Retribucións para 2009

04 Jan 2009
Email , Categorias: Información AEAT, Info Xeral,

Mais información na CIG-AEAT chamando para o 981 61 68 89

A seguir disponibilizamos resolución de 2 de xaneiro de 2009, da Secretaría de Estado de Facenda e Orzamentos, pola que se ditan instrucións en relación coas nóminas dos funcionarios incluídos no ámbito de aplicación da Lei 30/1984, de 2 de agosto nos termos da disposición final cuarta da Lei 7/2007, de 12 de abril, do Estatuto Básico do Empregado Público, e actualízanse para o ano 2009 as contías das retribucións do persoal a que referen os correspondentes artigos da Lei de Orzamentos Xerais do Estado para o devandito exercicio.

 

Concentración en Madrid dos traballadores e traballadoras da AEAT

11 Dez 2008
Email , Categorias: Información AEAT, Info Xeral,

Representantes da CIG estiveron presentes

[Clicar na imaxe para ampliar]

O conflito declarado á AEAT continua a deparar mobilizacións na procura de conseguirmos que os direitos dos e das traballadoras sexan respeitados pola Administración. Onte mesmo em Madrid, representantes da CIG estiveron presentes nunha concentración junto con representantes sindicais da CSI-CSIF, SIAT-USO e UGT, alén de outros compañeiros e compañeiras que apoiaron o protesto.

Full story »

 

E entón? Continuamos a dar oportunidades á AEAT?

04 Dez 2008
Email , Categorias: Información AEAT, Info Xeral,

Nota conxunta SIAT-USO, UGT, CSI-CSIF e CIG

Durante moitos meses, todas as Organizacións Sindicais criticamos as actuacións dos dirixentes da AEAT, todos expuxemos a inutilidade, a falta de profisionalidade, temos pedido que se vaian embora e moito máis do Departamento de Recursos Humanos. Puxemos de manifesto que a AEAT reunía as Mesas sen propostas para facer a pantomima e poder argumentar ante os Tribunais o seu talante negociador, isto non é invento noso, está nas notas difundidas POR TODOS.

Cando as organizacións que emiten este comunicado deciden, no pasado día 18, un día antes da reunión da Mesa Xeral, apresentar o conflito é debido a moitos motivos, non aceitamos o proposto por CCOO: «é preciso dar unha nova oportunidade á AEAT», «É preciso negociar». Déixannos negociar?

Full story »

 

Primeira reunión da Comisión Negociadora para o desbloqueo do conflito declarado á AEAT

25 Nov 2008
Email , Categorias: Información AEAT, Info Xeral,

Comisión voltará a reunir no próximo dia 2 de decembro

Hoxe reuniu a comisión negociadora composta polos sindicatos convocantes (SIAT, UGT, CSI-CSIF e CIG) e a AEAT para desbloquear o conflito.

Despois de varias horas de reunión non pudemos chegar a un acordo que permita desconvocar o conflito pola cerrazón dos representantes da AEAT. Acordouse que a comisión negociadora se volte a reunir o vindeiro martes, día 2 de decembro.

Full story »

 

Comunicado denuncia Congreso APIFE

20 Nov 2008
Email , Categorias: Información AEAT, Info Xeral,

Inspectores das Finanzas reuniron en Valencia sob o guarda-chuvas da APIFE

Diversas organizacións sindicais, entre as cais a CIG, acabamos de denunciar a realización en Valencia, nos dias 19, 20 e 21 de Novembro, do "curso de formación de carácter voluntario" destinado aos Inspectores de Finanzas do Estado.

Pensamos que a verdadeira finalidade dese 'curso' é a de ser utilizado pola Asociación Profesional de Inspectores de Finanzas do Estado (APIFE) como 'tapadeira' para cobrir os gastos e xustificar as ausencias ao posto de traballo dos asistentes ao Congreso que dita Asociación realiza anualmente.

A seguir disponibilizamos o comunicado conxunto apresentado e dirixido á Dirección Xeral de Recursos Humanos da AEAT:

 

Mobilizacións na AEAT

19 Nov 2008
Email , Categorias: Información AEAT, Info Xeral,

Perante o non recoñecimento á negociación colectiva por parte da Administración

A seguir disponibilizamos o escrito apresentado onten polas organizacións sindicais (excepto Gestha e CCOO), anunciando a posíbel convocatoria de mobilizacións, e a nota conxunta difundida pola CIG, CSI-CSIF, SIAT-USO e UGT, sobre a declaración de conflito na AEAT.

Nos escritos especificanse os diversos incumprimentos da Administración e as reivindicacións da parte social.

 

Info da Mesa Xeral de 14 de outubro

15 Out 2008

Mais información na CIG-AEAT chamando para o 981 61 68 89

O dia 14 de outubro reunimos a parte social e a administración coa intención de desbloquear a situación das mesas de negociación, bloqueo ao que nos vimos abocados pola postura da AEAT e os sindicatos estatais, sindicatos que asinaron o Estatuto Básico do Empregado Público e depois non o queren asumir na AEAT as consecuencias.

Full story »

 

Función Pública resposta pergunta da CIG sobre integración Grupo B

06 Out 2008
Email , Categorias: Información AEAT, Info Xeral,

A seguir disponibilizamos resposta de Función Pública á consulta da CIG sobre o novo Grupo B e a supresión das equivalencias das titulacións. Tamén especifica a imposibilidade dunha integración nun grupo superior, fóra das leis de criación de cada Corpo.

 

Novo Delegado Especial da AEAT da Galiza

06 Jun 2008
Email , Categorias: Información AEAT, Info Xeral,

María Teresa Pisano Vello é substituída por Luis Antonio Pazos Franco, até agora delegado de Pontevedra

No dia de hoxe o BOE publica oficialmente o cesamento da sra. María Teresa Pisano Avello como delegada especial da Axencia Estatal de Administración Tributária da Galiza, e a nomeación do, até agora, delegado da Axencia de Pontevedra Luis Antonio Pazos Franco, como novo delegado especial.

 

Oferta de Emprego Público 2008 publicada no BOE

30 Jan 2008

A seguir disponibilizamos Oferta de Emprego Público que saiu publicada no BOE de hoxe, 30 de Xaneiro de 2008 (é claro, inclui información sobre promoción interna e persoal laboral):

 

Proxecto de Lei do Estatuto da/o Empregada/o Pública/o

26 Dez 2006
Email , Categorias: Información AEAT, Info Xeral,

Reunión da CIG, no pasado dia 13, cos grupos parlamentares do BNG, CC, PNV e IU

En primeiro lugar xuntámonos có BNG (Francisco Rodríguez), díxonos que se xuntaba a comisión de ponentes ó día seguinte (o día 14) e que ían seguir defendendo as emendas da cláusula de revisión e descentralización da negociación colectiva.

De todos os xeitos, a ponencia aceptou total ou parcialmente (ou transacionou) algunhas das emendas apresentadas polo BNG como:

Full story »

 

Mesa do dia 29 de Relacións Laborais e Garantias Sindicais

04 Dez 2006
Email , Categorias: Información AEAT, Info Xeral,

O pasado venres asistimos en Madrid á Mesa de Garantías Sindicais, onde se tratou a forma de encauzar a situación do colectivo do grupo B, co trasfondo dos expedientes disciplinarios que foron abertos pola forma de levar a cabo as súas reinvindicacións.

Despois de varias propostas da administración, sen chegar a un acordo, a Axencia entregounos a primeira hora da tarde un novo texto, no que se recollen, textualmente, os seguintes puntos:

Full story »

 

Reorganización das administracións da AEAT

14 Nov 2006
Email , Categorias: Información AEAT, Info Xeral,

Nos pasados días, a AEAT remitiunos o "Documento Marco sobre a Reorganización das Administracións da Axencia Tributaria". Nese documento, e segundo a nova reorganización, defínese a división das Administracións da AEAT en tres tipos: as de Control Especializado (Nivel 1), as de Control Xeral (Nivel 2) e, por último, as de Información e Asistencia (Nivel 3).

As administracións de Nivel 3 únicamente realizarán as funcións de recepción de documentos, información ao contribuínte, xestión censal, atención na campaña de renta, etc, traspasándose, pois, as competencias de xestión, recaudación e inspección a administración ou delegación de Nivel 2 ou 1 que conrresponda.

Full story »

 

Mesa Xeral do dia 8 de Novembro de 2006

09 Nov 2006
Email , Categorias: Información AEAT, Info Xeral,

Antes da reunión a Administración fainos entrega dunha proposta de funcionamento das Mesas de traballo e de convocatoria destas mesas.Propoñen abrir este mes as mesas de productividade-avaliación do desempeño, calendario laboral e campaña de renda, deixando aberta a posibilidade de introducir novos temas, para tratar nos vindeiros meses, a proposta das organizacións sindicais.

Por parte da CIG tiñamos previsto, a parte das que propón a Admón., incidir na urxencia da convocatoria da Comisión de Seguimento do Acordo Horario de V.A., e as seguintes mesas: de seguimento da reorganización das Administracións, de saúde laboral, de retribucións e emprego, de produtividade, de avaliación do desempeño.

Full story »

 

Reunión da Mesa Xeral da AEAT do dia 30 de Outubro

31 Out 2006
Email , Categorias: Información AEAT, Info Xeral,

O 30 de outubro reuniuse en Madrid a Mesa Xeral da AEAT, na que a Admón. expuxo a sua intención de planificar os temas a tratar no futuro inmediato, facendo un esbozo no que entraban cuestións como productividade, concursos, calendario laboral, plan concilia, avaliación do desaempeño, etc.

Na sua intervención os representantes da CIG dibuxaron a situación laboral da Axencia Tributaria en plan crítico e con certo pesimismo cara o futuro. Explicámoslle aos novos rectores de RR.HH que é preciso reducir as enormes diferencias salariais existentes hoxe en día entre os distintos grupos e colectivos da Axencia, sendo sobre todo escandalosa a diferencia retributiva entre os "pata negra" do grupo A e o resto.

Full story »

 

<< 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 11 12 >>



Sede Nacional:
Delegación AEAT da Coruña

Telefone: 981 616 889
Fax: 981 127 222
Co-e: cigaeat[@]gmail.com


Quen somos na AEAT?
Ficha de Afiliación
Contacta
Junho 2019
Seg Ter Qua Qui Sex Sab Dom
 << <   > >>
          1 2
3 4 5 6 7 8 9
10 11 12 13 14 15 16
17 18 19 20 21 22 23
24 25 26 27 28 29 30

Busca

Ligações

Web Oficial da Confederación Intersindical Galega
Formación Online
Gabinete Confederal Saúde Labora
Fundación para o Estudo e a Divulgación da Cuestión Social e Sindical en Galiza
Fundación para a Orientación Profesional, Emprego e Formación en Galiza
CIG Administración Pública

Ferramentas do usuário

Feeds XML

What is RSS?

Quem está online?

  • Usuários convidados: 0
Contadores

Contadores de visitas gratis para webCursosContadores de visitas gratis para web
powered by open-source CMS software