PARA A ÉLITE SI HAI CARTOS

05 Out 2014
Email , Categorias: Acción Social, Concursos,

É a política de Montoro e o seu Partido , darlle máis a quen máis ten a costa de sacarlle a quen menos ten.

concurso_inspectores.pdf

 

Provisión de postos (sentenza Panel CTH 2012)

25 Set 2014
Email , Categorias: Acción Social, Concursos,

Sentenza do Tribunal Superior de Xustiza de Baleares que anula a adxudicación de prazas a través dos Paneis

Sentenza_Panel.pdf

 

Relación de postos a convocar nos concursos para os corpos xerais da AEAT (C1 e C2).

27 Jun 2013
Email , Categorias: Concursos,

Tal e como nos temiamos e a pesar das nosas peticións, non aparece ningún posto en Galicia.

Postos_a_convocar_Concursos_C1_e_C2.pdf

 

Xuntanza Plan Concilia concursos 26 06 2013

27 Jun 2013
Email , Categorias: Concursos,

Nota informativa da xuntanza do 25 de xuño para negociar os criterios de aplicación da conciliación familiar nos concursos.

 

Xuntanza_Plan_Concilia_concursos.pdf

 

CONSTITUCIÓN DA COMISIÓN DE VALORACIÓN DO CONCURSO DE INSPECTORES (2013 A 01)

19 Jun 2013
Email , Categorias: Concursos,

Achegamos nota informativa sobre o concurso de Inspectores e os concursos pendentes.

 

Concurso_Inspectores_2013A01.pdf

 

Información previsión concursos

23 Mai 2013
Email , Categorias: Información AEAT, Concursos,

Segundo Recursos Humanos de Madrid, a previsión que se manexa para publicar os concursos é a seguinte:

- Primeira quincena de xuño: concurso C1 e C2 (corpos Xerais), sairán sobre unhas 150 vagas.
- Segunda quincena de xullo: concurso Axentes Tributarios, sobre 70-100 vagas.

Da CIG apresentaremos unha queixa pois parece ser que, en principio, non está previsto que saia convocada ningunha vaga para a Galiza nestes concursos. Non podemos entender como sendo unha das Delegacións Especiais en que se producen máis xubilacións non sexan convocadas vagas suficientes para que poda haber, no mínimo, un revezamento xeracional.

 

Información concursos

19 Abr 2013

Para a vosa información, as previsións que manexa a AEAT sobre concursos son as seguintes:

Concurso A1:

Será o primeiro en se publicar (iminente).

Concursos xerais (C1 e C2):

Previsiblemente a publicación será antes de finalizar o mes de maio.

Concurso Axentes Tributarios (C1):

A publicación está prevista para antes do mes de xullo.

Concurso A2 (Corpo Técnico de Facenda):

Será para despois do verao.

Para os concursos de Vixilancia Aduaneira, coméntannos que non hai previsións, de momento.

Está pendente tamén, previa á publicación dos concursos, a negociación dunhas novas bases relativas á aplicación dos pontos do Plano Concilia.

 

Info concursos

01 Mar 2013
Email , Categorias: Información AEAT, Concursos,

- Auxiliares, Administrativos e A2:

A convocatoria destes concursos está prevista para finais de marzo/principios de abril.

- Axentes Tributarios:

Publicarase o concurso na segunda quincena de abril coa idea de resolvelo antes do verán

- Panel Corpo Técnico de Facenda:

Abaixo disponibilizamos información sobre as vagas ofertadas através da intranet.

 

Publicacións adxudicacións concurso Corpo Técnico Facenda

24 Fev 2013

A seguir disponibilizamos ligazón para a resolución coa adxudicación dos postos do concurso 2012A02 (Corpo Técnico de Facenda) que foi publicada no BOE de onte.

 

Info atualizada concurso Corpo Técnico Facenda (2012 A 02)

13 Fev 2013
Email , Categorias: Información AEAT, Concursos,

Onte ficou concluído o concurso do Corpo Técnico de Facenda (2012 A 02). A AEAT informounos do seguinte:

- Teñen previsto disponibilizar a relación de adxudicatarios na Intranet corporativa.

- A resolución será publicada no BOE a finais de febereiro (dentro de 10-15 días).

- Está prevista a convocatoria dun "painel" para o Corpo Técnico antes de seren ofertadas as vagas á nova promoción de Técnicos que está pendente de tomar pose.

Temos os listados provisorios, actualizado a día de onte, correspondente ás vagas da Galiza. Se precisardes consultar o listado, contatai connosco.

 

Información concurso Corpo Técnico Facenda (2012 A 02)

31 Jan 2013
Email , Categorias: Información AEAT, Concursos,

Temos disponíbeis os listados coas puntuacións provisorias das vagas convocadas na Galiza. Se quixerdes consultalos ou se precisardes dados dalgunha outra vaga contatai connosco

Hoxe foi constituida formalmente a Comisión de Valoración do concurso cos seguintes temas a destacar:

- Prazo de Renuncias: até as 24 horas do dia 7 de febereiro. Poden ser feitas renuncias por vía telematica tanto totais como parciais.

- Foron apresentadas 1.583 peticións. Foron solicitadas un total de 27 localidades. Uns 34% solicitan Xestión, uns 26% Inspección e Recadación e os restantes 13% Aduanas.

- Foi aprobado o Plano Concilia de forma unilateral pola AEAT tal e como vos informamos no dia de onten.

Da CIG esperamos que sexa conseguida a mobilidade entre as provincias e que a AEAT respeite a carreira administrativa dos concursantes, evitando a baixada de tramo, tamén esperamos que sexan baixadas as pontuacións mínimas para non ficaren vagas sen ocupar.

Está previsto que o concurso sexa resolvido por volta do dia 12 de febereiro para poder ser publicado no BOE antes do fin dese mes.

 

Concurso CTH (2012 A 02)

29 Jan 2013
Email , Categorias: Información AEAT, Concursos,

Tal e como vos informábamos nos pasados días, amañá, cuarta feira, será a constitiución da Comisión de Valoración do concurso do Corpo Técnico de Facenda, onde serán tratados os criterios para a aplicación da pontuación relativa á conciliación familiar.

A seguir disponibilizamos o rascuño con a proposta da Administración:

 

Información concursos ( Auxiliares, Administrativos e Corpo Técnico de Facenda)

22 Jan 2013
Email , Categorias: Información AEAT, Concursos,

Corpos Xerais (Auxiliares e Administrativos):

Segundo nos informan de Recursos Humanos, nos próximos días teredes na Intranet o cuestionario de mobilidade para C2 e C1 (Corpos Xerais). Todas aquelas pesoas que estiveren interesadas deben preencher o cuestionario e asinalar as súas preferencias de mobilidade, todo isto con vistas aos concursos que serán publicados en breve.

Corpo Técnico de Facenda:

Tamén vos informamos que para a próxima semana (probabelmente na próxima terza feira, día 29 de xaneiro), terá lugar a constitución da Comisión de Valoración do concurso do CTH (publicado no BOE de 4/12/2012).

 

Publicación concurso Corpo Técnico Facenda

04 Dez 2012
Email , Categorias: Información AEAT, Concursos,

No BOE de hoxe sai publicado un concurso para o CTH.

Convocan tres vagas na Coruña (nº de orde: 31, 32 e 33) e como "resultas" catro máis tamén na Coruña (nº de orde: 109 a 112).

 

Información concurso Corpo Técnico de Facenda

25 Set 2012
Email , Categorias: Información AEAT, Concursos,

A seguir disponibilizamos información sobre un próximo concurso para o Corpo Técnico de Facenda. A partir do día 26, tereis, na Intranet, un cuestionario para coñecer as preferencias de mobilidade.

 

<< 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 >>



Sede Nacional:
Delegación AEAT da Coruña

Telefone: 981 616 889
Fax: 981 127 222
Co-e: cigaeat[@]gmail.com


Quen somos na AEAT?
Ficha de Afiliación
Contacta
Agosto 2019
Seg Ter Qua Qui Sex Sab Dom
 << <   > >>
      1 2 3 4
5 6 7 8 9 10 11
12 13 14 15 16 17 18
19 20 21 22 23 24 25
26 27 28 29 30 31  

Busca

Ligações

Web Oficial da Confederación Intersindical Galega
Formación Online
Gabinete Confederal Saúde Labora
Fundación para o Estudo e a Divulgación da Cuestión Social e Sindical en Galiza
Fundación para a Orientación Profesional, Emprego e Formación en Galiza
CIG Administración Pública

Ferramentas do usuário

Feeds XML

What is RSS?

Quem está online?

  • Usuários convidados: 0
Contadores

Contadores de visitas gratis para webCursosContadores de visitas gratis para web
free blog tool