Assinado Acordo Plano de Acción Social 2010 |
|
| 18 Mar 2010 |
A seguir disponibilizamos información sobre a reunión de onte da Mesa de Acción Social para o ano 2010, ben como o acordo assinado. Informamos tamén que as axudas de idiomas irán no ordenado deste mes de marzo.
|
Calendario Laboral e Controle Horario |
|
| 17 Dez 2009 |
A seguir disponibilizamos diverso material de interese sobre o Calendario Laboral e o Controle Horario: |
Manual de Recursos Humanos: Permisións e Licenzas |
|
| 22 Jun 2009 |
A seguir disponibilizamos a última versión do Manual de Recursos Humanos, actualizada a 6 de Outubro de 2008, un documento resumo das diferentes permisións e licenzas do persoal funcionario e laboral recollidas pola normativa vixente.
|
Xornada de verao 2009 |
|
| 16 Jun 2009 |
A seguir disponibilizamos información sobre a xornada de verao, que segundo o Acordo de Calendario Laboral comeza hoxe, 16 de xuño, e prolongará-se até o próximo 16 de setembro.
|
Asinado o acordo sobre a publicidade da produtividade |
|
| 29 Mai 2009 |
A seguir disponibilizamos o acordo que no dia de onte asinou toda a parte social coa AEAT sobre a publicidade do complemento da produtividade e que, esperemos, sexa aplicado xa neste mes de maio. Seguindo o criterio de Función Publica, a AEAT está obrigada a facilitar os listados de produtividade en arquivo electrónico cos seguintes dados: nome e apelidos dos perceptores, subgrupo, corpo, nível, denominación do posto de traballo, área e Numa, e cantidade percibida. Xa acabou, porfin, a tentativa da AEAT de ocultar os dados...
|
Acordo Campaña IRPF 2008 |
|
| 17 Abr 2009 |
Como xa adiantábamos na nota informativa de onte, a CIG non asinou o Acordo de Renda. Á suba raquítica que ofrece a administración unimos tamén a total indefinición cuanto a xornadas e horarios ás que nos ten costumados a AEAT: non hai proposta concreta de xornadas e horarios, non sabe/non responde a respeito dos sábados... pretenden carregar en exceso o traballo de mañás, para non pagaren as horas de tarde, non hai intención de pagar os excesos horarios debido á gran concentración de encontros (citas) etc. |
Acordo Plano Acción Social 2009 |
|
| 19 Fev 2009 |
A seguir disponibilizamos para descarregar Acordo Plano Social 2009, bem como nota conxunta da parte social, entre a que está a CIG - AEAT.
|
Clases Pasivas 2009 |
|
| 12 Jan 2009 |
A seguir disponibilizamos ligazón ao BOE para descarregar o Real Decreto 1/2009, de 9 de xaneiro, de revalorización e complementos das pensións de Clases Pasivas para o ano 2009.
|
Acordo Horario SVA e anexos ao mesmo |
|
| 18 Jun 2008 |
A seguir disponibilizamos em pdf o Acordo AEAT-Sindicatos sobre o horário especial no trabalho do Servizo de Vigilancia Aduaneira, de 21 de Xullo de 2005. Igualmente, acompañamos anexos de 5 de Outubro de 2005 (liñas mestras) e de 21 de Marzo de 2006.
|
Acordo de Promoción Interna |
|
| 04 Jun 2008 |
No día de onte asistimos a reunións maratonianas para tratar de perfillar os criterios definitivos para a promoción interna, tal e como se estabelecía no Acordo de Carreira Administrativa. Nunha primeira valoración consideramos a proposta da AEAT para promoción interna como boa, mais millorable; non se entra no “fundo” e non recolle moitas das nosas peticións: adaptación dos temas requeridos para superar as probas ao traballo que se vai desenvolver, redución de temarios, etc.. Tamén somos cépticos das ventaxas que poda ter a fórmula de concurso-oposición, posto que, obviamente, non saberemos a súa incidencia até que se puxer en marcha. |