Orzamento do Estado para 2011: retribuicións do funcionariado

10 Nov 2010

Mais información na CIG-AEAT chamando para o 981 616 889

A seguir disponibilizamos nota informativa sobre o conteúdo do proxecto de Orzamentos do Estado para o 2011 a respeito das retribuicións dos funcionarios, facendo unha comparativa co establecido no Real Decreto Lexislativo 8/2010.

A nota non fai referencia ás retribucións do persoal laboral, pois o que contempla o proxecto a respeito deste persoal é a conxelación da masa salarial; teremos que esperar ao que se decidir no ámbito do convenio (se se denunciar e se abrir unha nova negociación), para coñecermos si haberá algunha variación a respeito das súas retribuicións.

 

Festas laborais para 2011

18 Out 2010

Mais información na CIG-AEAT chamando para o 981 616 889

No BOE do pasado dia 7 de outubro foi publicada a resolución das festas laborais para o ano 2011. Podeis consultalo e descarregalo na seguinte ligazón:

 

Federación de Administración Pública traslada todo o seu apoio e solidariedade ao compañeiro Jesús Dorado Noya

14 Out 2010

O 18 de outubro haberá unha concentración diante dos xulgados de Ourense para demandar a total exculpación do compañeiro, imputado como consecuencia das accións realizadas durante a folga xeral

A Federación de Administración Pública da CIG quere trasladar todo o seu apoio e solidariedade ao compañeiro Jesús Dorado Noya, imputado xudicialmente como consecuencia da accións desenvolvidas durante a xornada de folga xeral do pasado 29 de setembro.

Full story »

 

29-S na Galiza: éxito de participación e exemplo de dignidade da clase traballadora galega

30 Set 2010

CIG reclama do goberno central a retirada da reforma laboral e que non se leven a cabo as reformas pendentes

A Confederación Intersindical Galega avalía como un éxito rotundo a folga xeral convocada pola central sindical en Galiza este mércores 29 de setembro. Suso Seixo, secretario xeral, considera que se acadou unha participación similar á da folga xeral de 2002, superada en comarcas como Vigo, onde se superou amplamente o 80 por cento.

Full story »

 

Verdades e mentiras sobre a greve

24 Set 2010

A seguir disponibilizamos folheto informativo em que, resumidamente, tentamos dar a conhecer algumas verdades e algumas mentiras sobre a greve (folga xeral) do próximo dia 29 de setembro.

 

CIG anima a cidadanía a participar nas manifestacións que se celebrarán por todo o país o día da folga xeral

23 Set 2010
Vigo, A Coruña, Pontevedra, Santiago, Ferrol, Ourense, Lugo, Vilagarcía, Foz e Noia acollerán marchas o 29 de setembro

A Confederación Intersindical Galega anima a todos os traballadores e traballadores de Galiza, así como á cidadanía en xeral, a participar nas manifestacións convocadas pola central nacionalista para o mesmo día da folga xeral. Deste xeito, as rúas de Vigo, A Coruña, Pontevedra, Santiago, Ferrol, Ourense, Lugo, Vilagarcía, Noia e Foz acollerán marchas reivindicativas o vindeiro 29 de setembro.

Os horarios das distintas mobilizacións programadas pola CIG para rexeitar a reforma laboral do Goberno español e reclamar outro modelo económico e social máis xusto e solidario son os seguintes:

- A Coruña, 12.00 horas, Praza de Vigo.

- Compostela, 12.30 horas, Praza Roxa.

- Ourense, 12.00 horas, Pavillón dos Remedios.

- Lugo, 12.30 horas, parque de FRIGSA.

- Ferrol, 12.30 horas, avenida de Esteiro (locais da CIG).

- Pontevedra, 12.00 horas, Praza da Ferrería.

- Vigo, 12.00 horas, cruce da Doblada.

- Foz, 18.00 horas, diante de Facenda.

- Vilagarcía, 12.00 horas, Casa do Mar.

- Noia, 12.30 horas, rotonda de San Lázaro.


 

Consecuencias da reforma laboral para os dereitos da clase traballadora

21 Set 2010

29 de setembro: greve xeral

O xornal dixital Avantar acaba de apresentar unha análise pormenorizada das consecuencias que a reforma laboral terá para os nosos dereitos como clase e para as nosas condicións de vida. O traballo foi realizado por Luís Burgos, membro do Gabinete Técnico Confederal da CIG. Unha reforma á que as galegas e galegos temos que dar unha contundente resposta na xornada do 29 de setembro, sumándonos masivamente á folga xeral.

Full story »

 

Audiencia Nacional admite a trámite o recurso contra o recorte salarial dos empregados/as públicos/as

20 Set 2010

Malia a negativa da Defensora do Pobo a interpor recurso de inconstitucionalidade

A principios do mes de setembro, a Defesora do Pobo pronunciábase negativamente sobre a petición da CIG (apoiada por moitas traballadoras e traballadores) de interpor un recurso de incostitucionalidade contra as ‘medidas para reducir o déficit público’ aprobadas polos gobernos central e galego. Malia esta decisión, a Audiencia Nacional vén de admitir a trámite o recurso inconstitucionalidade, mantendo así a vía xudicial aberta.

Full story »

 

Reforma Laboral e o despedimento do persoal laboral fixo das administracións públicas

16 Set 2010

Polo seu interese, a seguir divulgamos na íntegra relatorio do Gabinete Técnico Confederal da CIG a respeito dos posíbeis efeitos da Reforma Laboral no tocante ao despedimento do persoal fixo das administracións públicas.

A Reforma Laboral presenta a cuestión de si é aplicabel ou non nas Administracións Públicas para o persoal laboral fixo, concretamente no caso de despedimento obxectivo individual ou colectivo.

Teoricamente debería ser aplicabel se concorren as causas exixidas. E o feito de que ata agora as Administracións non recorresen a esta vía non quer dizer que non o podan fazer. En cualquer caso, habería que ter en conta as disposicións estabelecidas na lei 7/2007 do Estatuto Básico do Empregado Público, onde a obriga de contar cun Plano de ordenación de Recursos Humanos e as correspondentes RPTs debe afectar non só ao pessoal funcionario senón tamén ao laboral. Pero teoricamente non existe ningún impedimento para que unha Administración ou entidade pública presente un ERE ou acuda a despedimentos obxectivos diante dun déficit económico, actual ou previsto, ou unha diminuición persistente do seu nível de receitas (ingresos).

Full story »

 

Área pública da CIG manifesta a súa “rotunda oposición” á conxelación salarial dos empregados/as públicos/as para 2011

14 Set 2010

Descoñécese en que medida se verá afectada a súa cotización á Seguridade Social e como afectará isto ás futuras pensións

As federacións da área pública da CIG –Administración, Saúde e Ensino- veñen de manifestar, na Mesa Xeral de Negociación das Administracións Públicas, reunida esta mañá en Madrid, a súa “rotunda oposición” á proposta de conxelación salarial presentada na mesma.

Full story »

 

CIG agarda que a Audiencia Nacional admita a trámite o recurso contra os recortes salariais dos/as empregados/as públicos/as

07 Set 2010
Lamenta a decisión da Defensora do Pobo de non interpor recurso de inconstitucionalidade contra as medidas para reducir o déficit

As federacións de Administración, Ensino e Saúde lamentan profundamente a decisión da Defensora do Pobo, de non atender a petición de interposición dun recurso de inconstitucionalidade contra as ‘medidas para reducir o déficit público’ aprobadas polos gobernos estatal e galego.

Full story »

 

CIG apresenta a convocatoria de folga xeral na consellaría de Traballo

07 Set 2010
A central considera que as agresións á clase traballadora van máis alá da reforma laboral e que está en xogo o modelo económico e social cara ao que camiñamos

A CIG presentou onte de mañá, na consellaría de Traballo e Benestar a convocatoria de folga xeral, que afectará a todas as actividades desempeñadas polos traballadores e traballadoras de empresas privadas e do sector público, con vínculo funcionarial, estatutario ou laboral en Galiza.

Full story »

 

Coñece quen somos na CIG AEAT

01 Set 2010

Contacta xá connosco chamando para o 981 61 68 89

A seguir damos a coñecer o lado humano da CIG AEAT. Somos un grupo de persoas libres, cujo único compromiso é com as/os traballadoras/es e con a Galiza. Facer o debate, pensar saídas, luitar por novas conquistas, buscar um mellor servizo público e unha fiscalidade galega solidaria. Esa é o nosa proposta sindical na AEAT.

Full story »

 

A Executiva Confederal da CIG acorda reiniciar as mobilizacións para preparar a folga xeral do 29 de setembro

01 Set 2010

Haberá asembleas de delegados/as e concentracións en todas as cidades o 8 de setembro

A Executiva Confederal da CIG acordou, na súa xuntanza do martes 31 de agosto, estabelecer un calendario de asembleas e concentracións previas á folga xeral convocada para o próximo 29 de setembro. A primeira cita está marcada para o día 7 de setembro, coa celebración dun Secretariado Confederal, e a partir de aí están previstos actos en toda Galiza.

Full story »

 

A quen lle soben os impostos?

26 Jul 2010

Por Immanuel Wallerstein *

Os impostos son inevitábeis, de feito, e non hai momento peor para iso que cando a economía-mundo está en pobres condicións, como o está neste momento. O que non é inevitábel é o grupo ou grupos para quen a carga é maior. Todo é cuestión de saber de quen é o boi sacrificado. Algunha xente, tallante, chámalle a isto loita de clases. É impulsada con ferocidade nos días que corren.

Full story »

 

<< 1 ... 6 7 8 9 10 11 12 13 14 15 16 ... 19 >>



Sede Nacional:
Delegación AEAT da Coruña

Telefone: 981 616 889
Fax: 981 127 222
Co-e: cigaeat[@]gmail.com


Quen somos na AEAT?
Ficha de Afiliación
Contacta
Abril 2021
Seg Ter Qua Qui Sex Sab Dom
 << <   > >>
      1 2 3 4
5 6 7 8 9 10 11
12 13 14 15 16 17 18
19 20 21 22 23 24 25
26 27 28 29 30    

Busca

Ligações

Web Oficial da Confederación Intersindical Galega
Formación Online
Gabinete Confederal Saúde Labora
Fundación para o Estudo e a Divulgación da Cuestión Social e Sindical en Galiza
Fundación para a Orientación Profesional, Emprego e Formación en Galiza
CIG Administración Pública

Ferramentas do usuário

Feeds XML

What is RSS?

Quem está online?

  • Usuários convidados: 2
Contadores

Contadores de visitas gratis para webCursosContadores de visitas gratis para web
powered by b2evolution CMS