Publicado no BOE concurso geral AEAT C1 e A2

24 Jul 2009

No BOE de hoxe foi publicada a resolución do concurso para os grupos C1 e A2. As vagas (prazas) da Galiza comezan na páxina 23. Para o próximo dia 27, está prevista a publicación do concurso de Axentes Tributarios.

 

Modificación concurso C2 - AEAT

16 Jul 2009
Email , Categorias: Información AEAT, Concursos,

A seguir disponibilizamos a modificación por erros do concurso do Subgrupo C2 que se publicou no BOE no dia de hoxe. Hai un novo prazo para a apresentación ou modificación de instancias de quince días úteis.

 

Convocado concurso subgrupo C-2

01 Jul 2009

Mais información na CIG-AEAT chamando para o 981 616 889

A seguir disponibilizamos resolución de 15 de xuño de 2009, publicado no BOE de hoxe, da presidencia da Agencia Estatal de Administración Tributaria, pola cal é convocado concurso xeral para a provisión de postos de traballo para o subgrupo C-2.

 

AEAT apresenta propostas para Concursos e Mobilidade Xeográfica

29 Abr 2009

Como continuación das reunións anteriores, hoxe tivemos reunión da Comisión de Seguimento da Mesa de Carreira Administrativa para tratar diversos aspectos pendentes de desenvolver do Acordo, entre os cais destacamos Concursos, Mobilidade Xeográfico e a Reclasificación Funcionarios Tramo 0.

A seguir disponibilizamos nota informativa dando comprida información sobre cada asunto, ben como as Propostas de Bases apresentadas pola AEAT para concurso específico para Subgrupo C1, especialidade de Axentes da Facenda Pública; para concurso xeral para Subgrupo C1 e Subgrupo A2; e para mobilidade xeográfica.

 

AEAT apresenta proposta sobre mobilidade xeográfica

03 Abr 2009

Mais información na CIG-AEAT chamando para o 981 616 889

Despois de moito tempo á espera e cun retraso de, nada menos, que oito meses segundo o calendario que marcaba o acordo de carreira, a AEAT convocounos onte para tratar o tema da mobilidade xeográfica.

A AEAT fíxonos entrega dunha ¿proposta? de mobilidade no mesmo momento de comezar a reunión. Da CIG non entendemos porqué a AEAT non entrega a documentación co tempo suficiente para estudala e, podermos así, facer chegar as nosas propostas para que sexan tamén estudadas pola administración.

Full story »

 

Oferta postos de traballo (ONGT) para Subgrupo C1

26 Mar 2009
Email , Categorias: Información AEAT, Concursos,

Mais información na CIG-AEAT chamando para o 981 616 889

A seguir disponibilizamos a oferta de prazas que sairon no Painel de Recuersos Humanos para funcionarios do Corpo Administrativo, subgrupo C1, ben como o formulario para realizar as peticións, caso sexa de interese:

 

Información procesos selectivos AEAT

08 Out 2008

Mais información na CIG-AEAT chamando para o 981 61 68 89

A seguir disponibilizamos información, a data 6 de Outubro de 2008, sobre o estado das distintas oposicións da AEAT que están en marcha este ano.

 

BOE publica resolución Concurso Auxiliares (C2)

14 Mai 2008
Email , Categorias: Información AEAT, Concursos,

Mais información na CIG-AEAT chamando para o 981 61 68 89

Disponibilizamos a seguir a resolución publicada hoxe no BOE do Concurso de Auxiliares (C2, 2007 G 01) cuxa convocatoria tiña sido publicada no dia 29 de Agosto. Parabéns ás/aos afortunadas/os:

 

Resolución do concurso de auxiliares pronta para ser asinada

08 Mai 2008
Email , Categorias: Información AEAT, Concursos,

Mais información na CIG-AEAT chamando para o 981 61 68 89

Hoxe perguntamos em Madrid sobre as datas previstas para a publicación do concurso de auxiliares (C2 - BOE 29-08-2007). Se bem as previsións iniciais eram que o concurso se publicaría a meados de Maio, a última información de que dispomos é que ainda non foi asinada a resolución do mesmo, cousa que nos dixerom será feita nestes dias. Depois disso, a resolución será enviada ao BOE para a sua publicación. Portanto, até finais as afortunadas e os afortunados terán de esperar até finais de Maio, aproximadamente.

 

Proposta definitiva adxudicación concurso Auxiliares (BOE 29-08-2007)

23 Abr 2008
Email , Categorias: Información AEAT, Concursos,

Infórmate na CIG-AEAT chamando para o 981 61 68 89

Xá está ultimada, e pronta para se publicar no BOE, a proposta para as adxudicacións definitivas do concurso de Auxiliares (C2). Ainda non foi asinada a Resolución do concurso, mais as previsións apontan para que, a mais tardar, sexa publicada a meados do mes de Maio.

 

Publicada oferta de prazas 2008 para o CTH

21 Abr 2008
Email , Categorias: Información AEAT, Concursos,

Prazo de apresentación de peticións finda no dia 30 de Abril ás 16h00

A seguir disponibilizamos oferta de vagas (postos) de traballo para o Cuerpo Técnico de Hacienda, prévia á oferta de vagas para as/os funcionarias/os de novo ingreso. Podedes consultar tamém esta información no Painel de Recursos Humanos:

 

Acaban traballos da Comisión de Valoración do Concurso C2 (BOE 29-08-2007)

03 Abr 2008
Email , Categorias: Información AEAT, Concursos,

Infórmate na CIG-AEAT chamando para o 981 61 68 89

Hoxe remataron as reunións da Comisión de Valoración do concurso de Auxiliares, pero ainda non está o concurso pechado, xa que, como xa sabedes segue aberto o prazo para renunciar (até o luns dia 7), polo que seguramente haberá mudanzas nas adxudicacións.

No que respeita ás prazas de Galicia, detectamos ainda erros non depurados na valoración dos cursos de galego (Méritos Específicos), e tamén algún erro pontual no apartado de "Trabajo Desarrollado", erros que se están a corrixir nestes dias.

Full story »

 

Proposta de adxudicación de postos Concurso C2 (BOE 29-08-2007)

02 Abr 2008
Email , Categorias: Información AEAT, Concursos,

Infórmate na CIG-AEAT chamando para o 981 61 68 89

Hoxe botouse un primeiro vistazo as prazas do concurso, pero aínda continuarán mañá os traballos da Comisión de Valoración. No que respecta as prazas de Galicia, detectamos aínda erros non depurados respecto a valoración dos cursos de galego (Méritos Específicos), e tamén no apartado de “Trabajo Desarrollado”, xa que hai concursantes aos que non se lles valorou neste apartado os traballos administrativos realizados na Xunta previamente ao seu paso á AEAT.

Aínda que son casos moi puntuais, non podemos entender cómo a estas alturas do concurso, a AEAT alega que non conta con esa información cando ésta se pode consultar por cada interesado mirando o seus datos na propia Intranet da Axencia.

Full story »

 

Avanzando no Concurso C2 (BOE 29-08-2007)

01 Abr 2008
Email , Categorias: Información AEAT, Concursos,

Infórmate na CIG-AEAT chamando para o 981 61 68 89

Durante todos estes dias está a haber actualizacións diarias dos listados do Concurso C2 - BOE 29-08-2007. A seguir, publicamos a explicación das claves "T" e "E" que aparecen no apartado de Mínimos (consulta que nos fixestes moitas de vós), pois hai prazas na Galiza em que todos os concursantes teñen esta clave e eses postos poden ficar vacantes. A posíbel baixada da puntuación mínima nese apartado verase mañá.

Interpretación das claves “T”, “E”, e “TE” no apartado “MINIMOS”

1. A estes efeitos, se no apartado “MÍNIMOS”, aparece un “T”, quere dicir que ese concursante non chega á puntuación mínima no apartado de “Trabajo Desarrollado”, polo que, en principio non pode resultar adxudicatario da praza.

2. Os que teñan no apartado “MÍNIMOS” un “E”, son os que non chegan á puntuación mínima no apartado de “Méritos Específicos”.

3. Os que teñen “TE”, non chegan á puntuación mínima nin no “TRABAJO DESARROLLADO”, nin en “MÉRITOS ESPECÍFICOS”.

Full story »

 

Novos listados do Concurso de Auxiliares (C2 - BOE 29-08-2007)

26 Mar 2008
Email , Categorias: Información AEAT, Concursos,

Infórmate na CIG-AEAT chamando para o 981 61 68 89

Hoxe tivemos a primeira tomada de contacto do concurso de Auxiliares. Como segue habendo moitos erros nas puntuacións non se viu ningunha praza, só se facilitou información de certos aspectos do concurso a nivel xeral.

Lembrai que os listados e as suas actualizacións están disponibilizados no Panel de RRHH na intranet da AEAT, neles xa aparecerá a puntuación do Plan Concilia e o "Informe do xefe" (as prazas da Galiza están nas páxinas 69 a 72, e 608 a 828).

Full story »

 

<< 1 2 3 4 5 6 7 8 9 >>



Sede Nacional:
Delegación AEAT da Coruña

Telefone: 981 616 889
Fax: 981 127 222
Co-e: cigaeat[@]gmail.com


Quen somos na AEAT?
Ficha de Afiliación
Contacta
Janeiro 2019
Seg Ter Qua Qui Sex Sab Dom
 << <   > >>
  1 2 3 4 5 6
7 8 9 10 11 12 13
14 15 16 17 18 19 20
21 22 23 24 25 26 27
28 29 30 31      

Busca

Ligações

Web Oficial da Confederación Intersindical Galega
Formación Online
Gabinete Confederal Saúde Labora
Fundación para o Estudo e a Divulgación da Cuestión Social e Sindical en Galiza
Fundación para a Orientación Profesional, Emprego e Formación en Galiza
CIG Administración Pública

Ferramentas do usuário

Feeds XML

What is RSS?

Quem está online?

  • Usuários convidados: 0
Contadores

Contadores de visitas gratis para webCursosContadores de visitas gratis para web
free blog tool