Reunión con o delegado especial da Galiza

29 Nov 2010

Mais información na CIG-AEAT chamando para o 981 616 889

A seguir disponibilizamos nota inormativoa sobre a reunión mantida na pasada sexta feira con o delegado especial da AEAT na Galiza. Entre os asuntos tratados: a readscrición de tarefas e funcionários na Delegación Especial da Galiza, a produtividade, próximos concursos e as queixas do pesoal de Vixilancia Aduaneira que non ten aceso á intranet.

 

Controle das situacións de incapacidade temporaria pola Muface

07 Jul 2010

Foi publicada no BOE de 1 de xullo de 2010, a Orde que regula o procedimento de recoñecimento, controle e seguimento das situacións de incapacidade temporaria (IT), risco durante a gravidez (embarazo) e risco durante a lactación natural, no Réxime Especial da Seguranza Social dos Funcionarios Civís do Estado.

Esta orde fai referencia, en varios dos seus artigos, a “Unidades Médicas de Seguimiento” para o recoñecimento dos mutualistas. Estes recoñecimentos serán levados a cabo polas Direccións Provinciais do Instituto Nacional da Seguranza Social (INSS), segundo o acordo de Encomenda de Xestión entre a MUFACE e o INSS, publicado no BOE de 9-2-2010 por Resolución da Subsecretaría do Ministerio da Presidencia.

 

Horario de verao a partir do dia 16 de xuño

14 Jun 2010

Lembrai que, entre 16 de xuño e 15 de setembro, ambos inclusive, vigora o horario de verao, polo cual a xornada de traballo, para o persoal que tiver horario de mañá, será de seis horas e media a realizar entre as 8:00 e as 15:00 horas de segundas a sextas-feiras (luns a venres).

No ámbito de Vixilancia Aduaneira tamén hai horario reducido para o período comprendido entre 16 de xuño e 15 de setembro, en que o cómputo pasa a ser de 130 horas mensais en lugar das 150 habituais.

 

Novas retribuicións funcionarios AEAT 2010

27 Mai 2010
Email , Categorias: Información AEAT, Info Xeral,

Mais información na CIG-AEAT chamando para o 981 616 889

No BOE de onten foi publicada a Resolución onde tendes, con máis detalle, info sobre as retribucións comuns dos empregados públicos a partir do mes de xuño.

Ainda, disponibilizamos tabelas específicas sobre essas novas retribucións para o 2010, após a aprobación do Real Decreto-Lei 8/2010, com a inclusión da actualización dos complementos especifícos do Acordo de Carreira Administrativa na AEAT.

 

BOE publica medidas para corte salarial do funcionariado

24 Mai 2010
Email , Categorias: Información AEAT, Info Xeral,

Mais información na CIG-AEAT chamando para o 981 616 889

No BOE de hoxe xa está publicado o Real Decreto coas medidas extraordinarias do Goberno español para a suposta redución do défice público, entre as cais está a descida das retribucións das servidoras e servidores públicos.

 

Nomeación novo director xeral da AEAT

03 Mai 2010
Email , Categorias: Información AEAT, Info Xeral,

No BOE deste sábado temos xa o cesamento do anterior director xeral da AEAT (Luis Pedroche) que, a partir de agora, pasa a facer parte do Consello da Comisión Nacional do Mercado de Valores. O seu sustituto na Dirección da AEAT é Juan Manuel López Carbajo (ex-Secretario Xeral de Financiación Territorial).

 

Destituición do director xeral da AEAT em plena Campaña da Renda

30 Abr 2010
Email , Categorias: Información AEAT, Info Xeral,

Como curiosidade do día disponibilizamos o que publican distintos medios de comunicación españois sobre a decisión da destituición de Luis Pedroche (director xeral da AEAT) no Consello de Ministros de hoxe.

Mais info: eleconomista.es | expansion.com

 

Acción Social 2010 e ordenado de abril

15 Abr 2010

Mais información na CIG-AEAT chamando para o 981 616 889

Tendes xa, na Intranet, a convocatoria de axudas de Acción Social para 2010. Para verdes as bases específicas tendes que seguir a seguinte rota: Intranet-Información al personal-Acción Social.

Informamos tamén que no ordenado de abril irá a recualificación dos C1 con efeitos de 1 de marzo (a quen lle corresponder) e a produtividade de obxetivos.

 

Oferta Emprego Público 2010 no BOE

01 Abr 2010

Mais información na CIG-AEAT chamando para o 981 616 889

A seguir disponibilizamos ligazón para visualizar e descarregar a Oferta de Emprego Público aprobada para 2010, publicada no BOE de hoxe. Anexamos, cuadro-resumo das vagas ofertadas por grupos e por promoción (libre ou interna).

 

Sobre a Oferta de Emprego Público 2010

24 Mar 2010

Mais información na CIG-AEAT chamando para o 981 616 889

A seguir disponibilizamos notas informativas dos nosos compañeiros do MAP sobre a reunións mantidas no pasados día 17 e 23 de marzo en Función Pública, en relación á oferta de emprego para este ano.

 

Acordo salarial 2010: continua a perda de poder adquisitivo

19 Jan 2010
Email , Categorias: Información AEAT, Info Xeral,

Mais información na CIG-AEAT chamando para o 981 616 889

Estamos a ver ano após ano, como os funcionarios públicos perdemos poder adquisitivo. Para 2010 o incremento do noso salario será de 0,3% coa Administración e os sindicatos CCOO, UGT e CSI-CSIF como responsáveis máximos, ao asinaren un acordo para todos os funcionarios que facilitará que, un ano máis, continuemos a perder diñeiro.

Segundo podereis verificar na nota informativo que anexamos, a perda de poder adquisitivo dos funcionarios é máis dos 42% para o período 1982-2007.

 

Calendario Laboral e Controle Horario

17 Dez 2009
 

Mudanzas no concerto sanitario da MUFACE

29 Out 2009

Nas pasadas semanas finalizou o prazo para a renovación das distintas entidades médicas para a prestación da asistencia sanitaria aos mutualistas da MUFACE.

Pois ben, informamos que tres entidades aseguradoras: Mafre familiar, Caser e "La Nueva Equitativa", e debido a razóns estritamente empresariais, non apresentaron propostas para renovar o concerto para os anos 2010 e 2011.

Full story »

 

Por fim, Mesa de Vixilancia Aduaneira

02 Out 2009

A seguir disponibilizamos información sobre a modificación do calendario de reunións para o que resta de 2009, onde podedes ver que conseguimos que fose incluída tamén unha Mesa de Vixilancia Aduaneira. Enfin, algo é algo...

 

Prevención da Gripe A na axenda da AEAT

24 Set 2009
Email , Categorias: Información AEAT, Info Xeral,

Mais información na CIG-AEAT chamando para o 981 616 889

A seguir disponibilizamos nota informativa acerca da reunión da Mesa Xeral de onte, 23 de setembro, ben como o calendario de reunións das diferentes Mesas agendado para o resto deste ano.

Entre os asuntos tratados na reunión de onte destaque para a Gripe A e os grupos de risco na AEAT, asunto que, a pedido sindical, a AEAT prometeu tocar en profundidade na reunión da mesa de Saúde Laboral marcada para 1 de outubro próximo.

 

<< 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 11 12 >>



Sede Nacional:
Delegación AEAT da Coruña

Telefone: 981 616 889
Fax: 981 127 222
Co-e: cigaeat[@]gmail.com


Quen somos na AEAT?
Ficha de Afiliación
Contacta
Dezembro 2019
Seg Ter Qua Qui Sex Sab Dom
 << <   > >>
            1
2 3 4 5 6 7 8
9 10 11 12 13 14 15
16 17 18 19 20 21 22
23 24 25 26 27 28 29
30 31          

Busca

Ligações

Web Oficial da Confederación Intersindical Galega
Formación Online
Gabinete Confederal Saúde Labora
Fundación para o Estudo e a Divulgación da Cuestión Social e Sindical en Galiza
Fundación para a Orientación Profesional, Emprego e Formación en Galiza
CIG Administración Pública

Ferramentas do usuário

Feeds XML

What is RSS?

Quem está online?

  • Usuários convidados: 0
Contadores

Contadores de visitas gratis para webCursosContadores de visitas gratis para web
powered by open-source CMS software