Publicada no BOE Oferta de Emprego Público 2011

01 Mar 2011

No BOE de hoxe tendes xa publicada a Oferta de Emprego Público para este ano. A seguir disponibilizamos uns arquivos coa información.

 

Nota conxunta sobre a reunión mantida con o Diretor da AEAT

18 Fev 2011
Email , Categorias: Información AEAT, Info Xeral,

Mais información na CIG-AEAT chamando para o 981 616 889

A seguir disponibilizamos nota conxunta sobre a reunión con o Diretor da AEAT que tivo lugar onten, dia 17 de febereiro.

 

CIG-AEAT apresenta escrito-queixa sobre a permisión para exames

17 Fev 2011
Email , Categorias: Información AEAT, Info Xeral,

Mais información na CIG-AEAT chamando para o 981 616 889

A seguir disponibilizamos escrito de queixa apresentado pola CIG AEAT sobre a "nova interpretación" da AEAT para a permisión de asistencia a exames.

 

Convocatoria concursos MEH no BOE

21 Dez 2010
Email , Categorias: Información AEAT, Info Xeral,

No BOE de onten, dia 20 de decembro, foran publicadas ordens polas cais son convocados concursos específico e xeral para a provisión de postos de traballo para funcionarios dos subgrupos A1, A2, C1 e C2.

A seguir disponibilizamos as ligazóns para poder consultar e/ou descarregar ditas ordens do boletim:

 

Abertura e feche edifícios AEAT

13 Dez 2010
Email , Categorias: Información AEAT, Info Xeral,

A Subsecretaria do Ministerio da Economia do Goberno español, acaba de aprobar unha instrución pela cual estabelece o novo horario de abertura e feche dos edificios dos servizos territorias do dito Ministerio.

Argumentando políticas de austeridade e con a finalidade de reduzir custos no consumo de enerxía, desde xá foi marcado os horarios que seguen, conforme as horas vixentes no Reino de España:

- De segundas a sextas (luns a venres): abertura non antes de 07h30; feche non depois de 17h00, exceto lá onde houver atendimento ao público de forma continuada, en cujo caso fecharán a 18h00.

- Aos sábados, aos domingos e aos feriados (festivos) os edificios permanecerán fechados.

- Para supostos excecionais, será requerida a autorización correspondente. Ainda, os servizos de limpeza, manutención, seguranza... tambén rexerán pelo novo horário estabelecido.

 

Reunión con o delegado especial da Galiza

29 Nov 2010

Mais información na CIG-AEAT chamando para o 981 616 889

A seguir disponibilizamos nota inormativoa sobre a reunión mantida na pasada sexta feira con o delegado especial da AEAT na Galiza. Entre os asuntos tratados: a readscrición de tarefas e funcionários na Delegación Especial da Galiza, a produtividade, próximos concursos e as queixas do pesoal de Vixilancia Aduaneira que non ten aceso á intranet.

 

Controle das situacións de incapacidade temporaria pola Muface

07 Jul 2010

Foi publicada no BOE de 1 de xullo de 2010, a Orde que regula o procedimento de recoñecimento, controle e seguimento das situacións de incapacidade temporaria (IT), risco durante a gravidez (embarazo) e risco durante a lactación natural, no Réxime Especial da Seguranza Social dos Funcionarios Civís do Estado.

Esta orde fai referencia, en varios dos seus artigos, a “Unidades Médicas de Seguimiento” para o recoñecimento dos mutualistas. Estes recoñecimentos serán levados a cabo polas Direccións Provinciais do Instituto Nacional da Seguranza Social (INSS), segundo o acordo de Encomenda de Xestión entre a MUFACE e o INSS, publicado no BOE de 9-2-2010 por Resolución da Subsecretaría do Ministerio da Presidencia.

 

Horario de verao a partir do dia 16 de xuño

14 Jun 2010

Lembrai que, entre 16 de xuño e 15 de setembro, ambos inclusive, vigora o horario de verao, polo cual a xornada de traballo, para o persoal que tiver horario de mañá, será de seis horas e media a realizar entre as 8:00 e as 15:00 horas de segundas a sextas-feiras (luns a venres).

No ámbito de Vixilancia Aduaneira tamén hai horario reducido para o período comprendido entre 16 de xuño e 15 de setembro, en que o cómputo pasa a ser de 130 horas mensais en lugar das 150 habituais.

 

Novas retribuicións funcionarios AEAT 2010

27 Mai 2010
Email , Categorias: Información AEAT, Info Xeral,

Mais información na CIG-AEAT chamando para o 981 616 889

No BOE de onten foi publicada a Resolución onde tendes, con máis detalle, info sobre as retribucións comuns dos empregados públicos a partir do mes de xuño.

Ainda, disponibilizamos tabelas específicas sobre essas novas retribucións para o 2010, após a aprobación do Real Decreto-Lei 8/2010, com a inclusión da actualización dos complementos especifícos do Acordo de Carreira Administrativa na AEAT.

 

BOE publica medidas para corte salarial do funcionariado

24 Mai 2010
Email , Categorias: Información AEAT, Info Xeral,

Mais información na CIG-AEAT chamando para o 981 616 889

No BOE de hoxe xa está publicado o Real Decreto coas medidas extraordinarias do Goberno español para a suposta redución do défice público, entre as cais está a descida das retribucións das servidoras e servidores públicos.

 

Nomeación novo director xeral da AEAT

03 Mai 2010
Email , Categorias: Información AEAT, Info Xeral,

No BOE deste sábado temos xa o cesamento do anterior director xeral da AEAT (Luis Pedroche) que, a partir de agora, pasa a facer parte do Consello da Comisión Nacional do Mercado de Valores. O seu sustituto na Dirección da AEAT é Juan Manuel López Carbajo (ex-Secretario Xeral de Financiación Territorial).

 

Destituición do director xeral da AEAT em plena Campaña da Renda

30 Abr 2010
Email , Categorias: Información AEAT, Info Xeral,

Como curiosidade do día disponibilizamos o que publican distintos medios de comunicación españois sobre a decisión da destituición de Luis Pedroche (director xeral da AEAT) no Consello de Ministros de hoxe.

Mais info: eleconomista.es | expansion.com

 

Acción Social 2010 e ordenado de abril

15 Abr 2010

Mais información na CIG-AEAT chamando para o 981 616 889

Tendes xa, na Intranet, a convocatoria de axudas de Acción Social para 2010. Para verdes as bases específicas tendes que seguir a seguinte rota: Intranet-Información al personal-Acción Social.

Informamos tamén que no ordenado de abril irá a recualificación dos C1 con efeitos de 1 de marzo (a quen lle corresponder) e a produtividade de obxetivos.

 

Oferta Emprego Público 2010 no BOE

01 Abr 2010

Mais información na CIG-AEAT chamando para o 981 616 889

A seguir disponibilizamos ligazón para visualizar e descarregar a Oferta de Emprego Público aprobada para 2010, publicada no BOE de hoxe. Anexamos, cuadro-resumo das vagas ofertadas por grupos e por promoción (libre ou interna).

 

Sobre a Oferta de Emprego Público 2010

24 Mar 2010

Mais información na CIG-AEAT chamando para o 981 616 889

A seguir disponibilizamos notas informativas dos nosos compañeiros do MAP sobre a reunións mantidas no pasados día 17 e 23 de marzo en Función Pública, en relación á oferta de emprego para este ano.

 

<< 1 ... 4 5 6 7 8 9 10 11 12 13 14 >>



Sede Nacional:
Delegación AEAT da Coruña

Telefone: 981 616 889
Fax: 981 127 222
Co-e: cigaeat[@]gmail.com


Quen somos na AEAT?
Ficha de Afiliación
Contacta
Abril 2021
Seg Ter Qua Qui Sex Sab Dom
 << <   > >>
      1 2 3 4
5 6 7 8 9 10 11
12 13 14 15 16 17 18
19 20 21 22 23 24 25
26 27 28 29 30    

Busca

Ligações

Web Oficial da Confederación Intersindical Galega
Formación Online
Gabinete Confederal Saúde Labora
Fundación para o Estudo e a Divulgación da Cuestión Social e Sindical en Galiza
Fundación para a Orientación Profesional, Emprego e Formación en Galiza
CIG Administración Pública

Ferramentas do usuário

Feeds XML

What is RSS?

Quem está online?

  • Usuários convidados: 1
Contadores

Contadores de visitas gratis para webCursosContadores de visitas gratis para web
powered by open-source CMS software