A quen lle soben os impostos? |
|
| 26 Jul 2010 |
Por Immanuel Wallerstein * Os impostos son inevitábeis, de feito, e non hai momento peor para iso que cando a economía-mundo está en pobres condicións, como o está neste momento. O que non é inevitábel é o grupo ou grupos para quen a carga é maior. Todo é cuestión de saber de quen é o boi sacrificado. Algunha xente, tallante, chámalle a isto loita de clases. É impulsada con ferocidade nos días que corren. |
CIG chama a participar nos actos convocados con motivo do Día da Patria Galega |
|
| 22 Jul 2010 |
A Confederación Intersindical Galega fai un chamamento a todos os seus afiliados/as e simpatizantes para participaren das mobilizacións que o vindouro 25 de xullo, Día da Patria Galega, irán decorrer en Santiago de Compostela, ben como de todos os actos agendados para reivindicar a soberanía nacional, a xustiza social e a solidariedade. A CIG considera que o actual cuadro xurídico é insuficiente, sobretodo nas materias que máis nos afectan como clase. Por iso, no actual contexto de crise económica a mobilización para reivindicarmos un autogoberno sustentado na autodeterminación e soberanía nacional, gaña aínda máis importancia, para a mellor defensa dos intereses da clase traballadora galega. |
Campaña contra as medidas para reducir o défice público impostas polos gobernos estatal e galego |
|
| 21 Jul 2010 |
As federación de Administración, Ensino e Saúde impulsiona un abaixo-asinado para aderir á petición de interposición dun recurso de inconstitucionalidade contra o Real Decreto-lei 8/2010 do 20 de maio, polo cal foron adoptadas as medidas extraordinarias para a redución do défice público e contra a Lei galega 3/2010, de 23 de xuño, pola cal foi modificada a Lei 9/2009, de 23 de decembro, de orzamentos xerais da Xunta de Galiza. As federacións afectadas por esta normativa entenden que non concorre unha situación de extraordinaria e urxente necesidade que xustifique a promulgación do RD lei e que, en todo caso, están a ser vulnerados direitos, deberes e liberdades da cidadanía regulados no Título I da Constitución.
|
CIG e ELA apresentan manifesto conxunto en Madrid contra a reforma laboral |
|
| 21 Jul 2010 |
CIG e ELA realizaron esta cuarta-feira, no Congreso dos Deputados, unha reunión cos grupos parlamentares aos cais fixeron entrega dunha declaración conxunta en que manifestan o seu rexeitamento á reforma laboral, “tanto pola forma na que se xestou como polos seus conteúdos totalmente regresivos”, denuncian a crise estrutural do diálogo social, o proceso sumarísimo contra os direitos laborais e alertan do evidente risco de que, cos apoios conseguidos polo goberno para que a Reforma vaia adiante, aínda piore mais o seu conteúdo.
|
Asemblea nacional de delegados/as da CIG para debater sobre as consecuencias da reforma laboral e a convocatoria de folga xeral |
|
| 30 Jun 2010 |
A CIG celebrará este xoves, día 1 de xullo, a partir das 10:30 horas, no Pazo de Congresos de Compostela, unha asemblea nacional de delegados e delegadas para analizar polo miúdo o alcance e as consecuencias da reforma laboral e a necesidade da convocatoria da folga xeral. O secretario xeral, Suso Seixo, e o secretario confederal de Negociación Colectiva, Antolín Alcántara, serán os encargados de abordar estas cuestións, a partir das que se dará paso ao debate dos/as asistentes.
|
Executivas da CIG e BNG rexeitan a reforma laboral e defenden a necesidade dun novo modelo económico e social |
|
| 25 Jun 2010 |
Unha representación das Executivas da CIG e o BNG mantiveron esta mañá unha nova xuntanza para analisaren a situación de crise e as graves consecuencias económicas e sociais que está a ter para millares de persoas. Ambas as organizacións criticaron a ausencia de respostas favorábeis á maioría social por parte do goberno central e galego e coincidiron na necesidade dunha aposta por unha mudanza de políticas para camiñarmos a un novo modelo económico e social máis xusto, solidario e sustentábel.
|
Delegados/as da área pública da CIG concéntranse en contra da aplicación dos recortes aos empregados/as da administración |
|
| 22 Jun 2010 |
Coincidindo co debate no Parlamento do decreto para trasladar as medidas de redución do déficit público Delegados e delegadas da área pública da CIG desenvolveron unha concentración na mañá deste martes diante do Parlamento de Galiza para amosar o seu rexeitamento ás medidas de redución do déficit público adoptadas polo goberno estatal e que a Xunta de Galiza vai aplicar aos empregados/as públicos, sen minimizar o seu impacto, a pesar de ter capacidade para facelo. As Federacións de Administración, Ensino e Saúde denunciaron novamente a hipocrisía do PP e demandaron que antes de recortar as retribucións dos traballadores/as se reduzan os numerosos gastos superfluos da administración.
|
CIG convoca mobilizacións nas cidades galegas o xoves 17 de xuño para loitar por unha folga xeral |
|
| 10 Jun 2010 |
A Confederación Intersindical Galega convoca para o vindeiro xoves 17 de xuño unha serie de mobilizacións en todo o país para rexeitar na rúa as medidas anticrise propostas polo Goberno español e loitar por unha folga xeral que paralice a nova reforma laboral. As manifestacións desenvolveranse a partir das oito da tarde en Vigo, A Coruña, Santiago de Compostela, Pontevedra, Ferrol, Lugo, Ourense e Vilagarcía de Arousa. |
Máis de 7.000 persoas participan nas manifestacións convocadas pola central sindical en todas as comarcas |
|
| 08 Jun 2010 |
Máis de 7.000 persoas participaron nas mobilizacións convocadas pola CIG nas sete cidades coincidindo coa xornada de folga no sector público. Unha folga que tivo un moi desigual seguimento pero que se achega ao 50% no conxunto da área pública galega, chegando a superar o 80% nos concellos das grandes cidades. |
8 de xuño: greve na administración pública |
|
| 04 Jun 2010 |
![]() Clicar em cima da imagem para ampliar A seguir disponibilizamos nota informativa da CIG sobre a convocatoria de greve (folga) nas Administracions Públicas para o vindouro 8 de xuño.
|