AO DIRECTOR DA AEAT NON LLE GUSTA A CIG

11 Set 2014
Email , Categorias: Acción Social, Info Xeral,

O Director Xeral da AEAT reúnese cos sindicatos estatais e non convoca á CIG, sindicato que ten a condición de máis representativo no ámbeto da Administración Pública. Moléstalles a nosa presenza porque non bailamos  ao son que eles tocan.

Escrito_queixa.pdf

 

CURSOS DE SAÚDE LABORAL

11 Set 2014
Email , Categorias: Acción Social, Saúde Laboral,

Información sobre os cursos de Formación Continua de Saúde laboral na AEAT. O prazo de solicitude vai do 12 ao 26 de setembro

saudelaboral.pdf

 

MESA DE CARREIRA ADMINISTRATIVA DE 16 DE XULLO

17 Jul 2014
Email , Categorias: Acción Social,

Reunión da Comisión de Seguimento da Mesa de Carreira. Mobilidade e Concursos

MesaCarreira.pdf

 

ÉXITO DAS MANIFESTACIÓNS DA CIG O 1º DE MAIO

07 Mai 2014
Email , Categorias: Acción Social,

Númerosas manifestacións da CIG recorreron as rúas do noso País o pasado 1º de Maio. Todas elas contaron con gran participación de traballadores e traballadoras que nun ambiente festivo e revindicativo esixían TRABALLO DIGNO NA NOSA TERRA

undemaio.doc

 

PLAN ESPECIAL? A CIG DI NON A ESTE NOVO ENGANO

13 Mar 2014
Email , Categorias: Acción Social,

Qué ten de especial que o Partido Popular, como antes o PsoE, queira enganar á opinión pública artellando un "plan" para loitar contra o fraude fiscal ?

Qué ten de especial que sindicatos de ámbeto estatal, autodenominados de clase, o dos amarelos é máis lóxico, entren no xogo e actúen de palanganeros do goberno de turno en contra dos intereses dos traballadores e traballadoras?

Qué ten de especial que unha vez máis se trate de enganar ao persoal da AEAT con supostos incrementos retributivos que só van beneficiar á élite e emperorarán as condicións de traballo e económicas da maioría ?

Produtividade_Plan.pdf

 

NOVO CONCERTO MÉDICO MUFACE

27 Dez 2013
Email , Categorias: Acción Social,

MUFACE: Novo Concerto sen SANITAS e Catálogos por Provincias das Entidades de Asistencia Sanitaria para 2014


ADESLAS, ASISA, DKV e IGUALATORIO MÉDICO-QUIRÚRGICO DE CANTABRIA suscriben o Concerto de Asistencia Sanitaria para 2014 con MUFACE,  SANITAS quédase fora.

Ollade con detalle e gardade á man o este novo Concerto (Publicado no BOE do 23-12-2013) porque é onde podedes aclarar calquera tipo de dúbida que se vos presente ó respecto da Asistencia Sanitaria que están obrigadas a prestar as entidades  médicas.
Xa podedes acceder ós Catálogos Provinciais de Proveedores das Entidades de Seguro de Asistencia Sanitaria para 2014. Lede e ollade ben estes catálogos das entidades non só os cadros médicos senón a información xeral que é moi importante para saber como debedes facer segundo o que vos aconteza e onde.
Coma todos os anos os interesados en cambiar de Entidade poden facelo durante o mes de Xaneiro,  neste caso do 2014.

Os que no ano 2013 tiñades elixida como entidade a SANITAS, estades obrigados a facer o cambio de entidade,  tivestes que recibir unha carta de MUFACE cun código persoal de cambio de entidade, se non foi así poñédevos en contacto coa Delegación Provincial de MUFACE.

Para ollar mais información e o novo Concerto 2014 pica AQUI

 

ALGO CHEIRA A PODRE NA AEAT

05 Dez 2013
Email , Categorias: Acción Social,

Sigue a cascada de ceses e demisións no seno da Axencia Tributaria, desta volta tocoulle, entre outros, ao Delegado Especial de Galiza. O Partido do Goberno está a deseñar unha AEAT ao servizo dos seus intereses e non ao servizo da cidadanía como sería de desexar. Nuns momentos críticos para a maioría da cidadanía, á que lle costa moito chegar a fin de mes, e á que este goberno está machacando sen compasión, non se pode dar a imaxe dunha administración tributaria implacable cos cidadáns de a pé e sumisa aos intereses dos grandes defraudadores, grandes empresas e membros da aristocracia. A CIG seguirá a loitar por unha AEAT independente do poder político e económico e que cumpla exquisitamente cas funcións que ten encomendadas sen amiguismos e favoritismos de ningunha clase.

 

CURSOS DE APOIO Á PROMOCIÓN INTERNA

05 Dez 2013
Email , Categorias: Acción Social,

Está publicado na Intranet un AVISO informando sobre cursos de apoio á promoción interna na AEAT, incluídos no Plan de Formación Continua 2014. O prazo de presentación remata o 11 de decembro d0 13.

 

CONVOCATORIA DE BECAS PARA PROBAS SELECTIVAS DA AEAT

29 Nov 2013
Email , Categorias: Acción Social, Formación,

boe_becas.pdf

No BOE de hoxe sae publicada a Orde pola que se convocan becas para a preparación das probas selectivas de acceso, por promoción interna, aos corpos e especialidades convocados polo Ministerio de Hacienda e a AEAT

 

AXUDAS ACCIÓN SOCIAL

21 Nov 2013
Email , Categorias: Acción Social,

Xa está publicado na Intranet a concesión/denegación das axudas de Acción Social

accion_social-1.doc

 

OUTRA REFORMA DAS PENSIÓNS, OUTRO ATAQUE Á CLASE TRABALLADORA

12 Nov 2013
Email , Categorias: Acción Social,

O PP recorta as pensións mentras favorece aos grandes defraudadores fiscais. Mobilízate coa CIG na defensa das nosas pensións. NON É UNHA CRISE, É UN ROUBO!!

Triptico_Pensions.pdf

 

CONVALIDACIÓN DE TÍTULOS PARA AXENTES DO SVA

12 Nov 2013
Email , Categorias: Acción Social,

Escrito dirixido á DGMM solicitando que os axentes de VA podan acceder a titulacións náuticas de embarcacións de recreo en igualdade de condicións  ca Garda Civil

va_titulo_recreo.pdf

 

Productividade

12 Nov 2013
Email , Categorias: Acción Social,

ESCRITO DIRIXIDO AO DELEGADO ESPECIAL SOBRE PRODUCTIVIDADE

escrito_delegado_produtividade.pdf

 

PROPOSTA DA AEAT SOBRE O PLAN CONCILIA

10 Out 2013
Email , Categorias: Acción Social,

PROPOSTA DE CRITERIOS XERAIS PARA A APLICACIÓN DO PLAN CONCILIA NOS CONCURSOS DE MOVILIDADE DA AEAT

Proposta_AEAT_Criterios_concilia.txt

 

NOTIFICACIÓN DO CÓDIGO BANCARIO A RR.HH

10 Out 2013
Email , Categorias: Acción Social,

A partir do 1 de febreiro de 2014 o Banco de España só tramitará transferencias que estean cumprimentadas cun código IBAN compreto e tecnicamente correcto como identificador da conta do beneficiario

Aviso_codigo_IBAM.doc

 

<< 1 ... 5 6 7 8 9 10 11 12 13 14 15 >>