CIG apresenta escrito sobre asuntos pendentes na Carreira Administrativa

17 Fev 2010
Email , Categorias: Información AEAT, Carreira,

Mais información na CIG-AEAT chamando para o 981 616 889

A seguir disponibilizamos escrito apresentado pola CIG reclamando a Mesa de Carreira Administrativa e relación das cuestións que, nos días de hoxe, están sen desenvolver.

Se tiverdes algunha consulta ou dúbida sobre o Acordo de Carreira Administrativa é só contactardes connosco.

 

Complementos Específicos 2010

27 Jan 2010
Email , Categorias: Información AEAT, Carreira,

Mais información na CIG-AEAT chamando para o 981 616 889

A seguir disponibilizamos relación dos complementos específicos dos distintos Grupos -e escalóns- da Carreira Administrativa actualizados para o ano 2010.

 

Concursos e Carreira Administrativa

01 Out 2009

Mais información na CIG-AEAT chamando para o 981 616 889

A seguir disponibilizamos nota informativa sobre a reunión da Mesa de Carreira Administrativa de onten, na cal foron tratados asuntos como os concursos de mobilidade, o concurso de consolidación, a incorporación de funcionarios de promoción interna, alén de outros relativos novamente a vixilancia aduaneira, e persoal informático - clave HV.

Ainda, temos xá as bases iniciais dos concursos que sairán proximamente: SVA (consolidación) e CTH.

 

CIG apresenta escrito de queixa perante a AEAT

21 Set 2009

Mais información na CIG-AEAT chamando para o 981 616 889

A seguir disponibilizamos o escrito que acabamos de apresentar perante a Dirección de Recursos Humanos tocante á "pasividade" evidente da AEAT en asuntos como: mobilidades xeográfica e concursos, nomeacións funcionários promoción interna, carreira administrativa, saúde laboral e vixilancia aduaneira.

 

AEAT quer manter «informe do xefe» na Carreira Administrativa

02 Jul 2009
Email , Categorias: Información AEAT, Carreira,

Mais información na CIG-AEAT chamando para o 981 616 889

A seguir disponibilizamos nota informativa sobre a reunión da Mesa de Carreira Administrativa realizada no día de hoxe, ben como a nova proposta de Mobilidade Xeográfica que nos entregou a AEAT.

Para xá salientamos que da AEAT non responderon as propostas que apresentamos na reunión anterior e no novo rascuño que apresentaron á parte social teiman na manutención do «informe do xefe» para o aceso aos escalóns retributivos superiores da carreira administrativa.

 

Mobilidade xeográfica no debate

04 Jun 2009
Email , Categorias: Información AEAT, Carreira,

A seguir disponibilizamos nota informativa sobre a Mesa de Carreira Administrativa de hoxe, na cal foi tratado o asunto dos concursos de "Mobilidade Xeográfica". Achegamos, coa nota informativa, a proposta de Mobilidade que nos foi entregue na reunión e esperamos que a AEAT nos convoque próximamente coa resposta ás nosas peticións.

 

Info Mesa Seguimento Acordo Carreira Administrativa de 28 de maio de 2009

28 Mai 2009

Mais información na CIG-AEAT chamando para o 981 616 889

A seguir disponibilizamos nota informativa da Mesa de Carreira Administrativa que decorreu no día de hoxe e a acta da reunión cos acordos adoptados o pasado día 21 de maio.

 

Unidade sindical consegue avanzos na aplicación da Carreira Administrativa

21 Mai 2009

Mais información na CIG-AEAT chamando para o 981 616 889

A seguir disponibilizamos info sobre a Mesa de Carreira Administrativa do día de hoxe en que foron tratados asuntos como a reclasificación postos de entrada, o cómputo do período de práticas, cómputo da antiguidade no SVA (nos supostos de integración), ou a problemática nos postos con claves H.V. (informática - disponibilidade horária).

Se tiverdes cuestións para a súa intepretación ou esclarecimento nesta Mesa de Seguimento do Acordo podeis contatar connosco, dessa maneira poderemos incluilas na orde de traballos das próximas reunións en que, por sinal, xá foron confirmados asuntos como o estudo da consolidación do grau ou garantias retributivas na promoción interna.

 

AEAT apresenta propostas para Concursos e Mobilidade Xeográfica

29 Abr 2009

Como continuación das reunións anteriores, hoxe tivemos reunión da Comisión de Seguimento da Mesa de Carreira Administrativa para tratar diversos aspectos pendentes de desenvolver do Acordo, entre os cais destacamos Concursos, Mobilidade Xeográfico e a Reclasificación Funcionarios Tramo 0.

A seguir disponibilizamos nota informativa dando comprida información sobre cada asunto, ben como as Propostas de Bases apresentadas pola AEAT para concurso específico para Subgrupo C1, especialidade de Axentes da Facenda Pública; para concurso xeral para Subgrupo C1 e Subgrupo A2; e para mobilidade xeográfica.

 

AEAT non aplica Carreira Administrativa aos funcionarios do Tramo 0

21 Abr 2009
Email , Categorias: Información AEAT, Carreira,

A seguir disponibilizamos nota informativa sobre a "non aplicación", cuando menos neste mes, do Acordo de Carreira Administrativa aos funcionarios de novo ingreso e que están no Tramo 0.

Para terdes toda a información, disponibilizamos igualmente tanto a redación da acta que fixo a AEAT, como as nosas alegacións, feitas coa intención de que a reclasificación fose extensiva tamén aos funcionarios que xa levan un ano na AEAT e aos que lles correspondería tamén a reclasificación pertinente.

 

AEAT apresenta proposta sobre mobilidade xeográfica

03 Abr 2009

Mais información na CIG-AEAT chamando para o 981 616 889

Despois de moito tempo á espera e cun retraso de, nada menos, que oito meses segundo o calendario que marcaba o acordo de carreira, a AEAT convocounos onte para tratar o tema da mobilidade xeográfica.

A AEAT fíxonos entrega dunha ¿proposta? de mobilidade no mesmo momento de comezar a reunión. Da CIG non entendemos porqué a AEAT non entrega a documentación co tempo suficiente para estudala e, podermos así, facer chegar as nosas propostas para que sexan tamén estudadas pola administración.

Full story »

 

Reunión da Mesa Técnica de Seguimento da Carreira Administrativa

13 Mar 2009
Email , Categorias: Información AEAT, Carreira,

Mais información na CIG-AEAT chamando para o 981 616 889

Como era de xustiza, ao final a AEAT confirmounos que se realizará a reclasificación dos funcionarios que a data de 14/11/07 estaban situados no tramo 0 de Carreira Administrativa e tiñan menos de 2 anos de antigüidade, pasando automaticamente ao tramo 1 de carreira.

Os efeitos económicos serán do día 1 de decembro de 2008, ou sexa, perceberán os atrasos correspondentes. Seguramente os funcionarios que se encontraren neste caso terán que esperar á nómina de abril para ver a reclasificación.

Full story »

 

Incomparecencia de CCOO fai con que a Administración anule reunión da Mesa da Carreira Administrativa

05 Mar 2009
Email , Categorias: Información AEAT, Carreira,

CIG AEAT informa sobre a «non reunión» de Carreira Administrativa marcadda para o día de onte

Como comentamos na nota informativa do pasado luns, onte de mañá estábamos convocados a unha reunión de Carreira Administrativa para tratar tanto a reclasificación dos funcionarios de novo ingreso como para fixar un calendario de reunións sobre os temas pendentes (concursos, promoción interna, carreira vertical, etc...).

Pois ben, debido a incomparecencia dos compañeiros de CCOO (que estaban tamén convocados), a AEAT decidiu anular a reunión, polo cal non se puido tratar ningún dos temas previstos. Neste sentido, a CIG apresentou unha queixa pola pouca seriedade que se está a demostrar por parte dos responsables da AEAT nos últimos tempos.

Full story »

 

Info sobre a Mesa de Carreira Administrativa

03 Mar 2009
Email , Categorias: Información AEAT, Carreira,

Mais información na CIG-AEAT chamando para o 981 616 889

Divulgamos nota informativa da reunión dos pasados días da Mesa de Carreira Administrativa. Para xa confirmamos que teremos nova reunión este mércores, 4 de Marzo, (ás 11:30 horas) para tratar a reclasificación dos funcionarios de novo ingreso e, nese mesmo día á tarde, para fixar un calendario de asuntos a tratar sobre a Carreira Administrativa.

 

CIG-AEAT protesta polo retraso na reclasificación do Subgrupo C2 (Auxiliares)

05 Fev 2009
Email , Categorias: Información AEAT, Carreira,

Disponibilizamos complementos específicos de todos os subgrupos e tramos de carreira administrativa actualizados ao ano 2009

Como xa sabedes, o paso ao seguinte tramo de Carreira Administrativa dos funcionarios do Subgrupo C2 que tivesen a antigüidade suficiente, debía figurar xa na nómina de xaneiro. Unha vez máis, a AEAT retrasa a reclasificación para a próxima nómina, iso sí, con efeitos económicos de 1 de xaneiro.

Non podemos comprender por que tendo tempo suficiente para preparar as reclasificacións (pois o Acordo é de novembro de 2007), da Dirección de RHH non se dan as instrucións oportunas para que as reclasificacións sexan realizadas nas datas asinaladas.

Full story »

 

<< 1 2 3 4 5 >>



Sede Nacional:
Delegación AEAT da Coruña

Telefone: 981 616 889
Fax: 981 127 222
Co-e: cigaeat[@]gmail.com


Quen somos na AEAT?
Ficha de Afiliación
Contacta
Agosto 2019
Seg Ter Qua Qui Sex Sab Dom
 << <   > >>
      1 2 3 4
5 6 7 8 9 10 11
12 13 14 15 16 17 18
19 20 21 22 23 24 25
26 27 28 29 30 31  

Busca

Ligações

Web Oficial da Confederación Intersindical Galega
Formación Online
Gabinete Confederal Saúde Labora
Fundación para o Estudo e a Divulgación da Cuestión Social e Sindical en Galiza
Fundación para a Orientación Profesional, Emprego e Formación en Galiza
CIG Administración Pública

Ferramentas do usuário

Feeds XML

What is RSS?

Quem está online?

  • Usuários convidados: 0
Contadores

Contadores de visitas gratis para webCursosContadores de visitas gratis para web
free blog