Reunión con o novo diretor da AEAT

03 Jun 2010

Carreira Administrativa en risco?

A seguir disponibilizamos nota informativa da reunión que tivemos nestes días co novo diretor da Axencia Tributaria. Entre os asuntos falados estiveran a Carreira Administrativa, Concursos e Sistema de Mobilidade, Produtividade, Vixilancia Aduaneira e Saúde Laboral.

 

CIG gaña contencioso sobre a produtividade na AEAT

17 Mar 2010

Mais información na CIG-AEAT chamando para o 981 616 889

A seguir disponibilizamos nota informativa e senteza, a favor da CIG, do contencioso sobre a produtividade na nosa Delegación Especial.

 

Produtividade na AEAT: admitida a trámite denuncia da CIG

01 Dez 2009

No mes de xaneiro será a vista no Xulgado Contencioso-Administrativo Nº1 da Coruña

Nos pasados días soubemos que a nosa denuncia sobre o reparto da produtividade na nosa Delegación Especial foi admitida a trámite polo xulgado. Após tentarmos infrutuosamente, por todos os meios existentes ao noso alcanzo, coñecer as resolucións e disposicións onde vén regulado o criterio do reparto da produtividade vímonos na obriga de apresentar a correspondente denuncia ante os Tribunais de Xustiza.

 

Info produtividades mensais

06 Out 2009

Desde xá, quem quixer ter acesso á info da produtividade mensal na sua Delegación, é só contatar con as seguintes delegadas e delegados da CIG AEAT:

Delegación da Coruña:

- Carmen Ares Iglesias
- Fernando Sánchez Garea

Delegación de Lugo:

- Mar López Trasorras

Delegación de Ourense:

- Consuelo Rivera Rodríguez
- Vítor Manuel Lourenço Peres

Delegación de Pontevedra:

- Miguel Jáudenes López de Castro

Delegación de Vigo:

- José Luis Pérez Rodríguez

Para mais info sobre como contatar as delegadas e delegados da CIG AEAT é só acesar aqui.

 

Asinado o acordo sobre a publicidade da produtividade

29 Mai 2009

A seguir disponibilizamos o acordo que no dia de onte asinou toda a parte social coa AEAT sobre a publicidade do complemento da produtividade e que, esperemos, sexa aplicado xa neste mes de maio.

Seguindo o criterio de Función Publica, a AEAT está obrigada a facilitar os listados de produtividade en arquivo electrónico cos seguintes dados: nome e apelidos dos perceptores, subgrupo, corpo, nível, denominación do posto de traballo, área e Numa, e cantidade percibida.

Xa acabou, porfin, a tentativa da AEAT de ocultar os dados...

 

CIG AEAT impulsiona escrito contencioso-administrativo a respeito da produtividade

22 Mai 2009

A seguir disponibilizamos nota informativa a respeito da produtividade, ben como o escrito apresentado perante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior das Asturias. Quer nota, quer escrito foron impulsionados pola maioria sindical ante as posicións defendidas pola dirección da AEAT sobre o asunto.

 

Complemento de produtividade continuará a ser de coñecimento público

26 Mar 2009

Disponibilizamos relatorio da "Agencia Española de Protección de Datos" e Orzamentos Xerais do Estado para a AEAT

Nas pasados días estendeuse por todas as Delegacións e Administracións unha información relativa a que, de maneira iminente, xa non serían facilitados ás Xuntas de Persoal os listados do complemento de produtividade.

O motivo para que a AEAT tomase esa decisión estaría nun relatorio elaborado pola Avogacía do Estado (que temos á vosa disposición) e que foi remitido ao MAP, no cal se indicaba, textualmente, que "…no existía base legal para la cesión a los representantes sindicales de los datos referentes a las cantidades que perciben los funcionarios por el complemento de productividad…".

Full story »

 

CIG-AEAT apresenta escrito a respeito da produtividade

14 Out 2008

Mais información na CIG-AEAT chamando para o 981 61 68 89

A seguir disponibilizamos o escrito que a CIG dirixiu no dia 3 de Outubro passado ao Delegado Especial sobre o acontecido coa produtividade deste último trimestre, paga no mes de Setembro de 2008.

 

Mesa de Produtividade

12 Mar 2007

Na reunión do pasado xoves 8 de marzo a AEAT volveu a presentar a mesma proposta da reunión anterior, sin variar nin unha coma, desoíndo por tanto as demandas da parte social.

A CIG expresou a sua intención de non servir de coartada a Administración para unha pequena reforma do actual sistema de reparto de productividade, para que as cousas segan mais ou menos igual.

Full story »

 

Mesa de Produtividade de 7 de Fevereiro de 2007

08 Fev 2007

Despois de moitos anos sen tratar o tema da productividade, a administración convocounos onte en Madrid para comezar a negociación deste complemento tan inxusta e arbitrariamente repartido. O Subdirector de Relacións Laborais asistiu acompañado da Subdirectora de Inspección e o Subdirector de Programación e Incentivación.

O día 6 de xaneiro, á ultima hora da mañá ( é dicir, unhas horas antes da reunión), a administración repartiu ás organizacións sindicais un "borrador" da súa proposta dos criterios dun novo baremo para o reparto da productividade dos funcionarios de inspección e para a asignación do complemento de productividade...

Full story »