A CIG na Axencia Tributaria rexeita a amnistía fiscal e denuncia inoperancia e deixamento de funcións do Ente Público |
|
08 Jun 2012 |
A Sección Sindical reclama incrementar os controis contra a fraude e advirte que a amnistía é contraria aos principios de progresividade e proporcionalidade A Sección Sindical da CIG na AEAT considera que as medidas que está a tomar o Goberno español para efectuar o que denominan “regularización fiscal”, “non son máis que a constatación do fracaso dun modelo de xestión dos tributos que leva anos obsoleto”. Así mesmo advirten que a Lei de amnistía fiscal vulnera os principios de progresividade e proporcionalidade que debe perseguir o sistema tributario, mentres que, pola contra, se “premia” aos/ás defraudadores permitíndolle pagar impostos moi inferiores aos que lles correspondería polo nivel de ingresos. |
CIG e ELA presentan perante o Supremo denuncia contra os presidentes do Goberno, ministros de Economía e gobernadores do BdE |
|
08 Jun 2012 |
Responsabilízanos de non actuar para impedir a grave situación de crise económica e por ter provocado nefastas consecuencias para a poboación Os secretarios xerais da CIG, Suso Seixo e de ELA, Adolfo Muñoz, “Txiqui”, presentaron esta mañá unha denuncia, perante a Sala do Penal do Tribunal Supremo, contra os ex presidentes do Goberno José María Aznar, José Luís Rodríguez Zapatero e Mariano Rajoy; os ex ministros de Economía Rodrigo Rato, Pedro Solbes e Elena Salgado; os ex gobernadores do Banco de España Jaime Caruana e Miguel Ángel Fernández Ordóñez e os administradores e xestores das caixas de aforro e entidades financeiras pola súa responsabilidade na crise, pola súa xestión e polas graves consecuencias que tiveron as medidas adoptadas para o conxunto da poboación.
|
Modificación normativa incapacidade temporaria funcionarios |
|
23 Mai 2012 |
Mais información na CIG-AEAT ligando para o 981 616 889 A seguir disponibilizamos nota informativa sobre a proposta de cortes defendidos polo goberno español perante a UE no seu “Programa de reformas del reino de España 2012”; e no cual é prevista a eliminación da percepción do 100% das retribucións no caso de que algún empregado público estea en situación de Incapacidade Temporal. En principio e exceto novo aviso, isto só afecta os funcionarios incluídos no réxime da Seguranza Social.
|
A CIG convoca concentracións nas cidades galegas coincidindo coa aprobación da reforma laboral no Congreso dos Deputados |
|
22 Mai 2012 |
Vigo, Coruña, Santiago, Ferrol, Pontevedra, Ourense e Lugo acollerán mobilizacións para rexeitar os ataques do Goberno español do PP aos direitos da maioría social A Confederación Intersindical Galega convoca concentracións nas sete cidades galegas esta cuarta feira, 23 de maio, para rexeitar a reforma laboral que o Goberno español do Partido Popular ten previsto aprobar no Congreso dos Deputados ao día seguinte. A central nacionalista chama a clase traballadora galega a responder na rúa os ataques contra os dereitos da maioría social.
|
Axudas adquisición de vivenda 2012 (Muface) |
|
11 Mai 2012 |
Mais información na CIG-AEAT ligando para o 981 616 889 A seguir disponibilizamos convocatoria de axudas de Muface para a adquisición de vivenda durante o ano 2012.
|
A CIG denuncia que os orzamentos xerais do Estado non tratan de corrixir, nin sequera, paliar a grave situación económica |
|
30 Abr 2012 |
Considera que o proxecto presentado polo PP non aposta nin por dinamizar a actividade económica, nin por fomentar o emprego Inmersos nunha situación de crise, da cal non se perciben signos de recuperación, topamos cuns Orzamentos Xerais do Estado (OXE-2012) novamente restritivos, que van contribuír a afondar aínda máis na dita crise, e que dificultan, a longo prazo, o futuro económico deste país. Non apostan polo investimento de capital (que se reduce en máis dun 26%) como motor da economía, imprescindíbel cando a iniciativa privada está contraéndose, día a día, debido á falla de fondos e á incerteza. De feito, prevén que a actividade económica descenda un 1,7% ao longo deste ano, tal e como se recolle na análise realizada pola responsábel do departamento de Economía da CIG, Natividade López Gromaz.
|
CIG Manifestacións 1º maio |
|
30 Abr 2012 |
Mais información no xornal dixital Avantar A seguir disponibilizamos nota informativa sobre as manifestacións da CIG do 1º de maio.
|
A CIG lanza a convocatoria dunha nova greve xeral, na primeira quincena de xuño, ante a gravidade das políticas do goberno do PP |
|
23 Abr 2012 |
Á Executiva Confederal da CIG acordou, na súa reunión da pasada sexta feira, promover unha nova convocatoria de greve xeral para a primeira quincena de xuño. Así o anunciou o secretario xeral, Suso Seixo, esta mañá en conferencia de imprensa, considerando que estamos nun momento “determinante” por mor das “inxustas políticas” que está impondo o Partido Popular, con cortes en Educación, cortes en Ensino e a imposición dunha reforma laboral que lonxe de promover a criación de emprego, busca precarizar as condicións laborais e que, portanto, debe ser retirada.
|
Primeiro de Maio de 2012: Por emprego digno, non ás políticas económicas e laborais do Partido Popular |
|
19 Abr 2012 |
![]() A CIG convoca mobilizacións por todo o país coincidindo co Día Internacional da Clase Traballadora Afrontamos este 1º de Maio sumidos/as nunha profunda crise económica que afecta de forma moi directa á clase traballadora a través da perda de miles de empregos, redución de salarios, precarización das condicións de traballo, perda de dereitos, etc. As políticas económicas, sociais e laborais que está a promover o PP a través dos Gobernos español e galego, seguindo as directrices de institucións como o FMI, o BCE ou a Comunidade Europea, responden ao seu modelo ideolóxico de economía neoliberal e de defensa dos intereses da banca, dos especuladores e da oligarquía financeira. Contra isto, a CIG chama á clase traballadora galega a participar nas mobilizacións convocadas en todo o país para reclamar emprego digno e rexeitar as medidas antiobreiras que se nos están a impoñer.
|
Convocatoria de cursos do Instituto Nacional de Admón. Pública 2012 |
|
11 Abr 2012 |
No BOE do pasado día 3 de abril tendes a convocatoria para participar nos seguintes cursos do Instituto Nacional de Admón. Pública:
|
Concentracións nas cidades galegas contra a reforma laboral do PP |
|
11 Abr 2012 |
Coincidindo co día no que se referendará no Congreso dos Deputados a reforma laboral, a CIG convoca concentracións en todas as cidades galegas para exixir a súa retirada. A central sindical denuncia que se trata dunha reforma pensada para facilitar o despedimento e favorecer a competitividade, pola vía de reducir salarios e rebaixar as condicións laborais substituíndo emprego fixo por precario e considera que só coa mobilización se poden frear as políticas de recortes de dereitos laborais e sociais que está a impor o Partido Popular. A CIG demanda do goberno do PP a retirada da reforma laboral, logo do rotundo rexeitamento manifestado polos traballadores e traballadoras que participaron, de forma masiva, na convocatoria de folga xeral e nas multitudinarias mobilizacións convocadas o pasado 29 de marzo. Por iso convoca, para este xoves, día 12 de abril, concentracións en todas as cidades que terán lugar en:
|
Info Mesa Xeral Administracións Púbicas |
|
30 Mar 2012 |
Mais información na CIG-AEAT ligando para o 981 616 889 O mercores 28 de marzo, convocouse a Mesa Xeral das Aministracións Públicas prevista no Artigo 36.1 do EBEP; informaron (que non negociaron) acerca das previsións contidas no proxecto de orzamentos do Estado que o Goberno ten previsto aprobar o 30 de marzo, que se concretaban en Retribucións, Oferta de Emprego Público, Xornada e Horarios. |
Convocatoria axudas Muface |
|
30 Mar 2012 |
A seguir informamos da publicación no BOE da convocatoria das axudas de Muface para a atención a determinados colectivos:
|
29-M: Greve xeral |
|
27 Mar 2012 |
Mais info: Web Greve Xeral A seguir disponibilizamos información sobre a greve xeral do vindeiro 29 de marzo. Na convocatoria tendes ben explicadas as condicións para que o persoal suxeito a horarios de traballo por turnos (como Vixilancia Aduaneira) poda facer uso do seu direito á greve.
|
Mantense a unidade de acción sindical no sector público á espera da apresentación dos orzamentos xerais do Estado |
|
26 Mar 2012 |
No dia 10 de abril terá lugar mais unha reunión para avaliar se a resposta continua a ser conxunta ou de carácter individual As organizacións sindicais con representación no sector público, que veñen mantendo unha unidade de acción nas mobilizacións e na resposta á Lei de Medidas para o Emprego Público, volverán a reunirse o vindeiro día 10 de abril, depois da Semana Santa, para avaliar o impacto que, sobre o sector, puder ter a Lei de Orzamentos Xerais do Estado. Está previsto que nesa data decidan se a resposta a dar continua a ser conxunta ou individual, de cada organización sindical.
|