Reunión da Comisión Paritaria de Interpretación do Acordo Horario de Vixilancia Aduaneira

23 Jul 2010
Email , Castegorias: Vixilancia Aduaneira, Info SVA,

Mais información na CIG-AEAT chamando para o 981 616 889

A seguir disponibilizamos nota informativa da reunión da Comisión Paritaria de Interpretación do Acordo Horario de Vixilancia Aduaneira, que tivo lugar onte.

 

Convenio SVA e SASEMAR: Vídeo do debate no Parlamento da Galiza

07 Jul 2010
Email , Castegorias: Vixilancia Aduaneira, Info SVA,

Gravación do debate no Parlamento da Galiza da iniciativa do BNG sobre o convenio entre o SVA e SASEMAR, a respeito de que o servizo de Vixilancia Aduaneira pudese utilizar os meios que Salvamento Marítimo ten no Monte Enxa.

O debate ocorreu no dia 9 de abril de 2010, con as intervencións de Lino Sexto, subdiretor-xeral do Servizo de Gardacostas da Galiza e Bieito Lobeira, deputado do BNG.

 

Tribunais obrigan AEAT a convocar a Mesa de Vixilancia Aduaneira

29 Jun 2010
Email , Castegorias: Vixilancia Aduaneira, Info SVA,

Mais información na CIG-AEAT chamando para o 981 616 889

A seguir disponibilizamos nota informativa e sentenza do contencioso que gañou a CIG sobre Vixilancia Aduaneira.

 

Horario de verao a partir do dia 16 de xuño

14 Jun 2010

Lembrai que, entre 16 de xuño e 15 de setembro, ambos inclusive, vigora o horario de verao, polo cual a xornada de traballo, para o persoal que tiver horario de mañá, será de seis horas e media a realizar entre as 8:00 e as 15:00 horas de segundas a sextas-feiras (luns a venres).

No ámbito de Vixilancia Aduaneira tamén hai horario reducido para o período comprendido entre 16 de xuño e 15 de setembro, en que o cómputo pasa a ser de 130 horas mensais en lugar das 150 habituais.

 

Proposición e perguntas sobre o SIVE no Parlamento da Galiza e no Congreso

04 Mar 2010
Email , Castegorias: Vixilancia Aduaneira, Info SVA,

A seguir disponibilizamos diversa información sobre mocións apresentadas recentemente pola bancada do BNG, tanto no Congreso dos Deputados español como no Parlamento da Galiza, sobre a intención de pór en andamento o SIVE para mellorar a operatividade de Vixilancia Aduaneira na nosa terra.

 

CIG apresenta queixa sobre a xestión das axudas para os funcionarios de Vixilancia Aduaneira

09 Nov 2009
Email , Castegorias: Vixilancia Aduaneira, Info SVA,

A seguir disponibilizamos o escrito de queixa que acabamos de apresentar sobre a xestión das axudas de Acción Social para os funcionarios de Vixilancia Aduaneira.

Igualmente, disponibilizamos a relación das persoas que, en Madrid, levan os distintos tipos de axudas caso precisedes contatar con elas para coñecer o estado da vosa petición.

Os que tedes solicitacións pendentes de resolver tende en conta que están a mandar os requerimentos de documentación das axudas ao correo corporativo da Axencia.

 

Mudanzas no concerto sanitario da MUFACE

29 Out 2009

Nas pasadas semanas finalizou o prazo para a renovación das distintas entidades médicas para a prestación da asistencia sanitaria aos mutualistas da MUFACE.

Pois ben, informamos que tres entidades aseguradoras: Mafre familiar, Caser e "La Nueva Equitativa", e debido a razóns estritamente empresariais, non apresentaron propostas para renovar o concerto para os anos 2010 e 2011.

Leia mais »

 

Por fim, Mesa de Vixilancia Aduaneira

02 Out 2009

A seguir disponibilizamos información sobre a modificación do calendario de reunións para o que resta de 2009, onde podedes ver que conseguimos que fose incluída tamén unha Mesa de Vixilancia Aduaneira. Enfin, algo é algo...

 

CIG apresenta escrito de queixa perante a AEAT

21 Set 2009

Mais información na CIG-AEAT chamando para o 981 616 889

A seguir disponibilizamos o escrito que acabamos de apresentar perante a Dirección de Recursos Humanos tocante á "pasividade" evidente da AEAT en asuntos como: mobilidades xeográfica e concursos, nomeacións funcionários promoción interna, carreira administrativa, saúde laboral e vixilancia aduaneira.

 

Comunicado conxunto ante Recursos Humanos da AEAT

29 Jul 2009

A seguir disponibilizamos comunicado conxunto da parte social, dirixido á dirección de Recursos Humanos, reclamando a actualización e planificación dos asuntos pendentes na negociación colectiva, entre os cais:

- desenvolvimento da carreira profisional

- novo sistema de mobilidade

- promoción interna A2 para A1

- produtividade mais obxectiva e xusta

- Acordo Horario e segunda atividade en Vixilancia Aduaneira

 

1 2 3 4 >>



Sede Nacional:
Delegación AEAT da Coruña

Telefone: 981 616 889
Fax: 981 127 222
Co-e: cigaeat[@]gmail.com


Quen somos na AEAT?
Ficha de Afiliación
Contacta

Julho 2010
Seg Ter Qua Qui Sex Sab Dom
 << <   > >>
      1 2 3 4
5 6 7 8 9 10 11
12 13 14 15 16 17 18
19 20 21 22 23 24 25
26 27 28 29 30 31  

Busca

Ligações

Web Oficial da Confederación Intersindical Galega
Formación Online
Fundación para o Estudo e a Divulgación da Cuestión Social e Sindical en Galiza
Fundación para a Orientación Profesional, Emprego e Formación en Galiza
Centro de Formación Profesional Forga Milladoiro
CIG Administración Pública

Ferramentas do usuário

Feeds XML

What is RSS?

Quem está online?

  • Usuários convidados: 2
free blog tool