Resolución do Concurso de Administrativas/os publicada no BOE

22 Fev 2008
Email , Categorias: Información AEAT, Concursos,

Como xa tíñamos informado, a resolución do Concurso de Administrativas/os (Subgrupo C1), sai publicada hoxe no BOE. Disponibilizamo-la pdf para descarregar:

 

Resolución do Concurso Subgrupo C1 (Grupo C)

19 Fev 2008
Email , Categorias: Información AEAT, Concursos,

Hoxe tamén nos informaron de que posiblemente a publicacián deste concurso sexa o día 22 de Febreiro. As instruccións que se deron desde a Subdirección de Xestián Administrativa de Persoal é que se cese a todos os adxudicatarios o día 25 de Febreiro para tomar como base o día 29 de febreiro para a aplicación do Acordo de Carreira Administrativa, polo que os funcionarios que teñan dereito a un mes para a toma de posesión terán que tomar a decisión de renunciar ao mes si queren que se Iles teña en conta o posto do concurso. Tamén se deron instruccións para que non haxa retencións, e especialmente, a quen puidese sair prexudicado por esa retención aos efectos da Carreira.

 

Contituída a Comisión de Valoración para o Concurso do Subgrupo C2 (Grupo D)

19 Fev 2008
Email , Categorias: Información AEAT, Concursos,

Resolución prevista para a 1ª ou 2ª semana de Abril

Hoxe tivemos unha reunión de trámite para constituir a Comisión de Valoración deste Concurso e así habilitar Admón. a solicitar os "Informes sobre aptitudes e rendementos no traballo desarrollado" (informe do xefe). Unha vez máis, a Admón., de xeito unilateral, e coa oposición de todas as organizacións sindicais, aprobou os criterios de avaliación deste informe.

Desde a CIG reiteramos unha vez máis a nosa total oposición a uns informes totalmente subxectivos e, en ocasións caprichosos, sin ningún tipo de motivación. Pedimos que se fagan públicos con anterioridade á resolución do Concurso, dando a cara e as explicacións oportunas, sin ampararse nun "a min non me preguntaron", "iso é cousa da Delegada/o" ou "eu informei ben pero debéronse equivocar".

Full story »

 

Novidades Concurso administrativas/os e auxiliares

13 Fev 2008
Email , Categorias: Información AEAT, Concursos,

Infórmate na CIG-AEAT chamando para o 981 61 68 89

Concurso Administrativos

Xa quedou definitivamente pechado o concurso do C1, hoxe remitíronnos as últimas mudanzas que se produciron nas adxudicacións como consecuencia das renuncias apresentadas ata o día 5 deste mes. Nesta semana remitirase ao director da AEAT para que asine a adxudicación e se publique no BOE do día 20 de Febreiro.

Concurso Auxiliares

A AEAT informounos de que para o vindeiro martes, dia 19, está prevista a constitución da Comisión de Valoración deste concurso. As previsións iniciais son que os traballos da Comisión comezaran en Marzo, cos primeiros listados, coa idea de rematar o concurso entre Marzo e Abril, a mais tardar. De momento, en RRHH están procedendo a realizar a grabación de todas as instancias apresentadas.

 

Novas adxudicacións Concurso C1 a 7 de Fevereiro de 2008

07 Fev 2008
Email , Categorias: Información AEAT, Concursos,

Infórmate na CIG-AEAT chamando para o 981 61 68 89

Xa dispomos do ultimísimo listado de adxudicacións do concurso C1... Esperamos sexa o definitivo, mais pode haber algunha renuncia pendente de procesar, portanto estaremos pendentes... (isto non acaba nunca)... Para conseguirdes o listado ou calquer outra dúvida, contactai connosco.

 

Concursos C e D (administrativos e auxiliares)

23 Jul 2007
Email , Categorias: Información AEAT, Concursos,

O pasado día 19 de xullo, a Administración facilitounos o listado das prazas que van sair no concurso para os grupos C e D que sairá nas próximas datas. Estas prazas son as que estaban pendentes de convocar desde hai polo menos dous anos, e se derivan do famoso Acordo de febreiro de 2004.

Según este acordo, o número de prazas comprometidas era de,como mínimo de 573 prazas de nivel 18 do grupo D e 525 prazas de nivel 20 do grupo C. Temos a vosa disposición o listado completo coas prazas.Se queres máis información podes poñerte en contacto cos delegados da CIG, mandar un correo a cigaeat[@]gmail.com, ou contactar co noso local sindical ao número 981 61 68 89 (carmen).

Full story »

 

Novidades do Concurso de Axentes

06 Mar 2007
Email , Categorias: Información AEAT, Concursos,

A reunión prevista para a reunión da Comisión do Concurso de Axentes aprazouse ata a próxima semana, é previsible que sexa o vindeiro día 13 de marzo, e que para esa data nos faciliten uns novos listados.

Temos a vosa disposición os primeiros listados do concurso de AXENTES de FACENDA PÚBLICA, se queredes algunha información sobre as plazas, postos...etc, podedes consultar o Panel de RRHH ou dirixirvos aos delegados da CIG.

Full story »

 

Previsións Concursos

30 Jan 2007
Email , Categorias: Información AEAT, Concursos,

CONCURSO INFORMÁTICA (2006 A 01.- Xa quedou pechada a Comisión de Valoración do concurso, que se reuniu por última vez o pasado 30 de xaneiro, xa quedaron todos os postos e próximamente se enviará ao BOE.

CONCURSO AXENTES (2006 A 02)- Todavía se están a preparar os listados provisionais, o retraso nos listados deste concurso ven motivado pola documentación adicional que se está pedindo para xustificar a puntuación da conciliación da vida familiar e laboral. As últimas previsións apuntan a que a reunión da Comisión terá lugar entre a segunda e a terceira semana de febreiro.

Full story »

 

Paralisado até ao dia 9 de Xaneiro o Concurso de Informática

21 Dez 2006
Email , Categorias: Información AEAT, Concursos,

Unha vez máis a Axencia Tributaria demóstranos como resolve os concursos:só importa que ao candidato "oficial" lle cheguen os puntos para obter o posto e para o resto dos concursantes xa se buscará algun motivo para que non molesten. Nesta ocasión os "motivos" foron os méritos específicos.

O manexo do concurso empeza coa convocatoria: convócanse os postos cuns méritos "adaptados" ao "candidato oficial". Non teñen reparo para pedir méritos distintos para postos similares sin ningunha explicación.Para os responsables da AEAT todos os méritos valen o mesmo: da igual ter, por poñer un exemplo, "experiencia en word" que "experiencia en análisis e desenvolvemento de aplicacións".

Full story »

 

Aplicación do Plano Concilia nos concursos

21 Nov 2006
Email , Categorias: Información AEAT, Concursos,

A proposta de criterios que previsiblemente rexirá para a aplicación do Plan Concilia nos Concursos de informática e de axentes da facenda pública, pódese resumir nos seguintes termos:

A puntuación que derive dos supostos de conciliación será como mínimo o 10% da puntuación máxima total do concurso.

Full story »

 

Os concursos na AEAT

14 Out 2006
Email , Categorias: Información AEAT, Concursos,

As duas últimas semanas estivemos asistindo á resolución do CG2004 e pudemos comprobar a famosa teoría de Peter "si algo é susceptible de empeorar, empeorará". Decimos esto a conto de que na Axencia nunca os concursos se resolveron de maneira adecuada, obxetivamente e con seriedade, pero o que vimos neste concurso roza o esperpento.

A maneira de exemplo podemos poñer o caso dunhas prazas para Pontevedra nas que con identicos méritos acreditados polos responsables de Departamento se puntuaban de distinta maneira, para aclararnos, o xefe do Departamento X expedía a tres funcionarios tres informes iguais exatamente e o/a superior de turno puntuabaos diferente.

Full story »

 

<< 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10



Sede Nacional:
Delegación AEAT da Coruña

Telefone: 981 616 889
Fax: 981 127 222
Co-e: cigaeat[@]gmail.com


Quen somos na AEAT?
Ficha de Afiliación
Contacta
Agosto 2020
Seg Ter Qua Qui Sex Sab Dom
 << <   > >>
          1 2
3 4 5 6 7 8 9
10 11 12 13 14 15 16
17 18 19 20 21 22 23
24 25 26 27 28 29 30
31            

Busca

Ligações

Web Oficial da Confederación Intersindical Galega
Formación Online
Gabinete Confederal Saúde Labora
Fundación para o Estudo e a Divulgación da Cuestión Social e Sindical en Galiza
Fundación para a Orientación Profesional, Emprego e Formación en Galiza
CIG Administración Pública

Ferramentas do usuário

Feeds XML

What is RSS?

Quem está online?

  • Usuários convidados: 1
Contadores

Contadores de visitas gratis para webCursosContadores de visitas gratis para web
free blog tool