CIG edita un folleto explicativo sobre a reforma das pensións con motivo do Día da Clase Obreira Galega

03 Mar 2011

A central nacionalista chama á mobilización este 10 de marzo contra os ataques do capital

A Confederación Intersindical Galega acaba de facer público un folleto informativo sobre o pacto social entre Goberno, patronal e sindicatos españois no cual é analisada a reforma das pensións e exemplicada con casos práticos o impacto negativo que a súa entrada en vigor terá sobre a clase traballadora.

Full story »

 

Centos de delegados/as da CIG mobilízanse en Vigo, A Coruña e Ferrol en defensa das pensións públicas

17 Fev 2011

A central continuará coas protestas e non descarta convocar unha manifestación en Madrid coincidindo co trámite parlamentario da reforma

Centos de delegados e delegadas da CIG saíron hoxe á rúa en Vigo, A Coruña e Ferrol no contexto da campaña que a central está a desenvolver en todas as comarcas do país en defensa do emprego e contra a reforma do sistema público de pensións.

As mobilizacións tiveron lugar despois das asembleas organizadas para valorar a folga xeral do pasado 27 de xaneiro, analizar o pacto social entre Goberno e sindicatos españois e abordar a convocatoria de novas mobilizacións, entre as que non se descarta unha manifestación en Madrid en abril, coincidindo coa tramitación parlamentaria da reforma das pensións.

Mais info: xornal dixital Avantar

 

Mais sobre a Oferta de Emprego Público 2011

16 Fev 2011

A seguir disponibilizamos nova información sobre a reunión da Mesa de Función Pública en que foi tratada a Oferta de Emprego Público para este ano 2011.

Achegamos tamén toda a documentación que facilitou a Administración sobre este tema ás organizacións sindicais.

 

Acordo Reforma Pensións Seguranza Social

10 Fev 2011

A seguir disponibilizamos información sobre as modificacións do cálculo das pensións no réxime da Seguridade Social, ben como o acordo proposto polo Goberno español a CEOE, CEPYME, CCOO e UGT.

 

Sobre a OEP 2011 na Administración do Estado

08 Fev 2011

A seguir disponibilizamos nota informativa da comisión tecnica de emprego e temporalidade en que deron información sobre a oferta de emprego público na Administración do Estado para o ano 2011.

 

A CIG continuará coas mobilizacións en contra dos cortes que estabelece o novo "acordo social"

03 Fev 2011

A central convocará novos actos de protesta nas vindouras semanas coincidindo coas tramitacións parlamentares das medidas

Face ao cenario que debuxan os continuos cortes e a asinatura do acordo económico e social, a CIG vai manter a súa postura mobilizadora, pola dignidade e de enfrentamento aos ataques contra a clase traballadora, polo cual nas vindouras semanas convocará novos actos de protesta.

“A folga do 27 de xaneiro demostrou que hai un sector importante da poboación que está en contra do engano que supoñen todas estas reformas. A CIG vai tentar mobilizar a todas aquelas persoas que estean dispostas a responder a estes ataques”, aseverou o Secretario Xeral da CIG, Xesús Seixo.

- Clica aquí para visualizar ou descarregar o díptico sobre o acordo das pensións.

- Consulta aquí ou descarrega o Boletín Sindical nº18 no que se valora a incidencia da xornada de greve xeral de 27 de xaneiro.

- Mais info: xornal dixital Avantar

 

Reformando o Sistema Público de Pensións

20 Jan 2011

A maior parte das reformas efectuadas no sistema público de pensións, trouxeron como consecuencia un endurecimento das condicións estabelecidas para o cálculo das mesmas, o que provocou unha rebaixa na pensión resultante.

Full story »

 

CIG convoca manifestacións en toda Galiza coincidindo coa folga xeral do 27-X

19 Jan 2011
Email , Categorias: Destaques CIG,

A central chama á cidadanía galega a participar nas marchas que percorrerán as principais rúas do país

A Confederación Intersindical Galega ten convocadas en todo o país manifestacións e concentracións coincidindo coa xornada de folga xeral que se desenvolverá o vindeiro xoves 27 de xaneiro. O sindicato nacionalista fai un chamamento a todos os galegos e galegas para que participen nas 13 mobilizacións organizadas nas principais localidades de Galiza.

Os horarios das manifestacións e concentracións que se celebrarán coincidindo coa folga xeral do 27-X, coa que se pretende rexeitar a reforma das pensións do Goberno español, son os seguintes:

Vigo - Ás 12.00 horas dende o Cruce da Doblada.

A Coruña - Ás 12.00 horas dende a Praza de Vigo.

Cee - Ás 12.00 horas dende a Praza do Concello.

Pontevedra
- Ás 12.00 h. dende a Praza da Ferrería.

Vilagarcía - Ás 12.00 horas dende a Casa do Mar.

Ferrol - Ás 12.30 horas dende a avenida de Esteiro (local da CIG).

Santiago de Compostela - Ás 12.30 horas dende a Praza Roxa.

Lugo - Ás 12.00 horas dende a Ronda da Muralla, 58 (local da CIG).

Burela - Ás 12.00 horas dende a rúa Arcadio Pardiñas, 137 (local da CIG).

Ourense - Ás 12.00 horas dende o Pavillón dos Remedios.

Verín - Ás 11.30 horas dende a Praza do Concello.

Xinzo - Ás 11.30 horas dende a Praza do Concello.

O Barco - Ás 12.00 horas na Praza do Concello (concentración).

 

Contra “as políticas que imporán un retroceso social e laboral de 60 anos”

29 Dez 2010

Convocatoria contra unha reforma das pensións que só beneficiará o capital financeiro

A Confederación Intersindical Galega anunciou esta mañá a convocatoria de greve xeral para o vindouro 27 de xaneiro en contra das políticas “anticrise” adoptadas polos gobernos, nomeadamente a pretensión de reformar o sistema público de pensións, que o secretario xeral cualificou como “o maior ataque aos direitos da clase traballadora desde o franquismo”.

A CIG animou CCOO e a UGT a se somarem á convocatoria, que coincide no tempo con a greve anunciada polos sindicatos bascos, e adiantou que está disposta a flexibilizar a data para consensuar un día común, co obxecto de fortalecer a resposta social.

En todo o caso, a convocatoria de greve xeral realizarase antes de 28 de xaneiro, xornada marcada polo goberno español para aprobar a súa proposta de reforma das pensións.

Mais info: xornal dixital Avantar

 

Federacións da área pública da CIG anuncian mobilizacións contra os orzamentos da Xunta e do Estado

17 Dez 2010

Convocan concentracións “En defensa dos salarios, do emprego e dos servizos públicos”, o martes día 21 ás 11:30 horas diante do parlamento de Galiza, e o mércores 22 na Delegación do Goberno

As federacións da área pública da CIG manifestaron, en rolda de prensa, o seu rotundo rexeitamento ás medidas anunciadas tanto polo goberno español, como pola Xunta de Galiza, para enfrontar a crise económica. Por iso anunciaron a convocatoria de novas mobilizacións que terán lugar os días 21 de decembro, ás 11:30 h diante do Parlamento de Galiza, en Compostela, e 22 de decembro diante da Delegación do Goberno en Galiza, na Coruña, á mesma hora, baixo o lema “En defensa dos salarios, do emprego e dos servizos públicos”.

Full story »

 

Estado español: A quen benefician as últimas medidas económicas do Goberno?

17 Dez 2010
Email , Categorias: Notícias Sindicato, Opinión,

Por Miguel Ángel Luque

O caos aeroportuario e o estado de alarma impediron un debate sosegado sobre as últimas medidas aprobadas e anunciadas polo Goberno co repetido propósito de dar confianza aos mercados, fomentar a actividade empresarial e o emprego e baixar os impostos, medidas que en realidade constitúen un novo retroceso do Estado do benestar ante a presión da oligarquía política-económica-bancaria que se esconde detrás diso que chaman “os mercados”.

Full story »

 

A CIG rexeita o novo pacote de medidas anunciadas por Zapatero que inciden nas políticas de recortes e privatizacións

03 Dez 2010

A central critica que o goberno volva ceder ás presións da oligarquía e apure o desmantelamento do Estado para favorecer o negocio dos especuladores

A CIG rexeita o novo paquete de medidas “contra a crise” anunciadas na mañá deste mércores polo presidente do goberno español, xa que continúan na liña das políticas de recorte de dereitos e privatizacións. En palabras do Secretario Xeral da CIG, Xesús Seixo, o PSOE volve amosarse como un “fiel defensor do modelo neoliberal”, adoptando políticas que afondan aínda máis nese modelo.

Full story »

 

CIG oponse ao corte de direitos que acarretará a mudanza do sistema de cotización do persoal funcionario anunciado polo goberno español

02 Dez 2010

A Área Pública adverte das discriminación entre traballadores/as que se estabelecerán e lembra que estas cuestións deben ser abordadas nas Mesas de Negociación

A CIG área pública, ante as declaracións realizadas onten polo Presidente do Goberno do Estado español no Pleno do Congreso, a respeito da mudanza do sistema de cotización que até o de agora rexía para a maioría dos/as funcionarios/as públicos/as (Muface, sistema de clases pasivas, etc.), quer manifestar a súa oposición ao corte de direitos adquiridos que implicará a mudanza e adverte das discriminacións entre traballadores/as que se estabalecerán.

Full story »

 

Área Pública da CIG considera un “insulto” que se propoña ligar os salarios dos empregados públicos á produtividade

18 Nov 2010

Consideran que se trata dun “balón sonda” para desprestixiar os servizos públicos para xustificar depois a súa privatización

A Área Pública da CIG (Ensino, Sanidade e Administración) considera un “insulto” que depois da redución de 5% dos salarios, da conxelación da oferta de emprego público e da sobrecarga de traballo que padecen os empregados e empregadas públicos/as, sobre todo en servizos esenciais para a comunidade como Ensino, Sanidade ou Servizos Sociais, se lance agora un “balón sonda” á opinión pública sobre ligar á produtividade os salarios dos empregados e empregadas públicos/as.

Full story »

 

Manifestacións en todas as comarcas, 18 de novembro, contra as reformas do capital e os orzamentos da Xunta

17 Nov 2010

A CIG chama a continuar mobilizándose para denunciar as políticas regresivas da Xunta de Galiza e do goberno central

A Confederación Intersindical Galega acordou continuar coas mobilizacións, após a greve xeral de 29 de setembro, para exixir a retirada da reforma laboral, para denunciar os regresivos orzamentos da Xunta de Galiza e para frear a reforma das pensións e da negociación colectiva.

A central sindical entende que a clase traballadora só poderá defender os seus direitos e luitar por un novo modelo económico e social máis xusto e solidario como o fixo historicamente, através da mobilización.

As manifestacións están convocadas nas sete cidades, de forma case simultánea e as horas e lugares de saída previstos son:

Coruña: 20h00 - Praza de Vigo

Compostela: 20h00 - Praza Roxa

Ferrol: 20h00 - Avenida de Esteiro (diante do local sindical)

Lugo: 20h30 - Ronda da Muralla (diante do local sindical)

Ourense: 20h00 - Pavillón dos Remedios

Pontevedra: 20h00 - Praza da Ferraría

Vigo: 20h00 - Vía Norte.

 

<< 1 ... 5 6 7 8 9 10 11 12 13 14 15 ... 19 >>



Sede Nacional:
Delegación AEAT da Coruña

Telefone: 981 616 889
Fax: 981 127 222
Co-e: cigaeat[@]gmail.com


Quen somos na AEAT?
Ficha de Afiliación
Contacta
Abril 2021
Seg Ter Qua Qui Sex Sab Dom
 << <   > >>
      1 2 3 4
5 6 7 8 9 10 11
12 13 14 15 16 17 18
19 20 21 22 23 24 25
26 27 28 29 30    

Busca

Ligações

Web Oficial da Confederación Intersindical Galega
Formación Online
Gabinete Confederal Saúde Labora
Fundación para o Estudo e a Divulgación da Cuestión Social e Sindical en Galiza
Fundación para a Orientación Profesional, Emprego e Formación en Galiza
CIG Administración Pública

Ferramentas do usuário

Feeds XML

What is RSS?

Quem está online?

  • Usuários convidados: 0
Contadores

Contadores de visitas gratis para webCursosContadores de visitas gratis para web
powered by b2evolution CMS