Aplicación Real Decreto Lei 20/2012 (cortes) |
|
15 Out 2012 |
Mais información na CIG-AEAT ligando para o 981 616 889 A seguir disponibilizamos nota informativa coas diversas aclaracións sobre a aplicación do Real Decreto 20/2012 (licenzas por incapacidade temporaria, pagamento extra, etc), ben como as instrucións da Secretaría de Estado acerca das modificacións das retribucións nas situacións de incapacidade temporaria para o persoal no ámbito das Administracións Públicas. Lembrai que para os casos de ausencia do traballo por doenza inferior a 3 días, sen baixa laboral, seguen as mesmas condicións que até agora (non hai minoración de retribucións).
|
Manifestacións, o luns 15 en todas as cidades, en defensa dos servizos públicos e contra as políticas antisociais do PP |
|
11 Out 2012 |
Convocadas pola Plataforma Galega en defensa dos Servizos Públicos A Plataforma Galega en Defensa dos Servizos Públicos, da que forma parte a Área Pública da CIG (CIG-Ensino, CIG-Administración e CIG-Saúde) fixo esta mañá, en rolda de prensa, un chamamento a participar nas manifestacións convocadas en todas as comarcas para manifestar o rexeitamento ás políticas antisociais e regresivas que vén aplicando o PP, tanto para os servizos públicos, en xeral, como para a destrución de emprego público en particular. Medidas que constitúen un ataque sen precedentes aos dereitos individuais e colectivos das galegas e galegos, pero tamén das empregadas e empregados das distintas administracións públicas. As horas e lugares de saída das manifestacións previstas son:
Nova xornada de protestas
|
Nota servizos xurídicos CIG: supresión pagamento extra |
|
05 Out 2012 |
Mais información na CIG-AEAT ligando para o 981 616 889 A seguir disponibilizamos nota dos servizos xurídicos da CIG en relación ás reclamacións individuais sobre a supresión do pagamento extra de decembro.
|
Arredor de 50.000 persoas convocadas pola CIG saen á rúa en Galiza para amosar o seu rexeitamento ás políticas do PP |
|
04 Out 2012 |
Suso Seixo fixo un chamamento para desaloxar a Núñez Feijóo da Xunta o vindeiro 21 de outubro e apostou pola convocatoria dunha nova folga xeral Arredor de 50.000 persoas participaron nas manifestacións convocadas pola Confederación Intersindical Galega nas sete cidades galegas, Vilagarcía e Foz, para amosar o se rexeitamento ás políticas de recortes e axustes que están a aplicar os Gobernos do Partido Popular na Xunta e no Estado. O secretario xeral da central nacionalista, que participou na mobilización de Vigo, fixo un chamamento a desaloxar o PP do Goberno galego o vindeiro 21 de outubro e apostou pola convocatoria dunha nova folga xeral.
|
A CIG concreta un novo calendario de mobilizacións para acumular forzas de cara a unha nova folga xeral |
|
12 Set 2012 |
A Confederación Intersindical Galega concretou un novo calendario de mobilizacións para rexeitar a política de cortes que está a aplicar o PP na Galiza e no Estado español e para acumular forzas rumo a unha nova greve xeral. A central nacionalista realizou no pasado dia 11 unha asemblea nacional en Santiago de Compostela en que participaron máis de 1.200 delegados/as e que serviu para analisar o actual contexto da crise económica. Ao findar o acto, no que tamén foi debatida a resposta que debe de dar ao sindicato aos ataques do capital, marchouse en manifestación até San Caetano.
|
Asemblea nacional de delegados/as e manifestación este martes 11 de setembro en Compostela |
|
10 Set 2012 |
Para avaliar as últimas medidas adoptadas polos gobernos do PP e debater e decidir sobre as necesarias respostas da central nacionalista A Confederación Intersindical Galega ten convocada para este martes, 11 de setembro, unha manifestación de delegados e delegadas en contra das políticas de recortes e as medidas antisociais aplicadas polos gobernos español e galego. A convocatoria realízase coincidindo coa asemblea nacional da delegados/as da CIG que terá lugar previamente (ás 10:00 horas) no Pazo de Congresos de Santiago de Compostela.
|
A CIG chama a participar masivamente na manifestación convocada para o sábado 8 de setembro en defensa dos servizos públicos |
|
05 Set 2012 |
As organizacións sindicais tamén teñen convocadas mobilizacións diante dos edificios da administración mañá, quinta feira 6 de setembro Representantes da Plataforma Galega en Defensa dos Servizos Públicos (integrada polas organizacións CIG - CCOO - UGT - CSI-F - CESM - OMEGA - SATSE -USASE - ANPE - STAJ - CEP - SUP - UFP - AUGC - UniónGC - CGT - USO - USTG - SIAT e ACAIP) compareceron esta cuarta feira en conferencia de imprensa para anunciar o novo calendario de mobilizacións previsto para o mes de setembro en contra dos cortes impostos polos gobernos do PP. Amañá quinta feira, arrancará unha nova xeira de protestos diante dos edificios administrativos de todo o País, encuanto que no sábado 8 de setembro está convocada unha gran manifestación en Compostela.
|
Novas concentracións nas comarcas no dia 31 de agosto, coincidindo co Consello de Ministros |
||||||||||||||||||||||
30 Ago 2012 |
Contra o saque ao pobo para pagar o resgate da banca As organizacións sindicais convocan para mañá sexta, día 31 de agosto, novas concentracións nas distintas comarcas, para denunciar que coas medidas que vén aprobando o PP desde que chegou ao goberno estase a producir un auténtico saque á clase traballadora para pagar o rescate á banca. A CIG chama a participar nas mobilizacións previstas nas cidades galegas contra esas políticas dirixidas a protexer e beneficiar os intereses de banqueiros, especuladores e defraudadores. Concentracións confirmadas
|
|||||||||||||||||||||
Novas concentracións comarcais contra o saque ao pobo para pagar o resgate da banca |
|
11 Ago 2012 |
A próxima mobilización está convocada para sexta feira, 24 de agosto, coincidindo co Consello de Ministros As organizacións sindicais voltaron a concentrarse esta sexta nas distintas comarcas do País para manifestar o seu rexeitamento ao último pacote de medidas imposto polo Executivo de Mariano Rajoy, que son a primeira consecuencia do multimilionario resgate á banca. As organizacións sindicais teñen acordadas novas mobilizacións, a primeira delas coa convocatoria de concentracións en todas as comarcas para a próxima sexta-feira, día 24 de agosto, coincidindo coa reunión do Consello de Ministros español.
|
Prepárase o procedemento para os despedimentos colectivos nas administracións públicas |
|
07 Ago 2012 |
Inclúese no decreto lei que prepara o goberno para adaptar á reforma laboral o despedimento colectivo, de suspensión de contratos e redución de xornada O PP ten preparado xa o borrador do “Proxecto de Real decreto polo que se aproba o regulamento dos procedementos de despedimento colectivo e de suspensión de contratos e redución de xornada”. Un texto co que se pretenden incorporar as modificacións aprobadas na reforma laboral ao Estatuto dos Traballadores/as e que afecta a todos os sectores, incluídas as administracións públicas. |
Manife conxunta día 30 de xulho |
|
26 Jul 2012 |
Chamamento a toda a cidadanía. Hora e lugares Das organizacións sindicais foi realizado un chamamento a toda a cidadanía para participar macizamente nas mobilizacións convocadas para a tarde da próxima segunda feira, 30 de xullo, nas sete cidades galegas. Da Área Pública da CIG (Administración, Ensino e Saúde) advírtese que as medidas recollidas no Real Decreto Lei 20/2012 favorecen a destrución de emprego e dos servizos públicos e están feitas exclusivamente para resgatar a banca, verdadeira causante desta crise. Horarios e lugares das manifestacións do día 30 de xullo Frente a todas estas medidas, as organizacións sindicais CIG, CCOO, UGT, CSI•F, CESM, OMEGA, SATSE, USAE, ANPE, STAJ, CEP, SUP, UFP, AUGC, UniónGC, CGT e USO fixeron unha chamada a participar nas manifestacións convocadas para segunda fera, 30 de xullo:
A noticia completa aquí. |
Máis de 350.000 persoas maniféstanse en toda Galiza contra os recortes impostos polo PP e o masivo saqueo á clase traballadora |
|
20 Jul 2012 |
Baixo a consigna “Non ao saqueo do pobo. Hai que impedir que nos arruínen” e ao berro de “folga xeral”, máis de 350.000 persoas saíron na tarde deste xoves ás rúas de todo o País para rexeitar as gravísimas medidas que vén de aprobar o Goberno de Mariano Rajoy, co obxectivo de profundar no recorte dereitos e a precarización das condicións de vida e de traballo da maioría social, mentres se protexen e benefician os intereses de banqueiros, especuladores e defraudadores. A CIG anima a dar unha resposta social con igual dureza que as políticas do PP e aposta por preparar xa un calendario de folgas xerais, cuxa primeira data de referencia podería ser o vindeiro mes de setembro.
|
Miles de traballadores/as das administracións protestan contra os recortes salariais e o desmantelamento do servizos públicos |
|
20 Jul 2012 |
A Área Pública da CIG reitera que as medidas aprobadas polo PP afondarán no deterioro dos servizos básicos e na destrución de emprego Miles de traballadores e traballadoras ao servizo das administracións continuaron este xoves o calendario de mobilizacións contra as políticas de redución salarial e do desmantelamento do sector público. As concentracións, que se repetiron en múltiples centros de traballo ao longo de todo o País, coincidiron coa celebración do pleno do Congreso dos deputados nos que o PP, grazas a súa maioría, ratificou o brutal recorte de 65.000 millóns de euros.
|
A CIG de Valdeorras bloquea o acceso á oficina de Facenda do Barco en protesta polos recortes do Goberno español do PP |
|
19 Jul 2012 |
Un grupo de delegados/as e militantes da central nacionalista permaneceu arredor dunha hora e media encadeado diante do edificio A CIG de Valdeorras levou a cabo este mércores unha nova protesta contra os últimos recortes anunciados polo Goberno español do Partido Popular. Un grupo de delegados/as e militantes da central nacionalista bloquearon o acceso á oficina de Facenda do Barco durante hora e media tras encadearse á varanda da porta principal.
|
Área Pública da CIG non asistirá á Mesa Xeral porque é un acto formal, inútil e sen marxe para a negociación |
|
18 Jul 2012 |
As organizacións sindicais con representación na mesa rexistran unha solicitude de cambio de data da convocatoria Ante a convocatoria da Mesa Xeral da Función Pública para mañá xoves, día 19 de xullo, ás 18:30 horas, co único punto Lei /2012 de adaptación das disposicións básicas do RDL 20/2012, do 13 de xullo, de medidas para garantir a estabilidade orzamentaria e de fomento da competitividade en materia do emprego público, as organizacións sindicais con representación na mesma (CIG, CCOO, UGT e CSI-F) veñen de entregar un escrito conxunto no rexistro solicitando o seu aprazamento. Consideran que é inaceptábel que se faga esa convocatoria coincidindo practicamente coa das manifestacións, das que a administración tiña xa coñecemento, en todas as cidades e algunhas vilas de Galiza.
|