Aprobados Especialidade Tributaria |
|
| 20 Jun 2008 |
Na páxina da Axencia Tributaria tedes xa a resolución dos funcionarios que superaron as probas da Especialidade Tributaria, quer no Corpo Xeral Administrativo, quer no Corpo Xeral Auxiliar. |
Novidades Promoción Interna MAP - Especialidade |
|
| 12 Mai 2008 |
|
Data de exames para a obtención da Especialidade de Administración Tributaria |
|
| 23 Abr 2008 |
Disponibilizamos as resolucións do BOE coa data dos exames da especialidade e aspirantes excluídos. Os listados de admitidos aparecerán na páxina da AEAT, na seguinte ruta: "La Agencia Tributaria", "Empleo Público", "Ofertas", "Oferta de Empleo Público 2008" e depois "Obtención de la Especialidad Tributaria":
|
CIG apresenta reclamacións sobre a Promoción Interna |
|
| 15 Abr 2008 |
Disponibilizamos os dous escritos de queixa a que a CIG acabou de dar entrada no Registro Xeral da AEAT, en data 11 de Abril de 2008, dirixidos ao servizos competentes da Axencia Tributaria en Madrid. O primeiro deles está virado para diversos aspectos dos procesos selectivos de Promoción Interna na AEAT en 2008; o segundo para os cursos de Formación Continua para o aceso ao CTH, ben como os temarios para a obtención da Especialidade Tributaria. Xa agora podemos informar que de Recursos Humanos aseguran que facilitarán nesta semana as actualizacións e correccións oportunas dos temarios do CTH e da Especialidade Tributaria. |
Axudas de Acción Social polos gastos de viaxe para obtención da Especialidade Tributaria |
|
| 09 Abr 2008 |
Hoxe tivemos reunión de Acción Social en que a AEAT nos informou do xeito en que se van pagar os gastos por dietas para todas aquelas persoas que tiveren que desprazarse até aos lugares de exame para a obtención da Especialidade Tributaria. Após unha consulta da AEAT á CECIR , parece ser que estes gastos non poden ser asumidos aplicando o RD de Dietas ao non existir un curso selectivo posterior ao exame. |
Últimas notícias a respeito dos exames para a Especialidade Tributaria |
|
| 10 Mar 2008 |
Informamos que na pasada semana foron constituídos os Tribunais que cualificarán os exames para a obtención da Especialidade Tributaria. Ainda non foron marcadas as datas, mais, de xeito orientativo, informáronnos que serán na 2ª quincena de Maio.
|
Convocatoria Especialidade Tributaria |
|
| 07 Fev 2008 |
Informamos sobre a convocatoria de exames para a obtención da Especialidade Tributaria para administrativos, auxiliares e persoal de informática, que saliu publicada no BOE de hoxe, 2 de Xaneiro. Tendes 20 días para apresentar a instancia. A seguir disponibilizamos as respectivas resolucións:
|