A CIG lanza unha campaña de mobilizacións pola recuperación de dereitos laborais e sociais

23 Dez 2016
Email , Categorias: Acción Social, Info Xeral,

O secretario xeral da CIG , Suso Seixo, compareceu esta mañá en rolda de prensa, acompañado polo secretario confederal de Comunicación, Francisco Miranda Vigo, para anunciar unha campaña de mobilizacións pola recuperación de dereitos laborais e sociais que, polo momento, se traduce na convocatoria dunha manifestación nacional en Compostela, o 28 de febreiro, en defensa das pensións; concentracións comarcais o 14 de febreiro e mobilizacións o 10 de marzo, sen descartar cara os meses de abril ou maio a convocatoria dunha folga xeral. http://www.cig.gal/nova/a-cig-lanza-unha-campana-de-mobilizacions-pola-recuperacion-de-dereitos-laborais-e-sociais.html

 

OPOSICIÓNS ADMINISTRACIÓN DO ESTADO

23 Dez 2016
Email , Categorias: Acción Social,

No BOE de hoxe publícase a resolución do INAP polo que se aproba a lista de admitidos e excluídos, data, lugar e hora de exame dos seguintes procesos selectivos: - Corpo Xeral Auxiliar da Admón do Estado - Corpo Xeral Administrativo da Admón. do Estado - Técnicos Auxiliares de Informática - Xestión da Admón. Civil do Estado - Xestión de Sistemas e Informática da Admón. do Estado http://www.boe.es/boe/dias/2016/12/23/pdfs/BOE-A-2016-12243.pdf

 

A CIG, O SINDICALISMO CONSECUENTE

29 Nov 2016
Email , Categorias: Acción Social,

O programa "Salvados" emitido por La Sexta o pasado domingo sobre Mercadona está xerando unha acalorada polémica e abre un debate sobre as condicións laborais e a vulneración das liberdades sindicais dentro da empresa. Falamos con María López, delegada pola CIG e unha das protagonistas do programa que nos debulla polo miúdo como son as relacións laborais en Mercadona, que ocorre co persoal que cae enfermo , en que consiste o "sistema calidade total", cal é o papel que xogan CCOO e UGT, ou como utiliza a compañía a prima de beneficios para influír no comportamento das traballadoras e traballadores.

http://www.cig.gal/nova/maria-lopez-eu-non-actuo-dende-o-resentimento-eu-fago-sindicalismo.html

 

HORARIO REDUCIDO DE VERÁN POR CONCILIACIÓN FAMILIAR

13 Mai 2016
Email , Categorias: Acción Social,

A Resolución de 25 de novembro de 2015, da Secretaría de Estado de Administraciones Públicas, amplía o horario reducido de verán (pasaría a ser do 1 de xuño ao 30 de setembro) para todo o persoal que teña fillos, descendentes ou persoas suxeitas a tutela de ata 12 anos de idade. O Departamento de RR.HH acaba de comunicar que vai proceder a dar a alta de xeito automático e sen solicitude previa a todo o persoal que, conforme aos datos dos que dispoña, teña fillos menores de 12 anos.

 

XESTIÓN PÚBLICA DO FONDO DE PENSIÓNS DA ADMÓN. XERAL DO ESTADO

13 Mai 2016
Email , Categorias: Acción Social,

Iniciativa a prol dunha xestión pública do Fondo do Plan de Pensións da Administración Xeral do Estado

A normativa española que regula os fondos de pensións, está xerarquicamente sometida ó Dereito da Unión Europea tal e como establece a Directiva 2003/CE do Parlamento Europeo e do Consello, de 3 de xuño de 2003, relativa a actividades de Fondos de Pensións de Emprego. Esta norma permite que unha Administración Pública, como pode ser a Tesourería Xeral da Seguridade Social, chegase a xestionar os fondos privados de pensións, sempre e cando se trate de fondos de modalidade de emprego, como é o caso do Fondo do Plan de Pensións da Administración Xeral do Estado. EFICACIA NA XESTIÓN: A Tesourería da Seguridade Social é un xestor extraordinario e prudente de todo tipo de activos patrimoniais e habituada a xestionas fondos de pensións de capitais custe. GARANTIA PATRIMONIAL: Os grandes grupos financeiros privados son susceptibles de quebra. Para mostra o recentemente acontecido coa crise bancaria que necesitou dun rescate con fondos públicos para evitar a súa quebra, pondo de releve as graves deficiciencias na supervisión financeira, tanto nos casos particulares como en relación co sistema financeiro no seu conxunto. Sendo un Organismo Público o depositario e xestor do fondo, evitaríase a incertidume, e garantiríanse os depósitos. IMPACTO SOBRE INGRESOS PÚBLICOS: Os importes percibidos por comisións da Entidade Xestora e Entidade Depositaria (3.020.467,68 Euros e 604.093,45 Euros respectivamente) pasarían a acrecentar os ingresos patrimoniais da Seguridade Social no caso de que a Tesourería Xeral asumise a xestión e depósito do Fondo do Plan de Pensións. EFECTO CHAMADA: A transmutación da xestión e deposito privados a unha xestión e depósitos público, podería producir un efecto chamada e, en consecuencia, un incremento dos ingresos patrimoniais en cuestión.

fondo_pensions.doc

 

ACCIÓN SOCIAL 2016

14 Abr 2016
Email , Categorias: Acción Social,

Na intranet corporativa xa saíu publicada a convocatoria de axudas de Acción Social para o 2016​ O prazo para presentar as solicitudes ábrese para todas as axudas o vindeiro 18 de abril e son máis cortos que en anos anteriores. O martes xa estarán á vosa disposición os modelos de solicitude en papel para todos aqueles que non poidan presentalo a través da Intranet.

 

ESCRITO PRESENTADO POLA CIG SOBRE PRAZAS E CONCURSOS NO SVA

14 Abr 2016
Email , Categorias: Acción Social, Concursos,

A CIG considera escasa a OEP de 2015 e 2016 para cubrir as necesidades do SVA en Galiza

escritoprazas.pdf

 

RESOLUCIÓN PANEL CTH

06 Abr 2016
Email , Categorias: Acción Social,

listadopanel_cth.pdf

As tomas de posesión dos adxudicatarios terán lugar no mes de xullo.

 

AXUDAS DE MUFACE DE PROTECCIÓN SOCIOSANITARIA

14 Dez 2015
Email , Categorias: Acción Social,

Resolución coa convocatoria das axudas de Muface relativas á protección sociosanitaria ( axudas para facilitar a autonomía persoal, axudas para gastos de procesos psiquiátricos, terapias dirixidas a persoas drogodependentes, permanencia en centros de día, compra de alimentos para celíacos, axudas para enfermos oncolóxicos, etc.)

http://www.boe.es/boe/dias/2015/12/05/pdfs/BOE-A-2015-13233.pdf

 

CONVOCATORIA DE PROCESOS SELECTIVOS NA AXE

03 Nov 2015
Email , Categorias: Acción Social,

No BOE de hoxe saen as convocatoria dos seguintes procesos selectivos dos Corpos da Admón. Xeral do Estado (libre e interna): - Corpo Xeral Auxiliar - Corpo Xeral Administrativo - Técnicos Auxiliares de Informática - Corpo de Xestión da Admón. Civil do Estado -Corpo de Xestión de Sistemas e Informática

 

http://www.boe.es/boe/dias/2015/11/03/pdfs/BOE-A-2015-11843.pdf

 

A CIG DENUNCIA Á AEAT DIANTE DO TRIBUNAL DE CUENTAS

10 Out 2015
Email , Categorias: Acción Social,

A CIG ven de denunciar diante do Tribunal de Cuentas o despilfarro que supón pagar ata 500€/hora extra que cobraron algúns dirixentes da AEAT ao amparo do Plan Especial de Intensificación  de Actuacións. O devandito Plan supuxo un desembolso de 2 millóns de euros na Galiza e de arredor de 50 millóns en todo o Estado. Mentras para a carreira profesional non hai nin un centavo.

http://www.galizacig.gal/avantar/novas/9-10-2015/cig-leva-ao-tribunal-contas-as-cantidades-desorbitadas-e-o-reparto-discrecional-da-p

 

INFORMACIÓN SOBRE CRITERIOS DE DISFRUTE DE VACACIÓNS E MOSCOSOS

25 Set 2015
Email , Categorias: Acción Social,

A CONTINUACIÓN TRANSCRIBIMOS LITERALMENTE OS CRITERIOS DO DIRECTOR DE RR.HH SOBRE O DISFRUTE DE VACACIÓN E MOSCOSOS Á VISTA DA RESOLUCIÓN DE 16 DE SETEMBRO DE 2015

 

A la vista de la Resolución resultan destacables los siguientes aspectos: 1.- El incremento de los días de vacaciones por años de antigüedad, tendrá efectos desde el día siguiente al cumplimiento de los años de servicio, no al año siguiente. 2.- Los días de vacaciones se podrán disfrutar hasta él 31 de enero del año siguiente. 3.- Los días de permiso por asuntos particulares serán 6. A partir del sexto trienio estos días serán dos adicionales, incrementándose, como máximo, en un día adicional por cada trienio cumplido a partir del octavo. 4.- Cuando por razones del servicio no se pudieran disfrutar los días de permiso por asuntos particulares antes de finalizar en mes de diciembre, podrá concederse hasta el 31 de enero siguiente. 5.- Por razones de servicio, los días de permiso por asuntos particulares, los de vacaciones y los adicionales previstos por el RD Ley 10/2.015, podrán acumularse. 6.- Los días adicionales de vacaciones previstos por el RD Ley 10/2015 de 11 de septiembre, se pueden disfrutar de forma independiente.

 

CONVOCATORIA DE OPOSICIÓNS PARA AXENTES DA FACENDA PÚBLICA (AEAT)

25 Set 2015
Email , Categorias: Acción Social,

Neste enlace tedes a convocatoria para o proceso selectivo de Axentes de Facenda Pública, correspondente á Oferta de Emprego Público deste ano (libre e interna). O prazo para presentar a instancia é de 20 días naturais.

http://www.boe.es/boe/dias/2015/09/23/pdfs/BOE-A-2015-10210.pdf

 

A CIG NA PRENSA DENUNCIANDO DESMANTELAMENTO SVA

17 Set 2015
Email , Categorias: Acción Social,
 

GRAZAS ! MOITAS GRAZAS !

29 Abr 2015
Email , Categorias: Acción Social,

Moitas grazas a todos e todas que participaron con nós nas candidaturas, en especial ao persoal laboral de Vigo.

Moitas grazas a todos os que nos votaron

Moitas grazas a todas as que nos axudaron neste proceso.

GRAZAS A TODAS E TODOS VOS A CIG SEGUE A SER CENTRAL SINDICAL MAIORITARIA ENTRE O PERSOAL DA AEAT NA GALIZA.

CA CIG NA RÚA, A LOITA CONTINÚA !

NA DEFENSA DOS SERVIZOS PÚBLICOS, AVANTE O SINDICALISMO NACIONALISTA E DE CLASE !!!

 

<< 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 11 12 >>



Sede Nacional:
Delegación AEAT da Coruña

Telefone: 981 616 889
Fax: 981 127 222
Co-e: cigaeat[@]gmail.com


Quen somos na AEAT?
Ficha de Afiliación
Contacta
Junho 2019
Seg Ter Qua Qui Sex Sab Dom
 << <   > >>
          1 2
3 4 5 6 7 8 9
10 11 12 13 14 15 16
17 18 19 20 21 22 23
24 25 26 27 28 29 30

Busca

Ligações

Web Oficial da Confederación Intersindical Galega
Formación Online
Gabinete Confederal Saúde Labora
Fundación para o Estudo e a Divulgación da Cuestión Social e Sindical en Galiza
Fundación para a Orientación Profesional, Emprego e Formación en Galiza
CIG Administración Pública

Ferramentas do usuário

Feeds XML

What is RSS?

Quem está online?

  • Usuários convidados: 0
Contadores

Contadores de visitas gratis para webCursosContadores de visitas gratis para web
b2