CIG AEAT apresenta proposta sobre Formación Continua

29 Jan 2010
Email , Categorias: Información AEAT, Formación,

Mais información na CIG-AEAT chamando para o 981 616 889

A seguir disponibilizamos nota informativa sobre a reunión de onten de Formación Continua, ben como o escrito que apresentamos con as nosas propostas.

 

Formación Continua 2010 non é prioritaria para a AEAT

22 Jan 2010
Email , Categorias: Información AEAT, Formación,

Mais información na CIG-AEAT chamando para o 981 616 889

No día de hoxe os responsábeis de Recursos Humanos fixéronnos entrega da súa proposta de Formación Continua para 2010. E non podia ser de outra maneira: entregaron este rascuño no momento de comezarmos a reunión, obviamente sen dar tempo a que podamos estudalo debidamente e facermos chegar as nosas propostas de mellora con un tempo razoábel.

Full story »

 

Convocatoria cursos inglés INAP

07 Set 2009
Email , Categorias: Información AEAT, Formación,

Mais información na CIG-AEAT chamando para o 981 616 889

A seguir disponibilizamos información sobre a convocatoria dos cursos de inglés do Instituto Nacional de Administración Pública que foia publicada no BOE do pasado día 2 de setembro.

 

Cursos Formación Continua 2009

12 Mai 2009
Email , Categorias: Información AEAT, Formación,

Mais información na CIG-AEAT chamando para o 981 616 889

A seguir disponibilizamos información sobre os cursos de Formación Continua que xá apareceron colocados na Intranet da AEAT:

 

Cursos promoción interna AEAT 2009

08 Abr 2009

Mais información na CIG-AEAT chamando para o 981 616 889

A seguir disponibilizamos información sobre os cursos de apoio á promoción interna da AEAT. O prazo para presentar as peticións acaba em 30 de abril.

 

Cursos de Formación 2009

29 Jan 2009
Email , Categorias: Información AEAT, Formación,

CIG-AEAT non asina Acordo de Formación mais consegue compromiso da Administración para non obrigar a desprazamentos para a realización de cursos

No día e onte reunímonos a parte social e a Administración na mesa de Formación Continua coa intención de chegar a un acordo no plan de formación para o ano 2009.

O Plan de Formación ofertado pola AEAT para este ano é máis do mesmo, coas mesmas carencias que noutros anos en temas como a preparación para a promoción interna, cursos cunha duración ridícula (por exemplo, o curso de Prevención de Riscos Laborais para persoal do SVA Marítimo ten unha duración de 6 horas, cando o mínimo estipulado por lei serían 35 horas),etc...

Full story »

 

Axudas Acción Social para a formación en idiomas estranxeiros

23 Jun 2008

Mais información na CIG-AEAT chamando para o 981 61 68 89

A seguir fornecemos información sobre as axudas da AEAT para o estudo de idiomas estranxeiros, disponibilizadas hoxe na Intranet, ben como a relación dos distintos prazos para apresentar os pedidos para as axudas de Acción Social durante este ano 2008.

 

Cursos AEAT de Formación Continua 2008

12 Mai 2008
Email , Categorias: Información AEAT, Formación,

Mais información na CIG-AEAT chamando para o 981 61 68 89

Disponibilizamos a relación de cursos que tendes á vosa disposición na Intranet da AEAT; o pedido dos cursos faise de xeito telemático. Para todas aquelas persoas que NON tendes a chave para aceder á Intranet (sinaladamente, persoal do SVA), podedes anotarvos enviando un fax con o pedido.

No ficheiro que colocamos a seguir xa vai un modelo para se apontar e o número de fax de Formación, xa que a grabación do voso pedido xa é feita directamente en Madrid.

 

CIG apresenta reclamacións sobre a Promoción Interna

15 Abr 2008

Infórmate na CIG-AEAT chamando para o 981 61 68 89

Disponibilizamos os dous escritos de queixa a que a CIG acabou de dar entrada no Registro Xeral da AEAT, en data 11 de Abril de 2008, dirixidos ao servizos competentes da Axencia Tributaria en Madrid. O primeiro deles está virado para diversos aspectos dos procesos selectivos de Promoción Interna na AEAT en 2008; o segundo para os cursos de Formación Continua para o aceso ao CTH, ben como os temarios para a obtención da Especialidade Tributaria.

Xa agora podemos informar que de Recursos Humanos aseguran que facilitarán nesta semana as actualizacións e correccións oportunas dos temarios do CTH e da Especialidade Tributaria.

 

CIG apresenta queixa sobre os cursos obrigatórios

04 Mar 2008
Email , Categorias: Información AEAT, Formación,

Nos pasados dias fomos coñecedores da impartición dun curso de asistencia obrigatoria para Axentes de Inspeción que se vai realizar, no ámbito da AEAT de Galicia, na Delegación da Coruña, para os funcionarios da Coruña e Lugo, e na de Vigo, para os funcionarios destinados en Vigo, en Pontevedra e Ourense.

Non entendemos porque a AEAT, cos medios humanos e materiais que ten, non organiza este curso en cada unha das Delegacións galegas para evitar así o desprazamento dos funcionarios afectados (que nalgúns casos poden ser de 100 km de ida e outros 100 de volta), para facer un simple curso.

Full story »

 

Información sobre o Plano de Formación Continua para 2008

20 Fev 2008
Email , Categorias: Información AEAT, Formación,

Onte, dia 19, rematamos a negociación do Plan de Farmación Continua para o ano 2008 que, se ben non recolle todas as posas peticiáns, si a maioria delas, entre as que destacamos:

- Van existir, tanto cursos presenciais para a preparación de case todos os procesos de promoción interna, coma cursos de preparación a distancia (o que a AEAT chama cursos E` Learning).

- Garántese por escrito o dereito de todos os funcionarias a participar nos cursos de formación dentro da xornada laborai, estén destinados nunha Delegación ou nunha Administración, asi como de que éstes disponan dun lugar adecuado para facer os cursos, fóra do posto de traballo.

- Tamén recolle, como novidade, a preparación da promoción interna para os funcionarias da SVA, o nova Plan Xeral de Contabilidade, Prevención de Riscos, etc.

- Vanse manter os cursas de galego, para que todos os galegos destinados fóra poidan faceias en igualdade de condicións que os que están na nosa terra.

Full story »

 

Mesa de Formación Continua de 13 de Fevereiro de 2008

14 Fev 2008
Email , Categorias: Información AEAT, Formación,

Onte, dia 13, estivemos en Madrid na Mesa de Formación continua, onde a AEAT nos apresentou a súa oferta de formación para este ano. Nesta proposta, a AEAT pretende continuar coa formación para a promoción interna mediante cursos a distancia, suprimir o curso de promoción ao Grupo B Interministerial, eliminar tamén o curso de galego para o persoal destinado fóra de Galicia e que, a iniciativa da CIG, se incluira no Plan de Formación do ano pasado (con moítisimo éxito, por certo, xa que recibiu unha avalancha de máis de 500 solicitudes... )

Desde a CIG non podemos entender esta atitude, xa que o que está a facer a AEAT é privar os seus propios traballadores da súa formación. Neste sentido, deixamos ben claro as nosas reclamacións:

Full story »

 

Nova reunión da Mesa de Formación Continua

31 Jan 2007
Email , Categorias: Información AEAT, Formación,

O pasado día 30 estivemos na Mesa de Formación Continua da Axencia para o ano 2007. Nesta mesa a administración informounos do presuposto previsto para formación para o ano 2007 (1 millón de euros), e da nova proposta do proxecto do Plan de Formación Continua para o ano 2007.

Nesta nova proposta da administración quedaron recollidas moitas das accións formativas, que de xeito verbal e escrito, leva reclamando a CIG durante moito tempo.

Full story »

 

Mesa de Formación Continua

27 Jan 2007
Email , Categorias: Información AEAT, Formación,

O pasado día 24 estivemos na mesa de Formación para que a AEAT nos presentara as súas propostas en materia de formación continua para o ano 2007.Como sempre, a administración deixa todo para o último momento, xa que nos convoca só con marxe dunha semana para presentar o Plan de Formación Continua no MAP ( o día 31 de xaneiro é o día límite para que éste se presente no MAP).

Na proposta da administración desaparece a posibilidade de realizar os cursos para preparar a promoción interna de xeito presencial, agora todas as posibilidades para facer os curso de preaparación á promoción pasan por facelos "a distancia", e, en principio non se contempla outra opción.

Full story »

 

<< 1 2 3 4



Sede Nacional:
Delegación AEAT da Coruña

Telefone: 981 616 889
Fax: 981 127 222
Co-e: cigaeat[@]gmail.com


Quen somos na AEAT?
Ficha de Afiliación
Contacta
Abril 2021
Seg Ter Qua Qui Sex Sab Dom
 << <   > >>
      1 2 3 4
5 6 7 8 9 10 11
12 13 14 15 16 17 18
19 20 21 22 23 24 25
26 27 28 29 30    

Busca

Ligações

Web Oficial da Confederación Intersindical Galega
Formación Online
Gabinete Confederal Saúde Labora
Fundación para o Estudo e a Divulgación da Cuestión Social e Sindical en Galiza
Fundación para a Orientación Profesional, Emprego e Formación en Galiza
CIG Administración Pública

Ferramentas do usuário

Feeds XML

What is RSS?

Quem está online?

  • Usuários convidados: 2
Contadores

Contadores de visitas gratis para webCursosContadores de visitas gratis para web
free blog tool