ás medidas aprobadas polo PP |
|
| 11 Jan 2012 |
O secretariado confederal acorda pór en marcha unha campaña para denunciar as súas consecuencias, reclamar políticas alternativas e esixir maior soberanía O Secretariado Confederal da CIG, reunido este martes en Compostela, acordou convocar concentracións de delegados/as para este xoves, 12 de xaneiro, diante das delegacións de Facenda da administración central para manifestar o seu rexeitamento ás medidas aprobadas, vía decreto, polo goberno do PP. A central sindical, que tamén celebrará asembleas para analizar o novo escenario, considera que estas decisións son claramente negativas para a clase traballadora porque “os recortes do investimento público provocarán máis destrución de emprego e o deterioro dos servizos públicos e as medidas fiscais adoptadas nada teñen que ver coa reforma fiscal que sería necesario acometer”, afirma o Secretario Xeral, Suso Seixo.
|
A CIG considera que os recortes aprobados no Consello de Ministros non favorecerán a recuperación económica |
|
| 31 Dez 2011 |
A redución do gasto público provocará máis desemprego e perda de calidade nos servizos públicos O goberno Rajoy anunciaba tras do Consello de Ministros, toda unha serie de medidas, en materia económica, destinadas a reducir o gasto público en 8.900 millóns de euros. Para o secretario xeral da CIG, Suso Seixo, supón dar continuidade ás políticas que viña aplicando o PSOE, dirixidas unicamente a reducir o déficit público, a custo de empeorar as condicións de vida de pensionistas, traballadores que perciben o SMI, empregados/as públicos/as ou dependentes. Alén diso, non introduciu nin unha soa medida para combater a especulación coa débeda pública, nin para estimular a economía e a creación de emprego. |