Mais sobre Acción Social 2007

31 Jan 2007

Onte cerrouse o Plan de Acción Social do ano 2007, todos os sindicatos, agás a CIG estaban de acordo coa administración. A CIG non asinou por entender que dito plan aos únicos que beneficia son as rentas máis altas da AEAT en detrimento das rentas máis baixas, xa que neste Plan e ca deducción por número de fillos e o aumento da base imponible ata 37.000 euros, poderán ter acceso ás axudas funcionarios con rentas superiores a 45.000 ou 50.000 euros anuais, e así, lóxicamente para poder cubrir estas axudas non se poden aumentar as contías das axudas do persoal que menos gaña na AEAT.

Como novedades deste plan, incrementouse a dedución por fillos, 2600 euros por cada un dos dous primeiros fillos e 2000 a partir do terceiro (antes eran 1.800 €), e os fillos deberán ser menores de 25 anos ( e non 23 como era antes), se amplía o importe máximo que cada empregado poderá percibir polo conxunto de axudas (pasa de 6.300 a 6.700), etc.

Full story »

 

Propostas da CIG ao Plano de Acción Social 2007

28 Jan 2007

Os próximos días 29 e 30 de xaneiro reuniremonos coa administración para tratar o Plan de Acción Social para o ano 2007, nos que a CIG presentará as súas propostas.

A propostas da CIG están encaminadas á axudar aos viúdos/as e fillos dos traballadores da AEAT, que, no momento do seu falecemento prestaban servizos na Axencia Tributaria.

Full story »

 

Plano 2007 Acción Social

18 Jan 2007

O pasado día 18 de xaneiro reunímonos a parte social e a administración para empezar a desenrolar o Plan de Axudas da AEAT para o ano 2007. Coma sempre, e por non perder o costume, a admón tiña preparada a súa xogada: este ano pretenden eliminar o seguro de vida e accidentes que temos todos os traballadores da Axencia e adicar eses cartos para Acción Social.

A súa idea é que se incrementen os niveis de renta dos tramos que se exixen para acceder a esas axudas, o que na práctica leva a que saian beneficiados os que teñen un maior nivel de renta, en contra do que debería ser o espíritu do plan, é dicir, favorecer as persoas con menores ingresos.

Full story »

 

Acción Social 2007

28 Nov 2006

Nas vindeiras datas comezaremos en Madrid a negociación do novo Plan de Acción Social da Axencia para o 2007. Estamos abertos a todas as propostas que teñades e que consideredes relevantes: axudas que botedes en falta, aspectos a mellorar...etc.

Se queredes colaborar podedes mandar un fax coas vosas suxerencias ao 981 12 72 22, ou enviar un correo electrónico a cigaeat[@]hotmail.com.

 

<< 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 11 12



Sede Nacional:
Delegación AEAT da Coruña

Telefone: 981 616 889
Fax: 981 127 222
Co-e: cigaeat[@]gmail.com


Quen somos na AEAT?
Ficha de Afiliación
Contacta
Junho 2019
Seg Ter Qua Qui Sex Sab Dom
 << <   > >>
          1 2
3 4 5 6 7 8 9
10 11 12 13 14 15 16
17 18 19 20 21 22 23
24 25 26 27 28 29 30

Busca

Ligações

Web Oficial da Confederación Intersindical Galega
Formación Online
Gabinete Confederal Saúde Labora
Fundación para o Estudo e a Divulgación da Cuestión Social e Sindical en Galiza
Fundación para a Orientación Profesional, Emprego e Formación en Galiza
CIG Administración Pública

Ferramentas do usuário

Feeds XML

What is RSS?

Quem está online?

  • Usuários convidados: 0
Contadores

Contadores de visitas gratis para webCursosContadores de visitas gratis para web
b2