CIG lanza Marcha Galega polo Emprego

10 Jun 2011

Acabará 3 de xullo en Compostela cunha manifestación nacional

A CIG apresentou onte de mañá, en conferencia de imprensa, a Marcha Galega polo Emprego, unha gran mobilización en que se agarda que participen desempregados/as de toda Galiza. Os participantes na marcha percorrerán a pé o País, partindo inicialmente das cidades, no día 29 de xuño, para acabaren a 3 de xullo en Compostela, cunha manifestación nacional.

Con esta marcha preténdese sensibilizar a poboación ante o grande problema que implica o desemprego e exixir o andamento de toda unha serie de medidas que permitan o crescimento económico e a criación de emprego, face as políticas neoliberais aplicadas até agora, que provocaron unicamente a precarización das condicións laborais.

A marcha demanda a criación dun Salario de Inserción Social para garantir que os desempregados que non cobran xa nengunha prestación, uns 40% do total, non caian "na pobreza e na marxinalidade"

 

Cursos INAP - 2º semestre 2011

01 Jun 2011

A seguir disponibilizamos as ligazóns para descarregar as resolucións publicadas no BOE sobre os cursos do Instituto Nacional de Administración Pública para o segundo semestre de 2011.

 

Convocatorias oposicións Admón Xeral do Estado

26 Mai 2011

No día de hoxe foran publicadas no B.O.E. as convocatorias das seguintes oposicións:

- Corpo Xeral Auxiliar da Admón. do Estado do Estado (promoción interna)
- Corpo Xeral Administrativo da Admón do Estado ( promoción interna)
- Corpo de Xestión da Admón Civil do Estado (libre e interna)
- Corpo de Xestión de Sistemas e Informática da Admón do Estado (libre e interna)

Lembrai que hai un prazo de 20 días corridos para apresentar a instancia.

 

Axudas redución xornada coidado fillos

18 Mai 2011

Mais información na CIG-AEAT ligando para o 981 616 889

Infórmamos que hoxe 18 de maio de 2011, foi publicada no DOG, a convocatoria da Secretaría Xeral de Igualdade pola cual son reguladas as axudas económicas para aqueles traballadores e familias monoparentais, que entre 1 de setembro de 2010 e 30 de abril de 2011 se acolleran a unha redución da súa xornada laboral por coidado de fillo/a.

O prazo para a apresentación da petición será dun mes contado a partir do día seguinte ao da publicación da resolución no DOG (Prazo: de 19 de maio a 20 de xuño).

 

Sobre os novos cortes salariais para os servidores públicos

13 Mai 2011

A seguir disponibilizamos nota informativa sobre os posíbeis novos cortes salariais, ben como ligazón para as declaracións da Secretaria do Estado de Función Pública sobre ese tema (moi interesantes, por certo...) que podeis ver en "La Voz de Galicia".

 

Máis de 17.000 persoas convocadas pola CIG rexeitan na rúa as políticas de recortes sociais e apostan pola defensa do emprego

02 Mai 2011



Suso Seixo aproveitou a celebración do Primeiro de Maio para animar en Vigo a loitar por un novo modelo económico e por unha Galiza ceibe e socialista

Máis de 17.000 persoas manifestáronse coa CIG en toda Galiza este 1º de Maio para conmemorar o Día Internacional da Clase Traballadora. Con estas mobilizacións, convocadas baixo o lema “Polo emprego, non ás reformas do capital. Defendamos os nosos dereitos”, o sindicalismo nacionalista e de clase galego rexeitou na rúa a política de recortes sociais que están a aplicar os distintos gobernos seguindo as directrices do capital.

Ao remate da marcha de Vigo o secretario xeral da CIG, Suso Seixo, animou a conquistar un novo modelo económico máis xusto e a loitar por unha Galiza “ceibe e socialista”.

Mais info: xornal dixital Avantar

 

CIG-AEAT sobe cinco representantes nas eleicións entre o persoal funcionario

28 Abr 2011

Con 11 representantes, a CIG é a primeira forza sindical na Galiza

Hoxe, 28 de abril tivemos as eleicións na Axencia Tributaria, onde eran eleitos as/os representantes das distintas Xuntas de Persoal. A CIG subiu en 5 delegados (3 na Coruña, 1 en Pontevedra e mais un en Ourense), tendo un total de 11 entre as catro Xuntas de Persoal.

A falta de dados pormenorizados, que enviaremos en breve, podedes ver os resultados xerais na Galiza no pdf que disponibilizamos a seguir.

 

Día Internacional da Clase Traballadora

18 Abr 2011



1º de Maio: Polo emprego, non ás reformas do capital. Defendamos os nosos dereitos

A Confederación Intersindical Galega celebra o Día Internacional da Clase Traballadora con nove manifestación nas principais cidades do país, ademais de en Viveiro e Ribeira. A central nacionalista conmemora un novo 1º de Maio, nesta ocasión baixo o lema "Polo emprego, non ás reformas do capital. Defendamos os nosos dereitos", e anima á cidadanía galega a participar nas distintas mobilizacións.

Mais info: xornal dixital Avantar

 

Candidaturas da CIG-AEAT para as eleicións sindicais 2011

15 Abr 2011

28 de abril, eleicións sindicais na Axencia Tributaria

A seguir informamos das candidaturas apresentadas pola CIG às próximas Eleicións Sindicais na Axencia Tributaria. Acompañamos também o tríptico xeral informativo para estas eleicións:

 

Máis de 6.000 persoas maniféstanse polas rúas de Madrid contra as reformas laboral, das pensións e da negociación colectiva

06 Abr 2011

“Polo dereito a decidir as nosas condicións laborais e sociais”

Arredor de 6.000 persoas -entre as que participaron uns 1.500 delegados e delegadas da CIG- manifestáronse polas rúas de Madrid na mobilización convocada polas organizacións sindicais nacionalistas vascas ELA, LAB, STEE-EILAS, EHNE, HIRU, a catalá CSC, a canaria IC e a CIG, baixo o lema “Polo dereito a decidir as nosas condicións laborais e sociais”.

Full story »

 

Eleicións Sindicais 2011: voto por correspondencia

31 Mar 2011

Mais información na CIG-AEAT ligando para o 981 616 889

A seguir disponibilizamos as instruccións e modelo de escrito do voto por correspondencia. Falta preencher os dados do enderezo da Delegación correspondiente.

É importante solicitardes o voto xá todos os que non puderdes votar no próprio dia das eleicións (28 de abril), sobretodo o pesoal de Vixilancia Aduaneira.

 

Islandia, o país que castiga os banqueiros culpábeis da crise

28 Mar 2011
Email , Categorias: Notícias Sindicato, Opinión,

Por Alejandra Abad

A gran maioría da poboación occidental soña desde 2008 con dicir “non” aos bancos, pero ninguén se atreveu a facelo. Ninguén, agás os islandeses, que levaron a cabo unha revolución pacífica que conseguiu non só tombar un goberno e redactar unha nova constitución, senón meter na cadea os responsábeis da desfeita económica do país.

Full story »

 

CIG mobilizarase en Madrid en 5 de abril contra as reformas do Goberno e polo direito a decidir as condicións laborais

22 Mar 2011

A manifestación está convocada de xeito conxunto coa maioría sindical vasca e agárdase tamén a participación de organizacións cataláns e canarias

A Confederación Intersindical Galega e a maioría sindical basca van desenvolver unha manifestación o vindouro 5 de abril en Madrid en contra das reformas do goberno (concretamente a reforma das pensións e da negociación colectiva) e na defensa do direito a decidir nos propios territorios as condicións laborais e sociais.

Full story »

 

Real Decreto de privatización dos servizos públicos

17 Mar 2011

A CIG oponse ao proxecto de Real Decreto que regulará a entrada de ETTs na Administración Pública

A seguir disponibilizamos información sobre a Mesa Xeral das Administracións Públicas, en que foi tratado o Real Decreto que regula a entrada das empresas de traballo temporario para prestar servizos na administración pública.

- Mais info: xornal dixital Avantar

 

Día da Clase Obreira Galega: Manifestacións en Ferrol e Vigo

08 Mar 2011

Con motivo da conmemoración do 10 de marzo, Día da Clase Obreira Galega, a CIG ten convocada dúas manifestacións:

- Ferrol: ás 20:00 horas, con saída dende a Avenida do Esteiro, diante dos locais da CIG.

- Vigo: ás 20:00 horas, con saída dende a Vía Norte.

Informamos também que para o dia 13 de marzo está marcada mais unha manifestación nacional en Compostela sob o lema "Galiza ten dereito. En defensa do aforro, o emprego e o país". A marcha sairá ás 12:00 horas da Alameda.

 

<< 1 ... 4 5 6 7 8 9 10 11 12 13 14 ... 19 >>



Sede Nacional:
Delegación AEAT da Coruña

Telefone: 981 616 889
Fax: 981 127 222
Co-e: cigaeat[@]gmail.com


Quen somos na AEAT?
Ficha de Afiliación
Contacta
Abril 2021
Seg Ter Qua Qui Sex Sab Dom
 << <   > >>
      1 2 3 4
5 6 7 8 9 10 11
12 13 14 15 16 17 18
19 20 21 22 23 24 25
26 27 28 29 30    

Busca

Ligações

Web Oficial da Confederación Intersindical Galega
Formación Online
Gabinete Confederal Saúde Labora
Fundación para o Estudo e a Divulgación da Cuestión Social e Sindical en Galiza
Fundación para a Orientación Profesional, Emprego e Formación en Galiza
CIG Administración Pública

Ferramentas do usuário

Feeds XML

What is RSS?

Quem está online?

  • Usuários convidados: 1
Contadores

Contadores de visitas gratis para webCursosContadores de visitas gratis para web
powered by b2evolution CMS