Estado español: efeitos da regresividade fiscal

16 Set 2009
Email , Categorias: Notícias Sindicato, Opinión,

Por Vicenç Navarro

Desde o inicio da época neoliberal, a maioría dos países da Unión Europea (incluíndo o Estado español) implementaron políticas de redución de impostos, cun aumento moi salientábel da súa regresividade. Como consecuencia, as rendas do capital e as dos grupos máis podentes da sociedade viron reducir os seus impostos dun xeito moi marcado, aumentando así substancialmente os seus ingresos.

Full story »

 

A licenza por doenza non prexudica o direito a vacacións

11 Set 2009

Tribunal de Luxemburgo ditou unha sentenza que recoñece o direito do traballador a un outro período de ferias

O Tribunal de Xustiza da UE recoñeceu, en sentenza de 10 de setembro de 2009, que un traballador que se encontre de licenza por incapacidade temporaria durante o período fixado no mapa de vacacións da empresa ten direito de as gozar nunha altura diferente da que coincide con ese período de licenza por doenza.

Pódese consultar na íntegra a sentenza, ben como o pedido que a motivou no xornal dixital Avantar.

 

Máis de 600 delegados e delegadas participarán no V Congreso da CIG

16 Jun 2009

Comeza este sábado 20 de xuño, ás 9:30 horas

Máis de 600 delegados e delegadas participarán no V Congreso da CIG, que terá lugar os días 20 e 21 de xuño, en Compostela. Un Congreso que se desenvolverá en sesións plenarias abertas ás delegacións e persoas convidadas e aos medios de comunicación. Os debates, na primeira xornada, xirarán arredor do Informe de Xestión da Executiva e do Relatorio de Organización e Estatutos e na segunda, no decurso da mañá, do Relatorio Base. Á tarde presentaranse as candidaturas e votaranse os cargos e membros dos organismos: Executiva Confederal, Secretaría Xeral, Comisión de Garantías e Comisión Disciplinar.

 

O novo patamar da mundialização: a noosfera

12 Jun 2009
Email , Categorias: Notícias Sindicato, Opinión,

Por Leonardo Boff

A história avança através de tentativas, acertos e erros. Estamos assistindo à fase nascente da noosfera, que não consegue ainda ganhar a hegemonia por causa da força de um tipo de globalização excludente e pouco cooperativa, agora fragilizada por causa da crise sistêmica.

Full story »

 

‘Wo is bilinguisme?’

15 Mai 2009
Email , Categorias: Notícias Sindicato, Opinión,

Por Vítor Vaqueiro

Nos pasados días, como consecuencia da campaña de intento de imposición do español que entidades como o Club Financeiro de Vigo e, sinaladamente, a asociación Galicia Bilingüe están a levar a cabo, viron a luz diversas opinións que denuncian ditos criterios impositivos. Sumareime ao debate con algunhas reflexións.

Comezarei dicindo que, nin son bilingüe, nin acredito no bilingüismo, dado que esa categoría, aplicada a toda unha colectividade, non pasa de ser unha afirmación hipócrita que tenta enmascarar a realidade, até o punto de non se coñecer ningunha sociedade, carente de conflito lingüístico, que sexa bilingüe. As sociedades normais son monolingües, independentemente da capacitación individual das persoas que a compoñen, porque iso é, social e economicamente falando, proveitoso.

Full story »

 

Traballadores non perden o direito a vacacións anuais remuneradas que non puderon gozar por causa de doenza

08 Mai 2009

Asesoria Xurídica Nacional da CIG informa sobre sentenza do Tribunal de Xustiza das Comunidades Europeas

A seguir disponibilizamos circular informativa dos nosos servizos xurídicos sobre o direito ás ferias (vacacións), após a novidosa sentenza do Tribunal de Xustiza das Comunidades Europeas. Para o pessoal que non estiver informado desta sentenza, salientamos que o direito a gozar das ferias anuais remuneradas non se perde se, por razón de baixa por doenza, non puderan ser desfrutadas dentro do ano natural.

 

Pola defesa irrenunciábel do galego

07 Mai 2009

A CIG fai un chamamento a mobilizarse o 17 de maio

A Executiva Confederal da CIG acordou somarse á mobilización en defesa da lingua do vindouro 17 de maio, Día das Letras Galegas, promovida pola Mesa pola Normalización Lingüística e un amplo número de organizacións sociais, entidades e colectivos de toda a nación, prevendose que se torne num acto masivo de reivindicación do galego como idioma proprio e nacional da Galiza.

Paralelamente a esta convocatoria, a CIG está a realizar unha campaña de sensibilización lingüística, destinada aos centros de traballo, baixo o lema «Pola defesa irrenunciábel do galego, o idioma que nos une». Con ela preténdese concienciar da importancia de manter viva a reivindicación da normalización do idioma galega nos diferentes ámbitos da sociedade galega e, nomeadamente, no mundo de traballo.

 

Primeiro de Maio: pola defensa do emprego, os direitos e as prestacións sociais

30 Abr 2009

A CIG convoca manifestacións en todas as comarcas do País no Día Internacional da Clase Traballadora

A CIG vai desenvolver neste Primeiro de Maio, Día Internacional da Clase Traballadora, unha campaña de manifestacións por todo o País, continuando as mobilizacións que nos últimos meses a central veu desenvolvendo para reclamar que a crise sexa paga polo capital. Este ano o lema das manifestacións será «Emprego, Direitos e Prestacións Sociais» reivindicacións históricas que gañan especial importancia nestes tempos de crise non só económica, mas tamén de sistema.

Full story »

 

28 de abril: Día Internacional da Seguranza e Saúde no Traballo

28 Abr 2009

Comunicado do Gabinete de Seguranza e Saúde Laboral da CIG no Día das Vítimas das más condicións de traballo

Desde que, vai xa para 14 anos, o sindicalismo internacional adoptou o 28 de abril como xornada de lembranza para as vítimas do traballo, non moitas cousas teñen mellorado a este respeito. De facto, cada 15 segundos morre no mundo un traballador/a como consecuencia dun accidente de traballo ou dunha doenza relacionada co traballo, e cerca de 5.500 morrerán cando acabar o día.

Dados escandalosos que, no caso da Galiza, maniféstanse en 72 persoas mortas por causa de acidentes laborais e máis de 1.200 traballadores e traballadoras afectadas por unha doenza profesional. Por isso, por todos os traballadores e traballadoras que sofren unhas malas condicións de traballo, na Confederación Intersindical Galega, continuaremos a levantar a nosa voz para reclamar a defesa da nosa saúde nos nosos lugares de traballo.

 

Delegados e delegadas da CIG fórmanse para desenvolver «o traballo en igualdade»

13 Mar 2009

Participaron nunha xornada organizada pola Secretaría da Muller

A Secretaría da Muller desenvolveu este 12 de marzo a xornada de formación «O traballo en Igualdade», dentro do cuadro de actividades previstas con motivo do Día Internacional da Muller Traballadora. María do Carme López Santamariña, secretaria da CIG-Muller, abriu unha xornada que contou coa participación de María do Carmo García Negro, Fernando Nebril, de Homes Galegos pola Igualdade, as técnicas de igualdade e prevención da central, e o Secretario de Negociación Colectiva, Antolín Alcántara que encerrou o encontro.

 

Coa CIG na rúa o 10 de Marzo «na defensa do emprego e as prestacións sociais»

08 Mar 2009

A central desenvolverá, con motivo do Día da Clase Obreira Galega, mobilizacións en todas as comarcas

«En defensa do emprego e as prestación sociais» será o lema baixo o que a CIG vai desenvolver este ano a campaña do Día da Clase Obreira Galega. O vindeiro 10 de marzo a central convoca os traballadores e traballadoras a participar nas concentración e manifestacións organizadas en cada unha das comarcas na defensa dos postos de traballo.

Ademais, o 11 de Marzo farase entrega en Compostela do premio co que a central quer recoñecer publicamente aquela loita dos traballadores e traballadoras que sobresaíse durante o ano anterior polas súas características e por servir de exemplo para o futuro.

Full story »

 

Secretaría da Muller da CIG outorga o Premio 8 de Marzo á presidenta do Comité de Lorenzo Froiz

07 Mar 2009

As traballadoras da antiga Valeo e da Conserveira Pérez Lafuente receberon unha mención especial pola súa continuada loita

A Secretaría da Muller da CIG acaba de conceder o premio do Día da Muller Traballadora, na súa III Edición, á presidenta do Comité de Empresa de Lorenzo Froiz, Lucía Freire, vítima de represión sindical e que se tivo que enfrontar a unha querela criminal apresentada pola empresa, acusándoa de falso testemuño ao declarar a favor dunha compañeira que fora sancionada.

O premio foi entregado pola secretaria de Muller, María do Carme López Santamariña, nun acto no que tamén receberon unha especial mención pola súa loita e valentía o conxunto das traballadoras da antiga Valeo e da Conserveira Pérez Lafuente.

 

Campaña para comemorar o Día Internacional da Muller Traballadora

05 Mar 2009

Apresentado o relatorio «Muller e Traballo 2008»

A Secretaría da Muller da CIG acaba de apresentar a campaña e o programa de actos que vai desenvolver con motivo da comemoración o vindouro 8 de marzo do Día Internacional da Muller Traballadora. Durante a apresentación tamén se deu a coñecer o relatorio elaborado polo Gabinete Técnico da central arredor da situación socio-laboral das mulleres galegas.

«Por un modelo económico novo, xusto e solidario» e «8 horas traballando, 8 horas para dormir e 8 horas para a nosa vida persoal e familiar», son os lemas escollidos para a campaña, cuxos actos foron apresentados por María do Carme López Santamariña, secretaria de CIG-Muller, e Natividad López Gromaz, responsábel do Gabinete Técnico da central.

 

Gabinete Técnico de Saúde Laboral da CIG lanza nova páxina web

17 Fev 2009

Web CIG Saúde Laboral: http://www.cigsaudelaboral.org

O Gabinete Técnico de Saúde Laboral da CIG apresentou hoxe, dia 17 de Febereiro, a súa nova páxina web, concebida como unha nova ferramenta destinada a fortalecer os coñecimentos da clase traballadora en materia de seguranza e saúde laboral e como elemento que dé respostas as exixencias en materia de saúde laboral apresentadas polas comarcas e as Federacións da CIG.

 

Manifestación Nacional por Palestina

20 Jan 2009

Decorreu en Compostela no domingo, 18 de Xaneiro de 2009

Aos gritos de «Palestina vencerá», «o sionismo é terrorismo», «onde están que non se ven as sanción a Israel», máis de 15.000 persoas percorreron as rúas de Compostela para manifestar o seu rexeitamento ao masacre que o goberno israelita está a levar a cabo contra o pobo palestino. A mobilización, convocada por máis de 80 organizacións e colectivos entre os que se encontra a CIG, recebeu a resposta masiva dos galegos e galegas que, unha vez máis, voltaron a mostrar a súa solidariedade.

 

<< 1 ... 9 10 11 12 13 14 15 16 17 18 19 >>



Sede Nacional:
Delegación AEAT da Coruña

Telefone: 981 616 889
Fax: 981 127 222
Co-e: cigaeat[@]gmail.com


Quen somos na AEAT?
Ficha de Afiliación
Contacta
Abril 2021
Seg Ter Qua Qui Sex Sab Dom
 << <   > >>
      1 2 3 4
5 6 7 8 9 10 11
12 13 14 15 16 17 18
19 20 21 22 23 24 25
26 27 28 29 30    

Busca

Ligações

Web Oficial da Confederación Intersindical Galega
Formación Online
Gabinete Confederal Saúde Labora
Fundación para o Estudo e a Divulgación da Cuestión Social e Sindical en Galiza
Fundación para a Orientación Profesional, Emprego e Formación en Galiza
CIG Administración Pública

Ferramentas do usuário

Feeds XML

What is RSS?

Quem está online?

  • Usuários convidados: 2
Contadores

Contadores de visitas gratis para webCursosContadores de visitas gratis para web
powered by b2evolution CMS