CONCURSOS C1 E C2

09 Mar 2015
Email , Categorias: Acción Social,

O pasado 5 de marzo reuniuse a Comisión de Valoración dos concursos C1 e C2 (que eran os que estaban destinados a captar persoal de Correos así como doutros Ministerios). A AEAT fíxonos saber que o prazo de renuncias rematará o día 12 de marzo ás 24 horas. As datas previstas para a resolución definitiva destes concursos serán o día 17 de marzo para o concurso do C1 e o 18 de marzo para o C2. A publicación no BOE da resolución cos adxudicatarios será o 31 de marzo. Tamén nos informou que os adxudicatarios do Panel xa formalizaron a renuncia a estes concursos (condición ineludible para levar praza por panel).

 

CURSOS INAP

03 Fev 2015
Email , Categorias: Acción Social,

Aviso da intranet sobre as actividades formativas do INAP.

http://www.boe.es/boe/dias/2015/01/23/pdfs/BOE-A-2015-580.pdf

 

CONVOCATORIA DE AXUDAS DE PROTECCIÓN SOCIOSANITARIA DE MUFACE

03 Fev 2015
Email , Categorias: Acción Social,

Achegamos enlace á resolución coa convocatoria das axudas de Muface relativas á protección sociosanitaria ( axudas para facilitar a autonomía persoal, axudas para gastos de procesos psiquiátricos, terapias dirixidas a persoas drogodependentes, permanencia en centros de día, compra de alimentos para celíacos, axudas para enfermos oncolóxicos, etc.)

http://www.boe.es/boe/dias/2015/02/03/pdfs/BOE-A-2015-985.pdf

 

PLAN DE ACCIÓN SOCIAL 2015

30 Jan 2015
Email , Categorias: Acción Social,

Hoxe comezamos a negociación para o Plan de Acción Social deste ano. As cousas comezaron mal, pois a Administración non pensa moverse nin un milímetro do presupuestado nos orzamentos do estado, polo que volvemos ter os mesmos cartos que o ano pasado (2.330.700 euros). Desde a CIG expuxémoslle claramente que se é así, que non conten con nós. Ben vimos que para a posta en marcha do Plan Especial de Actuacións deulles igual os cartos presupostados e fixeron o que lles petou, repartindo cartos a mansalva entre os A1 e persoal de libre designación, mentres que aos grupos baixos desta casa teñen que facer malabarismos para cobrar 30 euros para unha axuda de saúde.

Accion_Social_15.pdf

 

O PP E A VOZ DE GALICIA ATACAN Á CIG CON MENTIRAS

06 Nov 2014
Email , Categorias: Acción Social,

Responsábeis sindicais da CIG compareceron publicamente para denunciar unha manobra político-mediática que pretende danar a imaxe da central, asociando un informe do Consello de Contas sobre formación á operación Zeta. A central nacionalista realizará unha denuncia na Fiscalía para que quede irrefutabelmente probado que por parte da CIG non houbo utilización fraudulenta nin delituosa no uso destes fondos públicos. http://www.galizacig.gal/avantar/nova...

http://www.youtube.com/watch?v=wDKPd5k5JVw&feature=youtu.be&a

 

OPOSICIÓNS AO CORPO TÉCNICO CONVOCADAS NO B.O.E

30 Out 2014
Email , Categorias: Acción Social,

No día de hoxe publicouse no BOE a convocatoria da oposición do Corpo Técnico de Facenda, tanto de interna coma de libre, correspondente á Oferta de Emprego Público do ano 2014.

http://www.boe.es/boe/dias/2014/10/30/pdfs/BOE-A-2014-11087.pdf

 

ALGUÉN NA ADMÓN. DA AEAT EN SANTIAGO SUFRE DE GALEGOFOBIA

30 Out 2014
Email , Categorias: Acción Social,

A Mesa pola Normalización Lingüística solicita da AEAT que lle remita unha notificación en galego, un dereito que aos galegos e galegas nos corresponde por Lei, e a resposta da Administración non foi outra que multar con 150€ á Mesa  por resistencia e obstrucción ás actuacións da Admón. Tributaria.

Dende a CIG-AEAT esiximos dos responsables da AEAT na Galiza que cursen as instruccións oportunas para que cesen os ataques ao noso idioma e calqueira cidadán ou cidadá do noso País poda relacionarse coa AEAT na lingua propia da Galiza

. http://www.carloscallon.com/2014/10/detenamos-represion-contra-nosa-lingua.html?spref=tw

 

PUBLICACIÓN DO CALENDARIO LABORAL 2015

28 Out 2014
Email , Categorias: Acción Social,
 

PETICIÓN DE REACTIVACIÓN DA CARREIRA ADMINISTRATIVA

17 Out 2014
Email , Categorias: Acción Social, Carreira,

Dende a CIG consideramos indignante que mentras á maioría do persoal se lle paraliza a carreira adva. despois de sufrir todo tipo de conxelacións e recortes salariais e de dereitos, ao que máis gañan solucionáselle a carreira cun concurso feito á medida que ademáis permite a promoción, non como ao resto do persoal, e se lle adxudican uns específicos de verdadeiro escándalo

PETICION_CARREIRA.pdf

 

SEGUE A NEGOCIACIÓN DO SISTEMA DE MOBILIDADE POR PANEL

09 Out 2014
Email , Categorias: Acción Social, Concursos,

Desde a CIG insistimos nas nosas peticións: -

Compromiso de convocatoria de concursos todos os anos e en todas as áreas. -Que non se penalice pola mobilidade a ningún dos adxudicatarios, teña o tramo de carreira que teña. - Posibilidade de participación de todos, incluidos aqueles que leven menos de 18 meses no posto. - Que se valore, coa ponderación necesaria, a antigüedade en todos os subgrupos, corpos e escalas. - Bases claras e obxectivas.

 

sistemamobilidade.doc

 

PARA A ÉLITE SI HAI CARTOS

05 Out 2014
Email , Categorias: Acción Social, Concursos,

É a política de Montoro e o seu Partido , darlle máis a quen máis ten a costa de sacarlle a quen menos ten.

concurso_inspectores.pdf

 

INFORMACIÓN DA MESA DE FUNCIÓN PÚBLICA

26 Set 2014
Email , Categorias: Acción Social,

O Goberno do Partido Popular só nos vai a ingresar, na nómina de xaneiro, a cuarta parte da paga extra de 2012, o que incumple as sentenzas xudiciais sobre o tema. Ao mesmo tempo anuncian unha nova conxelación salarial para 2015

mesafuncionpublica.pdf

 

Provisión de postos (sentenza Panel CTH 2012)

25 Set 2014
Email , Categorias: Acción Social, Concursos,

Sentenza do Tribunal Superior de Xustiza de Baleares que anula a adxudicación de prazas a través dos Paneis

Sentenza_Panel.pdf

 

DEMANDA DE OFERTA DE EMPREGO PÚBLICO NO SVA

23 Set 2014

A CIG denuncia a escasa, por non decir nula, oferta de emprego público para Vixiancia Aduaneira. O caso de Galiza é un claro exemplo de que ou hai OEP ou as bases marítimas están abocadas a desaparecer a curto prazo.

Escrito_emprego_VA.pdf

 

NOVA UNIFORMIDADE PARA ADUANAS

15 Set 2014
Email , Categorias: Acción Social,

Resolución do Departamento de Aduanas sobre uniformidade e identificación do persoal de Vixiancia Aduaneira

Uniformidade_Aduanas.pdf

 

<< 1 ... 4 5 6 7 8 9 10 11 12 13 14 15 >>