ESCRITO DIRIXIDO Á COMISIÓN DE SAÚDE LABORAL

16 Mar 2020
Email , Categorias: Acción Social,

Por parte de esta Central Sindical hemos tenido conocimiento de que se están cursando órdenes , en algunas bases del SVA en Galicia, de seguir con salidas rutinarias como si no pasara nada mientras en otras Regionales están mandando a la gente para casa.
Dada la gravedad de la situación, creada por el coronavirus, nos parece de una temeridad absoluta poner en riesgo la salud de los trabajadores sin necesidad.
Por lo tanto instamos a que, tanto desde el Regional de Aduanas de Galicia como desde la Dirección Adjunta del SVA, se cursen las instrucciones oportunas para que todo el personal marítimo y terrestre se ausente del trabajo quedando unas tripulaciones y unos equipos de retén por si fuera estrictamente necesario incorparase a la mayor brevedad posible.
No podemos jugar con la salud del personal para hacer trabajos rutinarios.

Galicia 16 de marzo de 2020
SUBDIRECTOR GENERAL DE RELACIONES LABORALES

 

PLANIFICACIÓN TAREFAS DO SVA POLO CORONAVIRUS

16 Mar 2020
Email , Categorias: Acción Social,

PLANIFICACIÓN TAREFAS DO SVA POLO CORONAVIRUS

A Delegación Especial da AEAT en Galicia dictou onte, día 15, un PROTOCOLO PARA A IMPLANTACIÓN DE MEDIDAS CONTEMPLADAS NA RESOLUCIÓN DO SECRETARIO DE ESTADO DE POLÍTICA TERRITORIAL E FUNCIÓN PÚBLICA POLA QUE SE COMPLEMENTA A RESOLUCIÓN, DE 10 DE MARZO DE 2020, DE MEDIDAS A ADOPTAR NOS CENTROS DE TRABALLO DEPENDENTES DA ADMINISTRACIÓN XERAL DO ESTADO CON MOTIVO DO COVID-19. Na citada resolución non se especifica a organización do traballo na Área de Aduanas-SVA estando o personal con dubidas razonables sobre como actuar. Postos en contacto ca Rexional de Aduanas aclararonnos que ao longo desta mañá se darán as instruccións pertinentes tanto para o marítimo como o terrestre. Agardamos que así o fagan pois xa imos con retraso respecto ao resto de personal da AEAT:

Galiza, 16/03/20.

 

ESTADO DE ALARMA

15 Mar 2020
Email , Categorias: Acción Social,

Real Decreto 463/2020, de 14 de marzo, por el que se declara el estado de alarma para la gestión de la situación de crisis sanitaria ocasionada por el COVID-19.

PDF (BOE-A-2020-3692 - 11 págs. - 295 KB)

https://boe.es/boe/dias/2020/03/14/

 

PLAN DE ACTUACIÓN DA AEAT FRONTE AO CORONAVIRUS

12 Mar 2020
Email , Categorias: Acción Social,

Medidas preventivas de carácter colectivo e individual

 

planaeatcorona.pdf

 

CORONAVIRUS

10 Mar 2020
Email , Categorias: Acción Social, Info Xeral,

Achegamos o escrito que acabamos de presentar solictando medidas urxentes e inmediatas en relación ao coronavirus.

conavirus.pdf

 

8 de marzo DÍA INTERNACIONAL DA MULLER TRABALLADORA

05 Mar 2020
Email , Categorias: Acción Social,

Acude ás manifestacións convocadas polo movemento feminista.

http://galegas8m.gal/8m-de-2020/

 

10 DE MARZO, DÍA DA CLASE OBREIRA GALEGA

05 Mar 2020
Email , Categorias: Acción Social,

A historia contemporánea do movemento obreiro galego está construído desde as mobilizacións do ano 1972, nos últimos días da ditadura franquista. As protestas comezaron en Ferrol no mes de marzo, continuaron meses despois en Vigo, e tiveron no asasinato pola policía franquista dos traballadores da antiga Bazán Amador e Daniel a maior expresión da represión vivida. Mártires dunha loita pola dignidade, contra a precariedade das condicións de traballo, por salarios xustos e por defender a negociación colectiva en Galiza e non en Madrid.

https://www.youtube.com/watch?time_continue=8&v=EyDopFF5eh0&feature=emb_logo

https://www.cig.gal/nova/id-10-de-marzo-dia-da-clase-obreira-galega.html

 

REUNIÓN CO DIRECTOR XERAL DA AEAT

27 Fev 2020
Email , Categorias: Acción Social, Info Xeral,

A reunión transcurriu nun clima de cordialidade non exento de firmeza nas nosas reclamacións. Falando do Plan Estratéxico 2020‐2023 que se nos presentaba expuxemos que este non era o primeiro Plan da AEAT, xa houbera outros Plans de loita contra a fraude fiscal pero que vistos os datos da fraude a día de hoxe, 40 mil millóns de € según algunhas fontes, non resultaron moi exitosos. Valoramos positivamente a intención de aplicar de maneira obxectiva e con equidade o sistema tributario dando un tratamento xusto a todos os contribuintes, sin privilexios de ningún tipo, e adicar una especial atención a combatir a fraude daqueles que contan con máis recursos e medios para evitar o pago, defraudando en detrimento da cidadanía, esperamos que non se quede nunha mera declaración ese faga efectiva xa que a maior parte da fraude non se detecta nas rendas procedentes do traballo asalariado senón nos rendementos do capital.

Reunion_Director.pdf

 

ACCIÓN SOCIAL 2020

27 Fev 2020
Email , Categorias: Acción Social,

Onte tivemos reunión en Madrid da Comisión Paritaria de Acción Social para facer o último seguimento á execución orzamentaria do Plan do 2019, así como para iniciar as negociacións para o do 2020. Desde a CIG solicitamos un incremento do presuposto para Acción Social e que este deixe de ser vinculante, pois xa levamos anos e anos co orzamento recortado e xa vai sendo hora de recuperar todo o que perdimos tras a crise. Así llo solicitamos tamén hai uns días na reunión co Director da AEAT e seguiremos demandandoo. Pedimos tamén que a AEAT non demore máis a negociación para que o prazo de solicitudes se abra canto antes e así posibilite que se adianten o pago das axudas e non se concentren a final de ano, como sucedeu no 2019. A AEAT entregounos un primeiro borrador de traballo con poucas modificacións respecto ao ano pasado, salvo a suba dos tramos de renda. Nas próximas semanas continuaremos as negociacións, co fin de que o Plan deste ano se poña en marcha canto antes.

Se tedes algunha suxestión ou proposta facédenola chegar. -- CIG-Axencia Tributaria Delegación AEAT A Coruña Ext:868 89 -Telf 981 61 68 89 Fax 981 12 72 22 www.CIGAEAT.COM

 

PEIA 2020

27 Fev 2020
Email , Categorias: Acción Social,

No día de onte confirmáronnos en Madrid que non está prevista convocatoria para negociar o Plan nesta última semana de febreiro por falta da autorización da Ministra de Facenda. Por tanto, a día de hoxe, descoñecemos as condicións deste Plan, e se computará, ou non, o exceso horario do mes de febreiro. Esa cuestións, así coma o resto das condicións, deberanse negociar cando teñamos a reunión do PEIA 2020, da que seredes puntualmente informados.

 

RESOLUCIÓN CONCURSOS DE INFORMÁTICA

12 Fev 2020
Email , Categorias: Acción Social,

No día de hoxe quedaron resoltos os concursos de Informática do A2 e C1, que foran convocados no BOE 22/10/1019.

No concurso do A2 non houbo ningún cambio respecto aos últimos listados provisionais, e no do C1 houbo baixadas das puntuacións mínimas nos postos 66, 68 e 84, polo que resultaron adxudicatarios os que estaban en primeiro lugar, todo elo co fin de favorecer a mobilidade.

Respecto aos próximos Paneles, a Administración informounos do seguinte:

- CTH: resolverase na segunda quincena de maio (a día de hoxe teñen máis de 1.8OO solicitudes)

- Axentes Facenda Pública: convocaríase na primeira quincena de marzo

- Auxiliares e Administrativos do Estado (C1 e C2): a convocatoria sería para a segunda quincena de abril

- Estase valorando tamén a convocatoria para o A2 de Corpos Xerais --

 

 

CIG-Axencia Tributaria Delegación AEAT A Coruña

Ext:868 89 -Telf 981 61 68 89

Fax 981 12 72 22

www.CIGAEAT.COM

 

CONCENTRACIÓN EN APOIO A CHELO e JAVIER DELEGADOS DA CIG EN XUSTIZA

05 Fev 2020
Email , Categorias: Acción Social,

Lémbrase a convocatoria de concentración contra a Represión sindical, o venres 7 de febreiro ás 11.30 h. nas escaleiras dos xulgados, rúa Monforte s/n na Coruña, en apoio dos nosos compañeiros Chelo e Javier que ese día teñen un xuízo no Xulgado de Instrución nº 1 da Coruña , por mor dunha denuncia da letrada do Xulgado do Penal 6, que elevou ao xulgado a Fiscalía, por exercer o seu labor como delegados sindicais durante a folga da xustiza do ano 2018.

NON Á REPRESIÓN SINDICAL!!!   DEFENDER OS NOSOS DEREITOS NON É DELITO!!!

 

A CIG critica o acordo para a suba do SMI que impide a dignificación dos salarios

23 Jan 2020
Email , Categorias: Acción Social,

A CIG denuncia que a suba do SMI pactada hoxe polo Goberno español, as organizacións patronais CEOE e CEPYME e os sindicatos UGT e CCOO queda moi por debaixo do que debera ser un incremento correspondente ao 60% do salario medio. Para a central sindical é un acordo vergoñento xa que sigue impedindo que se faga realidade de inmediato a recomendación da Carta Social Europea que establece que cando menos o SMI se sitúe no 60% do salario medio, o que de forma automática suporía pór o salario mínimo interprofesional no entorno dos 1.200€. Cómpre lembrar que os 950€ que veñen de acordar é o 60% do salario medio existente no ano 2015, polo que seguimos acumulando máis anos de atraso na igualdade salarial coa media que esixe a Carta Social Europea.

https://www.cig.gal/nova/a-cig-critica-o-acordo-para-a-suba-do-smi-que-impide-a-dignificacion-dos-salarios.html

 

POSIBLES DATAS EXAMES CTH

16 Jan 2020
Email , Categorias: Acción Social,

Primeiro exercicio: 4 abril

Segundo exercicio: 20 de xuño

Terceiro exercicio: 5 de setembro do 2020

 

Achegamos aviso da AEAT sobre as próximas melloras na Oficina Virtual Externa da Axencia.

16 Jan 2020
Email , Categorias: Acción Social,

CAMBIOS EN LA OFICINA VIRTUAL EXTERNA (OVEX) Desde febrero de 2017 está disponible la Oficina Virtual Externa para que los empleados y empleadas de la Agencia Tributaria puedan realizar las mismas gestiones que hacen desde la Oficina Virtual de la Intranet (consulta de nómina, petición de días de vacaciones, evaluación de cursos, encuestas de participación, etc.) desde equipos particulares externos tales como PCs, portátiles, tablets e incluso teléfonos móviles, simplemente identificandose a través de un certificado electrónico instalado en el equipo o de Cl@ve PIN. El uso de la OVEX desde esa fecha ha ido en constante crecimiento, llegando a tener hasta 60.000 visitas en un mes, ya que facilita el acceso a las gestiones propias en periodos (vacaciones, bajas, fin de semana, atribucion temporal de funciones, ...) en los que el empleado no dispone de un equipo concetado a la intranet corporativa. A partir del próximo miércoles 15 de enero, para entrar en la Oficina Virtual Externa será necesario la identificación del usuario por alguno de los métodos anteriormente indicados. Tras esta validación inicial se accedera al menú de opciones para la gestión personal y no se volverá a pedir la identificación mientras dure la sesión. Gracias a esta modificación en la forma de entrar, la OVEX estará mas protegida frente a accesos externos, con lo que a partir de ese momento se podrá disponer de las siguientes mejoras: Novedades. Puesta a disposición de las noticias mas importantes en materia de Recursos Humanos. Acceso a documentación. Se podrá ver la documentación que el Departamento de RRHH pone a disposición del personal, como por ejemplo el plan de Acción Social, la oferta en Formación, Guía del personal, etc. Por ultimo, indicar que la dirección que hay que poner en los navegadores para acceder externamente a esta utilidad es https://ovp.aeat.es

 

<< 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 11 ... 15 >>