A CIG celebra o 10 de Marzo, 'Día da Clase Obreira Galega' con mobilizacións nas sete cidades

03 Mar 2010

Sob o lema "O emprego, os salarios e as pensións deféndense luitando"

Diante das alternativas que se están a estudar por parte dos gobernos central e galego para atallar a crise económica, "á conta dun sacrificio enorme por parte da maioría social, que son os traballadores/as, encuanto que aqueles que a provocaron van saír incólumes”, a CIG acordou dar un carácter máis mobilizador a este 10 de marzo, Día da Clase Obreira Galega.

Por iso, este ano convocará manifestacións nas sete cidades do País sob o lema "O emprego, os salarios e as pensións deféndese loitando". Alén diso, celebrará, por cuarto ano consecutivo, o Premio do Día da Clase Obreira Galega, nun acto que terá lugar, en Compostela, no día 9 de marzo.

Mobilizacións:

* A Coruña: Ás 20:00 horas da Praza da Palloza
* Compostela: Ás 20:00 horas da Praza Roxa
* Lugo: Ás 20:00 horas da Ronda da Muralla (local CIG)
* Ferrol: Ás 20:00 horas da Avda de Esteiro (local CIG)
* Ourense: Ás 20:00 horas, do Pavillón dos Remedios
* Pontevedra: Ás 20:30 horas da Praza da Ferrería
* Vigo: Saída ás 20:00 horas da Vía Norte

Mais info: xornal dixital Avantar

 

CIG-Administración rexeita unha nova conxelación salarial dos/as empregados/as públicos/as

27 Fev 2010

A Federación lembra que nos últimos anos o persoal acumula unha perda do seu poder adquisitivo que supera o 42%

A CIG-Administración mostrou o seu absoluto rexeitamento a unha posíbel conxelación do salario dos empregados públicos, estudada nos últimos días polo Goberno estatal como medida de “aforro”.

Leia mais »

 

Novo boletín da CIG para explicar as consecuencias das medidas do goberno para afrontar a crise e as alternativas da central

26 Fev 2010



Infórmase igualmente do 8 de marzo, Día da Muller Traballadora, e do 10 de marzo, Día da Clase Obreira Galega

A CIG acaba de editar un novo boletín [PDF | 1.9 MB], dirixido a delegados e delegadas da CIG, para explicar a posición da central sindical a respeito das medidas que se están a estudar polo goberno para afrontar a crise económica e para apresentar as súas alternativas. Infórmase tamén das convocatorias da mobilizacións do 10 de marzo en cada comarca, que desta volta celébranse baixo o lema: O emprego, os salarios e as pensións deféndense loitando!

Leia mais »

 

Grecia é só a primeira

18 Fev 2010
Email , Castegorias: Notícias Sindicato, Opinión,

Duarte Correa

Semella que neste momento o pobo grego é culpábel de todos os males de Europa; a súa situación económica está poñendo moi nervosos ao resto dos membros da Unión, que rapidamente ten que adoptar medidas para socorrelo ou mellor dito, para socorrerse a si mesma. Todos os focos fixos no país helénico, falándonos dos graves problemas que ten, do irresponsábeis que foron os seus gobernantes, da picaresca institucionalizada na vida económica e laboral do país, etc…

Leia mais »

 

A CIG traslada ao Delegado do Goberno o rexeitamento á reforma laboral e da Seguranza Social

10 Fev 2010

A central rexistrou un escrito dirixido ao presidente Zapatero, depois da asemblea de delegados/as realizada na Coruña

O Secretario Xeral da CIG, Xesús Seixo, acompañado polo Secretario Comarcal da CIG da Coruña, Paulo Carril, manifestou ao Delegado do Goberno o total rexeitamento da central sindical á proposta de reforma laboral e da Seguranza Social anunciada polo presidente Zapatero.

No breve encontro que os representantes da CIG mantiveron con Antón Louro, tamén mostraron o malestar polo feito de que as propostas do Goberno, en materia laboral e social, se fagan chegar só as organizacións sindicais estatais, excluíndo as outras dúas centrais que teñen a consideración de máis representativas no Estado español: CIG e ELA.

  • Mais info: xornal dixital Avantar
  •  

    Zona euro: a hora da verdade...

    09 Fev 2010
    Email , Castegorias: Notícias Sindicato, Opinión,

    Guillaume Duval

    Dívidas públicas grega, espanhola e portuguesa afectam toda a zona euro. A especulação sobre o euro e as dívidas públicas grega, portuguesa e espanhola vai provavelmente obrigar a um passo na integração política na zona euro...

    Leia mais »

     

    CIG-Ourense mostra o seu desprezo perante as declaracións de Adolfo Domínguez a prol do despedimento libre

    04 Fev 2010

    Contra o ataque aos dereitos das traballadoras/es

    A comarca de Ourense da CIG emitiu un comunicado en que subliña que "as declaracións feitas por Adolfo Dominguez no Foro Europa, son un insulto a todo os traballadores e traballadoras e poñen de manifesto, unha vez máis, a personaxe cavernícola que se esconde detrás deste empresario".

    Leia mais »

     

    CIG rexeita o rascuño do novo decreto porque implica unha involución na normalización linguística e unha agresión ao galego

    31 Dez 2009

    A central exixe a retirada deste documento e o manutención da normativa vixente

    A CIG rexeita rotundamente a proposta de novo decreto apresentado onten por Núñez Feijoo para derrogar o Decreto 124/2007. Este rascuño é unha nova agresión ao noso idioma e un paso máis do Partido Popular para reducir os direitos linguísticos das galegas e dos galegos.

    Unha agresión que se efectiviza durante as festas do Natal, en plenas ferias escolares, aguardando ao día 30, con nocturnidade e covardía, procurando que non haxa contestación social, o que pon en evidencia a má consciencia deste goberno que sabe que está a atacar os direitos das galegas e dos galegos.

    - Ler comunicado da CIG no xornal dixital Avantar.

     

    2010, o ano da contracção económica severa

    21 Dez 2009
    Email , Castegorias: Notícias Sindicato, Opinión,

    Mike Whitney
    [resistir.info e Avantar]

    Salvar o povo, não os bancos. Os relatos optimistas nos media financeiros desvirtuam os efeitos da contracção de crédito agora em curso. As injecções maciças de liquidez dos bancos centrais impediram o colapso de mercados financeiros, mas pouco fizeram para facilitar o desalavancamento das famílias ou estimular actividade na generalidade da economia.

    Leia mais »

     

    Manifesto: Con Aminetu Haidar na súa luita pola Soberanía do Sara Ocidental

    15 Dez 2009

    CIG inicia unha campaña de recolla de asinaturas en apoio a Aminetu Haidar e a luita pola soberanía do Sara Ocidental

    A CIG acaba de iniciar unha campaña de recolla de asinaturas entre traballadores/as, seccións sindicais, comités de empresa e sindicatos en solidariedade coa activista saraui Aminetu Haidar na súa luita pola soberanía do Sara Ocidental. O manifesto de apoio pode ser asinado dixitalmente a través da web da CIG, é só clicar aqui.

    Leia mais »

     

    1 2 3 4 5 6 7 8 9 >>



    Sede Nacional:
    Delegación AEAT da Coruña

    Telefone: 981 616 889
    Fax: 981 127 222
    Co-e: cigaeat[@]gmail.com


    Quen somos na AEAT?
    Ficha de Afiliación
    Contacta

    Março 2010
    Seg Ter Qua Qui Sex Sab Dom
     << <   > >>
    1 2 3 4 5 6 7
    8 9 10 11 12 13 14
    15 16 17 18 19 20 21
    22 23 24 25 26 27 28
    29 30 31        

    Busca

    Ligações

    Web Oficial da Confederación Intersindical Galega
    Formación Online
    Fundación para o Estudo e a Divulgación da Cuestión Social e Sindical en Galiza
    Fundación para a Orientación Profesional, Emprego e Formación en Galiza
    Centro de Formación Profesional Forga Milladoiro
    CIG Saúde Laboral
    CIG Administración Pública

    Ferramentas do usuário

    Feeds XML

    What is RSS?

    Quem está online?

    • Usuários convidados: 1
    powered by b2evolution free blog software