Oposicións AEAT: pesoas aprobadas convocatoria 2009 no BOE

26 Jul 2010

No BOE de hoxe tendes as seguintes resolucións con as pesoas aprobadas dos distintos procesos selectivos da AEAT correspondentes á convocatoria de 2009:

Lembrai que hai un prazo de 20 días corridos para apresentar a documentación.

 

Convocatoria oposicións AEAT no BOE

12 Jul 2010
Email , Castegorias: Información AEAT, Promoción,

No Boletín Oficial do Estado do pasado sábado, día 10 de xullo, foron publicadas as distintas convocatorias de oposicións da AEAT:

Lembrai que o prazo para a apresentación das peticións é de vinte días corridos a partir do día seguinte á publicación da convocatoria.

 

Carreira administrativa: mobilidade e concursos

09 Jul 2010

Mais información na CIG-AEAT chamando para o 981 616 889

A seguir disponibilizamos información sobre a reunión de onte de Carreira Administrativa (Mobilidade e concursos).

 

Cursos de Promoción Interna - Acción Social

07 Jul 2010

Na Intranet xa tendes a seguinte información:

- Cursos apoio á promoción interna (para a preparación aos corpos Xeral Auxiliar, Xeral Administrativo, Axentes, Técnico Auxiliar de Informática e Corpo Técnico de Facenda). O prazo para se inscrever é de 6 a 15 xullo de 2010.

-Ampliación do prazo das axudas de Acción Social (para aquelas en que finalizaba o prazo no día 30 de xuño).O novo prazo é até 9 de xullo.

 

Controle das situacións de incapacidade temporaria pola Muface

07 Jul 2010

Foi publicada no BOE de 1 de xullo de 2010, a Orde que regula o procedimento de recoñecimento, controle e seguimento das situacións de incapacidade temporaria (IT), risco durante a gravidez (embarazo) e risco durante a lactación natural, no Réxime Especial da Seguranza Social dos Funcionarios Civís do Estado.

Esta orde fai referencia, en varios dos seus artigos, a “Unidades Médicas de Seguimiento” para o recoñecimento dos mutualistas. Estes recoñecimentos serán levados a cabo polas Direccións Provinciais do Instituto Nacional da Seguranza Social (INSS), segundo o acordo de Encomenda de Xestión entre a MUFACE e o INSS, publicado no BOE de 9-2-2010 por Resolución da Subsecretaría do Ministerio da Presidencia.

 

Info sobre Acción Social 2010

01 Jul 2010

Mais información na CIG-AEAT chamando para o 981 616 889

A seguir disponibilizamos información sobre a reunión de Acción Social realizada no día de hoxe.

 

Info sobre a Comisión Permanente de Saúde Laboral

01 Jul 2010

Mais información na CIG-AEAT chamando para o 981 616 889

A seguir disponibilizamos nota informativa sobre a reunión da Comisión Permanente de Saúde Laboral realizada no día de onten, ben como o cronograma de cursos de prevención laboral para o ano 2010.

 

Oposicións Administración Xeral do Estado

30 Jun 2010
Email , Castegorias: Información AEAT, Promoción,

No BOE de hoxe, día 30, é publicada a Orde PRE/1740/2010, de 21 de xuño, pola cual son convocados procesos seletivos para o ingreso nos Corpos e Escalas da Administración Xeral do Estado. O prazo para apresentar as peticións finaliza en 20 de xullo.

 

Promoción interna 2010

29 Jun 2010

Mais información na CIG-AEAT chamando para o 981 616 889

A seguir disponibilizamos nota informativa sobre a reunión do pasado dia 24 de xuño, virada para as convocatorias de promoción interna para o 2010.

 

Horario de verao a partir do dia 16 de xuño

14 Jun 2010

Lembrai que, entre 16 de xuño e 15 de setembro, ambos inclusive, vigora o horario de verao, polo cual a xornada de traballo, para o persoal que tiver horario de mañá, será de seis horas e media a realizar entre as 8:00 e as 15:00 horas de segundas a sextas-feiras (luns a venres).

No ámbito de Vixilancia Aduaneira tamén hai horario reducido para o período comprendido entre 16 de xuño e 15 de setembro, en que o cómputo pasa a ser de 130 horas mensais en lugar das 150 habituais.

 

1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 11 ... 25 >>



Sede Nacional:
Delegación AEAT da Coruña

Telefone: 981 616 889
Fax: 981 127 222
Co-e: cigaeat[@]gmail.com


Quen somos na AEAT?
Ficha de Afiliación
Contacta

Julho 2010
Seg Ter Qua Qui Sex Sab Dom
 << <   > >>
      1 2 3 4
5 6 7 8 9 10 11
12 13 14 15 16 17 18
19 20 21 22 23 24 25
26 27 28 29 30 31  

Busca

Ligações

Web Oficial da Confederación Intersindical Galega
Formación Online
Fundación para o Estudo e a Divulgación da Cuestión Social e Sindical en Galiza
Fundación para a Orientación Profesional, Emprego e Formación en Galiza
Centro de Formación Profesional Forga Milladoiro
CIG Administración Pública

Ferramentas do usuário

Feeds XML

What is RSS?

Quem está online?

  • Usuários convidados: 2
powered by b2evolution free blog software