A CIG convoca para esta quinta-feira, 21 de marzo, concentracións simultáneas en cidades e vilas en contra da reforma laboral |
|
21 Mar 2012 |
No contexto da campaña de mobilizacións que a central nacionalista está a desenvolver com motivo da Greve de 29 de Marzo A CIG ten convocadas para mañá, quinta-feira 22 de marzo, concentracións simultáneas nas cidades galegas e en varias vilas do País en contra da agresiva reforma laboral aprobada recentemente polo PP e para aglutinar forzas para dar unha contundente e masiva resposta na greve xeral de 29 de Marzo. Con estas concentracións a central sindical pretende tamén trasladar aos gobernos español e galego o rexeitamento que existe nos centros de traballo a respeito desta brutal e regresiva reforma laboral. Unha reforma laboral que ten a dimensión dun golpe de estado e vén acabar cos poucos direitos laborais que a clase traballadora conquistou nas últimas décadas.
|
Manifesto contra a reforma laboral do PP e en apoio da folga xeral convocada para o 29 de marzo |
|
20 Mar 2012 |
Asinado por diferentes organizacións sociais, políticas e sindicais Organizacións sociais, políticas e sindicais asinan un manifesto en apoio da folga xeral do 29 de marzo e contra a reforma laboral e as políticas que vén impoñendo o PP desde a súa chegada ao goberno. O manifesto é froito do proposto pola CIG na xuntanza celebrada na sede da central sindical o pasado 27 de febreiro, coas aportacións das distintas organizacións asinantes.
|
Convocatoria Muface (axudas atención dependencia) |
|
19 Mar 2012 |
Mais información na CIG-AEAT ligando para o 981 616 889 A seguir disponibilizamos a convocatoria das axudas de atención á dependencia de Muface que foi publicada no BOE nos pasados días.
|
A CIG pon en marcha unha nova páxina web con toda a información sobre a folga xeral do 29 de marzo |
|
14 Mar 2012 |
www.folgaxeral.info inclúe novas, análise, opinión, documentos e datos de interese, así como todo o material para descargar A Confederación Intersindical Galega vén de poñer en marcha unha nova páxina web con toda a información referente á convocatoria de folga xeral do 29 de marzo. Nela, a central nacionalista pon a disposición das persoas interesadas o material necesario para entender a actual ofensiva do capital contra a clase obreira e desmontar os falsos argumentos que están detrás da perda de dereitos laborais e sociais. Tamén está dispoñíbel para descarga todo o material editado polo sindicato con motivo da mobilización.
|
CIG-Administración lanza unha campaña pola dignidade do/a empregado/a público/a e en defensa dos servizos públicos |
|
12 Mar 2012 |
Pretende responder aos continuos ataques que están a padecer as traballadoras e traballadores das administracións CIG-Administración presentou esta mañá a campaña que a partir de mañá se desenvolverá en todas as comarcas do país, pola dignidade do empregado/a público/a e en defensa dos servizos públicos. A campaña desenvolverase de forma transversal en todas as accións sindicais que, ao longo dos vindeiros meses defendan o sector público e rexeiten os recortes.
|
A CIG conmemora o 10 de Marzo cunha chamada á mobilización e á organización na defensa dos nosos intereses de clase |
|
10 Mar 2012 |
Máis de 20.000 persoas participan nas manifestacións convocadas pola central nacionalista en toda Galiza en contra dos recortes máis agresivos dende o franquismo No día que se cumpren 40 anos do asasinato de Amador Rei e Daniel Niebla, a loita de clases amósase máis viva ca nunca logo das últimas e regresivas reformas aprobadas polos distintos gobernos. Reformas e medidas destinadas a despoxar á clase traballadora dos dereitos laborais e sociais acadados nas últimas décadas, deixándoa indefensa ante unha ofensiva do capital que nos obriga a dar unha resposta contundente e reaxir na defensa dos nosos intereses, tal e como neste 10 de Marzo xa fixeron as máis de 20.000 persoas que participaron nas manifestacións convocadas pola CIG e como haberá que demostrar na folga xeral do 29 de marzo.
|
A CIG chama aos galegos e galegas a mobilizarense no dia 10 de Marzo contra unha reforma laboral que “saqueia a clase traballadora” |
|
09 Mar 2012 |
Convoca manifestacións en todas as cidades, ademais de Vilagarcía e Ribeira Con motivo do Día da Clase Obreira Galega a CIG convoca manifestacións, o sábado 10 de marzo, en todas as cidades, ademais de en Vilagarcía e Ribeira, contra a reforma laboral que vén de aprobar o PP. Unha reforma que supón a demolición dos dereitos do traballo e saquea á clase traballadora, para contentar aos grandes empresarios, á banca e aos máis ricos. Ante isto, a CIG chama aos galegos e galegas a mobilizarse para responder, con toda a forza necesaria, e impedir a consumación desta agresión brutal contra a clase traballadora.
|
A CIG rexistra na consellaría de Traballo a convocatoria de Folga Xeral para o 29 de marzo |
|
03 Mar 2012 |
Tamén rexistraron a convocatoria a CUT, a CGT e a CNT e os catro sindicatos chamaron a CCOO e UGT a sumarse, para dar unha resposta conxunta e frear a reforma laboral A CIG facía entrega formal, esta mañá, no rexistro da Consellaría de Traballo, da convocatoria de folga xeral, xunto coa CUT, a CGT e a CNT. Segundo explicou Suso Seixo “pretendemos así dar a imaxe de que aquí si existe unidade sindical. Outra cousa é que CCOO e UGT sigan na ambigüidade”. O secretario xeral da CIG fixo un chamamento a estas centrais sindicais para que se sumen, mantendo aberta a posibilidade de mudar a data, se iso vai favorecer unha máis ampla resposta á reforma laboral, que supón, dixo, “o maior ataque que se fixo á clase traballadora desde a transición”.
|
A CIG conmemora o 8 de marzo baixo o lema “As mulleres coa folga xeral. Xuntas podemos!” |
|
03 Mar 2012 |
As reformas (laboral e das pensións) terán efectos especialmente negativos sobre a muller galega, que parte dunha situación máis precaria A secretaria confederal de Muller e Mocidade, Margarida Corral, compareceu esta mañá en rolda de prensa para presentar a campaña da CIG arredor do 8 de marzo, Día Internacional da Muller Traballadora, que desta volta se conmemora baixo o lema “As mulleres coa folga xeral. Xuntas podemos!”, e informar dos actos que con este motivo convoca ou nos que participa a central sindical. Xunto a ela interveu a responsábel do Gabinete Técnico de Economía, Natividade López, quen presentou as conclusións do traballo “A muller no mercado laboral en Galiza”, realizado a partir da análise dos datos oficiais do ano 2011.
|
Esta reforma laboral ten a dimensión dun golpe de estado: quítalle todo ao traballador/a para darlle todo á patronal |
|
02 Mar 2012 |
A CIG mobilízase nas distintas comarcas para esixir a retirada da reforma e concienciar da necesidade de participar na Folga Xeral do 29 de marzo A CIG realizou este xoves asembleas de delegados/as e mobilizacións nas distintas comarcas para esixirlle ao Goberno de Rajoy que retire a lesiva reforma laboral que vén de aprobar. Unha reforma que, en palabras do secretario xeral, Suso Seixo, “constitúe o maior ataque infrinxido á clase obreira dende a transición”. A CIG lembra que só cunha contestación social contundente se poderán frear as políticas de precarización e empobrecemento xeneralizado da maioría social, polo que reitera a necesidade de participar na Folga Xeral do 29 de marzo.
|
A CIG comeza un intenso calendario de actos e mobilizacións para preparar a Greve Xeral do 29 de marzo |
|
29 Fev 2012 |
A central convoca para mañá, xoves 1 de marzo, asembleas e protestas nas comarcas contra a reforma laboral e as políticas de recortes do PP Dentro da campaña de cara á convocatoria de folga xeral do vindeiro 29 de marzo, a CIG ten programado un intenso calendario de actos e mobilizacións que continuarán mañá, xoves 1 de marzo, coa celebración de asembleas de delegados/as e protestas nas distintas comarcas do País, en rexeitamento á regresiva reforma laboral e ás políticas de recortes aplicadas polo PP.
|
O Gabinete Técnico de Economía da CIG apresenta unha análise pormenorizada da reforma laboral |
|
22 Fev 2012 |
No documento faise un repaso crítico sobre os aspectos máis negativos da nova normativa que promove o PP O Gabinete Técnico de Economía da CIG vén de facer público un documento no que se analizan os principais contidos da nova reforma laboral promovida polo PP e que endurece notablemente todas as medidas esenciais das normativas anteriores co único obxectivo de protexer os empresarios. O seu núcleo duro afecta á contratación, á flexibilidade interna, á negociación colectiva e ao despedimento.
|
Concentracións e manifestacións en todas as cidades, este xoves, día 23 de febereiro, contra os cortes no sector público |
|
22 Fev 2012 |
Convocan CIG, UGT, CCOO, CSI-F, FEP-USO, SATSE, SAE, CGT e STAJ O persoal do sector público vén manifestando o seu máis rotundo rexeitamento aos recortes que o PP pretende impor a través da Lei de Medidas no Emprego Público. Os empregados e empregadas deste sector entenden que estas medidas supoñen un grave retroceso nos seus dereitos laborais e sociais, cuestionan a súa imaxe e a súa dignidade, desvalorizan á propia administración pública e provocarán unha mingua na calidade dos servizos. Por iso convocaron, para este xoves, concentracións e manifestacións en todas as cidades, ás 19:00 horas, ás que chaman a participar a todas as galegas e galegos en defensa do Sector Público.
|
A CIG convoca, para o 29 de marzo, greve xeral |
|
17 Fev 2012 |
O secretariado confederal acordou esta mañá fixar xa a data da convocatoria O Secretariado Confederal da CIG, reunido esta sexta, día 17 de febereiro, acordou marcar a data da convocatoria de greve xeral para o día 29 de marzo. Así o comunicou o secretario-xeral, Suso Seixo, que explicou que para tomar esta decisión tívose en conta que durante o mes de marzo entrarán a debate, no Congreso, a reforma laboral e os Orzamentos Xerais do Estado e que para esa mesma data, tamén convocou greve xeral a maioría sindical basca.
|
A CIG convoca asembleas abertas nas cidades galegas para debater sobre a reforma laboral e a greve xeral |
|
15 Fev 2012 |
A central sindical convida a participar a todas as persoas interesadas en coñeceren o alcance e as consecuencias que terá para a clase traballadora A CIG convoca para esta quinta, día 16 de febereiro, asembleas abertas nas distintas cidades galegas. A central sindical quere abrir así un debate social, para que se coñeza o alcance e as gravísimas consecuencias que terá a reforma laboral que vén de aprobar o PP, tanto para as condicións laborais e salariais da maioría da poboación, como no que supón de perda de dereitos. Nestas asembleas abordarase tamén a necesidade da convocatoria de folga xeral, que a CIG ten prevista para finais do mes de marzo, como única forma de frear, tanto esta reforma, como todas as medidas que xa se foron aprobando e as que se prevé que se impoñan a través dos orzamentos xerais do estado.
Na cidade de Pontevedra xa se celebrou esta mañá unha asemblea de delegados/as e unha concentración diante da Delegación do Goberno. |