Cursos de Promoción Interna - Acción Social |
|
| 07 Jul 2010 |
Na Intranet xa tendes a seguinte información:
|
Info sobre Acción Social 2010 |
|
| 01 Jul 2010 |
A seguir disponibilizamos información sobre a reunión de Acción Social realizada no día de hoxe.
|
Acción Social 2010 e ordenado de abril |
|
| 15 Abr 2010 |
Tendes xa, na Intranet, a convocatoria de axudas de Acción Social para 2010. Para verdes as bases específicas tendes que seguir a seguinte rota: Intranet-Información al personal-Acción Social.
|
Assinado Acordo Plano de Acción Social 2010 |
|
| 18 Mar 2010 |
A seguir disponibilizamos información sobre a reunión de onte da Mesa de Acción Social para o ano 2010, ben como o acordo assinado. Informamos tamén que as axudas de idiomas irán no ordenado deste mes de marzo.
|
AEAT devolve ao cofre do Estado 410.000 euros orzamentados para axudas de Acción Social |
|
| 10 Fev 2010 |
Na reunión da Mesa de Acción Social do día de hoxe a AEAT informounos, en primeiro lugar, da execución do gasto de Acción Social correspondente ao ano 2009. Para a nosa sorpresa e indignación soubemos que a AEAT devolveu ao cofre do Estado máis de 410.000 euros. Alén de outras cuestións, das cais podeis informamos na nota informativa que disponibilizamos a seguir, salientamos que no ordenado de fevereiro serán pagas as axudas de 2009 para o estudo de idiomas e que para 2010 serán revistas as axudas para a reforma (xubilación).
|
AEAT estuda minorar axudas de Acción Social para 2010 |
|
| 26 Nov 2009 |
Na reunión de onten da Comisión Paritaria de Acción Social a AEAT deixou cair a hipótese de minorar determinadas axudas para o ano 2010; a parte social, é claro, mostrou a sua oposición. Além disso, outros asuntos tratados foron o pagamento das axudas nos meses de outubro e novembro e o fundo sobrante que atinxe 1,1 millóns de euros.
|
Axudas restantes de Acción Social serán pagas neste mes |
|
| 16 Nov 2009 |
Segundo informan de Acción Social no ordenado deste mes (novembro de 2009) serán reembolsadas o resto das axudas que estaban pendentes de pagamento (exceptuando aquelas que tiveren incidencias por falta de documentación etc...). Tende en conta que as axudas de promoción, estudos e xubilación xa foron pagas no ordenado de outubro. |
Información axudas Acción Social 2009 |
|
| 05 Out 2009 |
A seguir disponibilizamos a convocatoria de axudas de Acción Social 2009 para o estudo de idiomas extranxeiros, que xa tendes na Intranet. O prazo finaliza no día 30 de novembro.
A respeito do pagamento das axudas correspondentes à convocatoria de 2009, a información que temos é a que segue: a) No próximo ordenado (outubro) serán pagas seguintes:
b) A partir de novembro está previsto comezar a avaliación das axudas de "desenvolvimento educativo", discapacidade e as de saúde. |
Axudas Acción Social serán pagas a partir de Novembro |
|
| 09 Jul 2009 |
A seguir divulgamos nota informativa da reunión de hoxe da Mesa de Acción Social, ben como estatísticas das instancias apresentadas. Destacamos que a AEAT comprometeuse a iniciar o pagamento das a partir de Novembro, e tamén que na reunión foron resolvidos os pedidos de axudas excepcionais. Da CIG reclamamos a resolución do problema do retraso do MAP para os exames de promoción interna, entre outros asuntos.
|
Bases xerais axudas Acción Social 2009 |
|
| 14 Abr 2009 |
Informamos que hoxe a AEAT colocou na Intranet o Plan de Acción Social para o 2009, co cal xa están abertos os prazos para seren apresentadas as distintas axudas. Disponibilizamos a seguir as Bases Xerais, se precisardes información dalgunha axuda en concreto podedes contactar com a CIG AEAT ligando para o 981 616 889.
|