A CIG apresenta o documentario "A crise, o sistema e a soberanía"

07 Out 2011

Fai parte da campaña "Si, existen alternativas" no contexto da manifestación nacional de próximo 23 de outubro

A CIG repasa neste documentario o atual proceso de reorganización do capitalismo, sob a coartada da "crise" económica, as nefastas consecuencias que está a ter para a clase traballadora en todo o mundo e as alternativas posíbeis, que pasan por un modelo económico onde traballadoras e traballadores teñamos o poder real. Recolle, ainda, a dupla dimensión da crise sistémica, que tem un carácter de clase mais tamén territorial, agravando a situación no caso das nacións sen soberanía política como é a Galiza. Finalmente, formula a necesidade de acumularmos forzas xunto da esquerda nacionalista para facermos frente ao contexto actual.

- Podeis descargar aquí a brochura da campaña "Si, hai alternativas"

- Mais info: xornal dixital Avantar

 

Suso Seixo proclama, en Lugo, que hai alternativas para parar a ofensiva neoliberal, os cortes e a perda de direitos laborais

07 Out 2011

Chama a participar na manifestación nacional do próximo 23 de outubro, en defesa do emprego e dos servizos públicos

Dando continuidade a campaña posta en marcha pola CIG baixo o lema “Si, existen alternativas! En defensa do emprego e dos servizos públicos”, decorreu en Lugo unha asemblea de delegados e delegadas en que o secretario xeral, Suso Seixo, acompañado polo secretario comarcal, Xosé Ferreiro, defendeu que existen alternativas ao modelo neoliberal para recuperar a economía, apoiar os sectores produtivos e criar emprego.

Seixo chamou a participar na manifestación convocada pola central sindical, o vindeiro 23 de outubro, ás 12:30 horas da Alameda compostelana, lembrando que é só coa mobilización social que a clase traballadora pode defender os seus direitos.

Mais info: xornal dixital Avantar

 

2.000 persoas din non á reforma da Constitución na praza da Quintana

19 Set 2011

Secretario xeral da CIG demandou o recoñecemento do carácter plurinacional do Estado, o dereito a decidir e o dereito á autodeterminación das nacións

Por volta de 2.000 persoas somáronse á convocatoria que sob o lema "Galiza pola soberanía, os direitos sociais e os servizos públicos. Esta reforma da Constitución é unha fraude!", convocaron 14 organizacións sindicais, políticas e sociais, ademáis da CIG, a Organización de Montes en Man Común, o BNG, ADEGA, Comités, FRUGA, a Asociación de Escritores en Lingua Galega, a AS-PG, Galiza Nova, a Liga Estudantil Galega, Plataforma en defensa dos Servizos Sociais Públicos, Galiza Cultura, MEU e Rede Galega de Empresas.

Os convocantes denunciaron a reforma da Constitución pactada por PP e PSOE e que, segundo afirmou o secretario xeral da CIG, Suso Seixo, "é desnecesaria, antisocial e antidemocrática".

Mais info: xornal dixital Avantar

 

Oito puntos para explicar o momento económico

19 Set 2011
Email , Categorias: Notícias Sindicato, Opinión,

Por Nasser Khoury

A crise e a sucesión de nefastos acontecementos que estamos a vivir terminarán cando a natureza económica dereitista que persiste nos poderes sexa substituída por outra que falen de solidariedade entre Estados, inclusión social, cooperación internacional, integración e idénticos parámetros nos dereitos humanos.

Full story »

 

A CIG anuncia mobilizacións contra a reforma neoliberal da Constitución e exixe a convocatoria dun referendo

30 Ago 2011

A Executiva Confederal acordou realizar unha concentración nacional o venres día 2 e celebrar asembleas de delegados/as e concentracións en todas as comarcas o martes 6 de setembro

A Executiva Confederal da CIG vén de acordar convocar mobilizacións contra a reforma do artigo 135 da CE. Unha reforma neoliberal pactada polo PSOE e o PP que limita a capacidade do Estado na súa intervención nas políticas económicas e sociais e que atenta contra a autonomía financeira de Galiza.

A CIG considera ademais que o procedemento seguido para tramitar esta reforma constitucional é absolutamente antidemocrático e reclama a convocatoria dun referendo.

Mais info: xornal dixital Avantar

 

A CIG manifesta a súa rotunda oposición a que se limite o gasto público por vía constitucional

24 Ago 2011

Considera que é outra medida improvisada do Executivo que afonda no neoliberalismo, seguindo os ditados das potencias económicas europeas e do BCE

A Confederación Intersindical Galega manifesta a súa rotunda oposición á pretensión do goberno de introducir, por vía constitucional, un tope ao gasto público.

O secretario xeral da CIG, Suso Seixo, denuncia que se trata dunha “improvisación máis do Executivo de Zapatero que, en tres anos de crise, non foi quen de pór en marcha políticas propias e que se limitou a satisfacer as exixencias do capital financiero, das potencias europeas, Alemaña e Francia e do BCE, afondando no modelo económico neoliberal, responsábel da actual situación económica”.

Mais info: xornal dixital Avantar

 

A CIG rexeita a proposta de moderación salarial presentada por CCOO e UGT ao Presidente do goberno

20 Ago 2011

Suso Seixo afirma que "dá a impresión de que quen lles está pagando é a CEOE, en vez dos seus afiliados e afiliadas”

A CIG manifesta o seu total rexeitamento á proposta presentada polos secretarios de CCOO e UGT, en carta dirixida ao Presidente do Goberno español, referida a aceptar un novo acordo de moderación salarial para vindeiros anos, ampliando o período de tres anos que xa contemplaba o Acordo Interconfederal de Negociación Colectiva aínda vixente. Suso Seixo, secretario xeral da CIG, considera que con este tipo de propostas “dá a impresión que quen lles está pagando é a CEOE, en vez dos seus afiliados e afiliadas”.

Mais info: xornal dixital Avantar

 

A CIG manifesta a súa oposición á proposta de Pérez Rubalcaba de moderar aínda máis os salarios

10 Ago 2011

Considera ademais que a proposta de flexibilizar os contratos a tempo parcial ten como único obxectivo proporcionar man de obra barata ao empresario á súa libre disposición

O ex- vicepresidente do goberno e actual candidato socialista, Alfredo Pérez Rubalcaba, instaba onte ao Executivo, a patronal e sindicatos a sentarse a negociar un novo pacto en política de rendas co obxectivo de moderar aínda máis os salarios para, teoricamente, favorecer a creación de emprego e a competitividade.

Para a CIG, esta proposta insírese nas políticas que vén aplicando o PSOE, que pretende que sexan as e os traballadores quen paguen a crise; favorece exclusivamente ás empresas, que poderán seguir incrementando os seus beneficios, e non redundará na creación de emprego.

Mais info: xornal dixital Avantar

 

Cursos de formación forGA 2011

09 Ago 2011

Mais información na CIG-AEAT ligando para o 981 616 889

A seguir disponibilizamos información sobre os cursos de formación da CIG.

 

As "xoias" do Sr. Rosell , Presidente da CEOE, e as súas receitas para sair da crise

03 Ago 2011

María Carme López Santamariña
Secretaria Nacional CIG-Admon Pública

Nestes días de atrás o Sr. Rosell facía responsables desta crise aos funcionarios, parados, contribuíntes ou estudantes, ofrecéndonos as súas receitas máxicas para saír dela.

Resumo algunha das " xoias", ditas polo Sr. Rosell, tomando como fontes distintos xornais e medios de comunicación  do día 18 de xullo de 2011:

Full story »

 

Silencio informativo sobre Islandia. Por que?

21 Jul 2011

Se alguén cre que non hai censura na actualidade, que me diga se así como soubo todo o que pasa en Exipto, porque os xornais non dixeron nada de nada sobre o que pasa en Islandia:

En Islandia, o pobo fixo dimitir un goberno ao completo, nacionalizáronse os principais bancos, decidiuse non pagar a débeda que estes crearon con Gran Bretaña e Holanda a causa da súa mala política financeira e acábase de crear unha asemblea popular para reescribir a súa constitución.

Full story »

 

A CIG fai un chamamento aos seus afiliados/as para que participen nos actos do Día da Patria Galega

18 Jul 2011

A soberanía nacional cobra máis importancia este 25 de xullo pola necesidade de ter competencias para enfrontar a actual crise económica

A Confederación Intersindical Galega fai un chamamento a todos os seus afiliados/as e simpatizantes para que participen nas mobilizacións que se desenvolven o vindeiro 25 de xullo, Día da Patria Galega, en Santiago de Compostela.

A central nacionalista anima tamén os seus militantes a apoiar coa súa presenza todos actos que se celebran nestas datas para reivindicar a soberanía nacional, a xustiza social e a solidariedade.

Mais info: xornal dixital Avantar

 

O último do goberno 'socialista' grego: vai privatizar até a Axencia Tributaria

17 Jul 2011

O primeiro ministro grego, Yorgos Papandréu, estuda privatizar a recadación fiscal dos maiores debedores do país ante o temor de que a corrupción na administración estea freando o cobro de impostos. Esa é a escusa para privatizar.

Nunha entrevista realizada polo rotativo económico alemán "Financial Estafes Deutschland", Papandréu explica que no seu afán por sanear as contas públicas o fisco heleno vai concentrarse no grupo de principais morosos, "unhas 14.000 persoas que deben ao Estado ao redor de 36.000 millóns de euros en impostos".

Full story »

 

Área Pública da CIG manifesta o desacordo coa decisión do TC e continuará na luita pola defensa dos direitos dos traballadores

15 Jun 2011

Diante do aval do Tribunal Constitucional ao corte salarial aplicado ás empregadas e empregados das administracións

A Área Pública da CIG vén de anunciar que continuará adiante co defensa dos direitos das empregadas e empregados públicos e na luita contra os cortes que nos últimos tempos vén padecendo este colectivo.

A afirmación chega depois de se coñecer o auto do Tribunal Constitucional polo cual non admite a trámite a cuestión de inconstitucionalidade promovida pola Sala do Social da Audiencia Nacional en relación coa aplicación da rebaixa salarial aos/ás traballadores/as da Fábrica Nacional de Moeda e Timbre e Real Casa da Moeda (FMNT-RCM).

 

Datas e horarios da Marcha Galega polo Emprego

14 Jun 2011

Rumo a Santiago de Compostela

A Marcha Galega polo Emprego [web especial] que organiza a Confederación Intersindical Galega finalizará cunha manifestación nacional en Santiago de Compostela o vindouro 3 de xullo. Días antes os participantes patirán das distintas comarcas para percorrer a pé a distancia até a capital da Galiza. Consulta a continuación os lugares de saída, as datas e os horarios.

Lugares, datas e horarios de saída:

Vigo: 30 de xuño dende Gregorio Espino (local da CIG.

A Coruña: 30 de xuño ás 10.00 horas dende Alfonso Molina (local da CIG).

Cee:
30 de xuño ás 10.00 horas dende O Son (local da CIG).

Pontevedra:
1 de xullo dende Pasantería (local da CIG).

Ferrol:
29 de xuño dende a Avenida de Esteiro (local da CIG).

Lugo:
29 de xuño dende a Ronda da Muralla (edificio sindical).

Ourense: 29 de xuño ás 9.30 horas dende o Pavillón dos Remedios

 

<< 1 ... 3 4 5 6 7 8 9 10 11 12 13 ... 19 >>



Sede Nacional:
Delegación AEAT da Coruña

Telefone: 981 616 889
Fax: 981 127 222
Co-e: cigaeat[@]gmail.com


Quen somos na AEAT?
Ficha de Afiliación
Contacta
Abril 2021
Seg Ter Qua Qui Sex Sab Dom
 << <   > >>
      1 2 3 4
5 6 7 8 9 10 11
12 13 14 15 16 17 18
19 20 21 22 23 24 25
26 27 28 29 30    

Busca

Ligações

Web Oficial da Confederación Intersindical Galega
Formación Online
Gabinete Confederal Saúde Labora
Fundación para o Estudo e a Divulgación da Cuestión Social e Sindical en Galiza
Fundación para a Orientación Profesional, Emprego e Formación en Galiza
CIG Administración Pública

Ferramentas do usuário

Feeds XML

What is RSS?

Quem está online?

  • Usuários convidados: 2
Contadores

Contadores de visitas gratis para webCursosContadores de visitas gratis para web
powered by b2evolution CMS