Administración aplica 'novidades' na carreira vertical dos subgrupo A1 e A2

23 Out 2008
Email , Categorias: Información AEAT, Carreira,

Complemento específico do subgrupo A1 sobe mais de 3.000 euros

No dia 22 de outubro reunimos en Madrid a parte social e a administración para nos informar do decorrer das distintas fases do Acordo de Carreira Profisional, tal como acordáramos no dia 14 de outubro pasado, na Mesa Xeral.

A nosa surpresa foi grande cando descobrimos que através dunha resolución asinada por Luis Pedroche xa tiña sido aplicada a carreira vertical para 250 funcionarios do subgrupo A1 de nível 28, cunha subida do complemento específico de mais de 3.000 euros, e igualmente reclasificaran aproximadamente 40% dos grupos A2.

Full story »

 

Nota conxunta sobre o Acordo de Promoción Interna

12 Jun 2008

CIG AEAT aderiu ao acordo

A seguir disponibilizamos a nota conxunta sobre o Acordo de Promoción Interna, que foi ratificado onte na Mesa Xeral da AEAT. Na vindoiras semanas comezarán a ser estudados outros temas derivados do Acordo de Carreira Administrativa. Xa vos informaremos das novidades.

 

Acordo de Promoción Interna

04 Jun 2008

Disponibilizamos texto do acordo

No día de onte asistimos a reunións maratonianas para tratar de perfillar os criterios definitivos para a promoción interna, tal e como se estabelecía no Acordo de Carreira Administrativa.

Nunha primeira valoración consideramos a proposta da AEAT para promoción interna como boa, mais millorable; non se entra no “fundo” e non recolle moitas das nosas peticións: adaptación dos temas requeridos para superar as probas ao traballo que se vai desenvolver, redución de temarios, etc.. Tamén somos cépticos das ventaxas que poda ter a fórmula de concurso-oposición, posto que, obviamente, non saberemos a súa incidencia até que se puxer en marcha.

Full story »

 

Nova proposta da AEAT para Promoción Interna

30 Mai 2008

Disponibilizamos nova proposta apresentada pola AEAT na Mesa de Negociación de onte, 29 de Maio de 2008

Estes días asistimos de novo a diversas reunión da Mesa de Traballo de Carreira Administrativa para estudar as diferentes propostas da AEAT para a promoción interna. No día de onte, en sesións de mañá e tarde, estudamos até tres propostas distintas da Axencia, onde a CIG tratou de que fosen recollidas a totalidade das condicións xa fixadas no Acordo de Carreira Administrativa.

De momento, a AEAT, continua coa pretensión de deixar fóra da negociación os procesos selectivos da promoción interna ao Subgrupo A1, e a respeito da posibilidade de reducir materia segundo a antigüidade, vai propor a viabilidade ao MAP, mais sen marcar datas nin prazo algún.

Full story »

 

Rechazada proposta da AEAT para Promoción Interna

21 Mai 2008

Reunións continuarán para a semana próxima. Para xá, disponibilizamos copia da última proposta da administración

Nestes días temos asistido a diversas reunións para tratar coa AEAT os criterios para a promoción interna, segundo o establecido no Acordo de Carreira Administrativa. As propostas da AEAT pasan por deixar fóra da negociación a pasaxen para o Subgrupo A1 (para que todo continue na mesma) e facer unhas ponderacións distintas da fase de concurso e da de oposición, segundo se trate do acceso ao Subgrupo A2 ou ao Subgrupo A1.

Por outro lado, a Axencia pretente que, para gardar o aprobado dun ano para outro, sexan superados os exames cunha determinada pontuación mínima.

Full story »

 

Proposta da AEAT para Promoción Interna

20 Mai 2008

No futuro pasará a ser Concurso-Oposición

A seguir disponibilizamos a proposta da AEAT para a Promoción Interna, que, como sabedes, pasará a ser Concurso-Oposición depois do aprobado no Acordo de Carreira Administrativa.

Isto vaise tratar nun grupo de traballo que se reúne hoxe, as 11h00 en Madrid e do que a CIG fai parte. Facédenos chegar as vosas propostas e suxestións sobre este tema pois queremos contar coa vosa opinión.

 

Carreira Administrativa: Específicos 2008

22 Abr 2008
Email , Categorias: Información AEAT, Carreira,

Mais información na CIG-AEAT chamando para o 981 61 68 89

Disponbilizamos os específicos do Acordo de Carreira Administrativa actualizados ao ano 2008, coas cantidades mensais correspondentes a cada tramo segundo o Subgrupo. Esperamos sexa de utilidade.

 

Mesa de Seguimento do Acordo de Carreira Administrativa

12 Fev 2008
Email , Categorias: Información AEAT, Carreira,

Informamos que hoxe, ás 12h30 é que se reúne a Mesa de Seguimento do Acordo de Carreira Administrativa. Está previsto que se traten os seguintes puntos:

- Aclaracións sobre o cómputo da antigüidade, referido aos casos de integración, funcionarización...etc

- Postos de traballo afectados polos acordos de 2004

- Aplicación do acordo de Carreira Administrativa nos concursos de provisión convocados con anterioridade ao acordo de Carreira Administrativa (Administrativos e Auxiliares) e aplicación aos postos en adscripción provisional.

- Casos concretos: aplicación do acordo aos postos de Subxestor 1, Subgrupo C1, con especial horario.

Full story »

 

Acordo Carreira Administrativa e Profisional

31 Out 2007

A seguir disponibilizamos o Acordo da Carreira Administrativa, asinado nestes últimos dias ente a Axencia Tributaria e organizacións sindicais:

 

Reunión do grupo de traballo 17, 18 de Outubro sobre a Carreira Profisional

18 Out 2007
Email , Categorias: Información AEAT, Carreira,

Nas reunións desta semana seguimos a constatar o que xa viña sucedendo dende o mes de xullo: a Administración non está disposta a ceder en absoluto nas suas pretensións, demostrando unha gran irresponsabilidade por non poñer nada da sua parte para chegar a un Acordo.

Nestes dous días ( apenas unhas horas de reunión efectiva ) fomos debullando todo o texto do Acordo, e cedendo en cousas a parte social en aras de ir tendendo pontes de aproximación ás posturas, bastante intransixentes por certo, da AEAT.

Full story »

 

Reunión do dia 2 de Outubro do Grupo de Traballo da Carreira Profisional

03 Out 2007
Email , Categorias: Información AEAT, Carreira,

Na reunión do día de onte poidemos constatar que xa houbera varias reunións previas entre os sindicatos estatais e a AEAT ás que non foi convocada a CIG. Sabemos que os representantes destes sindicatos coñecían a proposta da Administración con moita máis antelación que nós. É evidente que a maioría dos sindicatos estatais non queren ver á CIG porque somos notarios molestos da súa realidade.

Con estes antecedentes non é de extrañar que as nosas siglas non figuren na proposta sindical "conxunta" presentada onte pola tarde á Administración, xa que non estamos dispostos a que ninguneen e menosprecien ao sindicalismo galego.

Full story »

 

Mesa Xeral AEAT do dia 26 de Xullo sobre a Carreira Administrativa e Profisional

27 Jul 2007
Email , Categorias: Información AEAT, Carreira,

A Administración convocou onte a toda a parte social á Mesa Xeral que se solicitara por todos os sindicatos nos días anteriores. Nesta Mesa Xeral a CIG asistiu atónita á actitude complaciente de todos os sindicatos ante a proposta da Administración de "deixalo pasar" e continuar as negociacións na segunda semana de setembro e así o fixemos saber.

Enriba da mesa non apareceron novas propostas; o discurso da AEAT baseábase en que en agosto teñen que coller vacacións e xa falaremos en setembro....n houbo, por parte de ningún sindicato nin unha crítica, nin un reproche...,só a CIG atreveuse a criticar esta actitude; parece coma se todos se esqueceran das concentracións e protestas da semana anterior ante incompetencia dos responsables da AEAT para ofrecer unha proposta decente de carrreira adminsitrativa.

Full story »

 

A AEAT provoca a ruptura das negociacións sobre a Carreira Profisional

18 Jul 2007
Email , Categorias: Información AEAT, Carreira,

As organizacións sindicais anuncian mobilizacións

Tras máis de dous meses de intento de "negociación" da Carreira Profesional e Administrativa dos empregados da Axencia Tributaria, e ante a continua provocación do Director da AEAT, dilatando de xeito premeditado a negociación cos Sindicatos, ao ser incapaz de abordar un tema de tanto calado e transcendencia para a mellora e modernización da Administración Tributaria, os Sindicatos participantes na "negociación", manifestamos o seguinte:

1) O Director da AEAT, Sr. Luis Pedroche, non quere avanzar na implantación dun sistema de loita eficaz contra o fraude, facendo caso omiso ao que dispuxo o Parlamento na Lei de Prevención do Fraude Fiscal.

Full story »

 

Grupo de traballo Carreira Profisional

12 Jul 2007
Email , Categorias: Información AEAT, Carreira,

Durante este martes e mércores tiveron lugar en Madrid intensas reunións do grupo de traballo encargado de elaborar unha proposta de carreira profesional e admva., para presentar na Mesa Xeral da AEAT.

Por desgracia, a postura intransixente e irresponsable da Administración imposibilitou chegar siquera a algún tipo de acercamento de ambas posturas. A AEAT pechouse en banda e enrocada no seu dogmatismo non quixo moverse nin un milímetro da sua postura inicial.

Full story »

 

Proposta conxunta sobre Carreira Profisional na AEAT

18 Jun 2007
Email , Categorias: Información AEAT, Carreira,

Todas as organizacións sindicais, autoexcluida GESTHA, conseguimos consensuar por unanimidade una PROPOSTA CONXUNTA SOBRE A CARREIRA ADMINISTRATIVA E PROFESIONAL DO PERSOAL DA AEAT, na que se garante un trato homoxéneo para todos os colectivos destinados na AEAT.

A proposta básease nun sistema de proporcionalidade, fixando as diversas posicións retributivas de cada grupo. Da proposta destacamos os aspectos máis importantes:

Full story »

 

<< 1 2 3 4 5 >>



Sede Nacional:
Delegación AEAT da Coruña

Telefone: 981 616 889
Fax: 981 127 222
Co-e: cigaeat[@]gmail.com


Quen somos na AEAT?
Ficha de Afiliación
Contacta
Agosto 2019
Seg Ter Qua Qui Sex Sab Dom
 << <   > >>
      1 2 3 4
5 6 7 8 9 10 11
12 13 14 15 16 17 18
19 20 21 22 23 24 25
26 27 28 29 30 31  

Busca

Ligações

Web Oficial da Confederación Intersindical Galega
Formación Online
Gabinete Confederal Saúde Labora
Fundación para o Estudo e a Divulgación da Cuestión Social e Sindical en Galiza
Fundación para a Orientación Profesional, Emprego e Formación en Galiza
CIG Administración Pública

Ferramentas do usuário

Feeds XML

What is RSS?

Quem está online?

  • Usuários convidados: 0
Contadores

Contadores de visitas gratis para webCursosContadores de visitas gratis para web
free blog