A CIG PRIMEIRA FORZA SINDICAL NA GALIZA |
|
04 Mar 2020 |
![]() Os datos oficiais confirman a CIG como primeira forza sindical en Galiza con 4.548 delegadas e delegados Tal e como explicou a secretaria de Organización, Susana Méndez, en rolda de prensa, porcentualmente a CIG obtivo o 29,37% e situouse como primeira forza nas comarcas da Coruña, Ferrol, Santiago, Pontevedra e Vigo, mais tamén nas unións locais de Cee, As Pontes, A Mariña, Verín, O Salnés, O Morrazo e O Porriño. Méndez salientou ademais o medre porcentual que houbo en Ferrol, onde a CIG subiu un 6,09%, situándose como primeirísima forza cun 39,07%, mais tamén houbo incrementos importantes en Lugo, onde medrou nun 4,04%, Santiago, nun 3.41% e A Coruña, nun 2%. Por federacións, tamén é a máis representativa na Administración Pública, na Construción, na Industria, na Sanidade, en Servizos e no Ensino Público. Nas federación de Banca e da FGAMT (que aglutina Transporte, Alimentación, Téxtil e Mar) foi a única central sindical das tres que sobe en delegadas/os. |
REUNIÓN CO DIRECTOR XERAL DA AEAT |
|
27 Fev 2020 |
A reunión transcurriu nun clima de cordialidade non exento de firmeza nas nosas reclamacións. Falando do Plan Estratéxico 2020‐2023 que se nos presentaba expuxemos que este non era o primeiro Plan da AEAT, xa houbera outros Plans de loita contra a fraude fiscal pero que vistos os datos da fraude a día de hoxe, 40 mil millóns de € según algunhas fontes, non resultaron moi exitosos. Valoramos positivamente a intención de aplicar de maneira obxectiva e con equidade o sistema tributario dando un tratamento xusto a todos os contribuintes, sin privilexios de ningún tipo, e adicar una especial atención a combatir a fraude daqueles que contan con máis recursos e medios para evitar o pago, defraudando en detrimento da cidadanía, esperamos que non se quede nunha mera declaración ese faga efectiva xa que a maior parte da fraude non se detecta nas rendas procedentes do traballo asalariado senón nos rendementos do capital. |
ACCIÓN SOCIAL 2020 |
|
27 Fev 2020 |
![]() Onte tivemos reunión en Madrid da Comisión Paritaria de Acción Social para facer o último seguimento á execución orzamentaria do Plan do 2019, así como para iniciar as negociacións para o do 2020. Desde a CIG solicitamos un incremento do presuposto para Acción Social e que este deixe de ser vinculante, pois xa levamos anos e anos co orzamento recortado e xa vai sendo hora de recuperar todo o que perdimos tras a crise. Así llo solicitamos tamén hai uns días na reunión co Director da AEAT e seguiremos demandandoo. Pedimos tamén que a AEAT non demore máis a negociación para que o prazo de solicitudes se abra canto antes e así posibilite que se adianten o pago das axudas e non se concentren a final de ano, como sucedeu no 2019. A AEAT entregounos un primeiro borrador de traballo con poucas modificacións respecto ao ano pasado, salvo a suba dos tramos de renda. Nas próximas semanas continuaremos as negociacións, co fin de que o Plan deste ano se poña en marcha canto antes. Se tedes algunha suxestión ou proposta facédenola chegar. -- CIG-Axencia Tributaria Delegación AEAT A Coruña Ext:868 89 -Telf 981 61 68 89 Fax 981 12 72 22 www.CIGAEAT.COM |
PEIA 2020 |
|
27 Fev 2020 |
![]() No día de onte confirmáronnos en Madrid que non está prevista convocatoria para negociar o Plan nesta última semana de febreiro por falta da autorización da Ministra de Facenda. Por tanto, a día de hoxe, descoñecemos as condicións deste Plan, e se computará, ou non, o exceso horario do mes de febreiro. Esa cuestións, así coma o resto das condicións, deberanse negociar cando teñamos a reunión do PEIA 2020, da que seredes puntualmente informados. |
PEIA |
|
13 Fev 2020 |
![]() |
FORMACIÓN DO INAP. |
|
13 Fev 2020 |
Convocatoria das accións formativas en inglés do INAP, que se publicaron no BOE de hoxe https://www.boe.es/boe/dias/2020/02/13/pdfs/BOE-A-2020-2147.pdf |
RESOLUCIÓN CONCURSOS DE INFORMÁTICA |
|
12 Fev 2020 |
![]() No día de hoxe quedaron resoltos os concursos de Informática do A2 e C1, que foran convocados no BOE 22/10/1019. No concurso do A2 non houbo ningún cambio respecto aos últimos listados provisionais, e no do C1 houbo baixadas das puntuacións mínimas nos postos 66, 68 e 84, polo que resultaron adxudicatarios os que estaban en primeiro lugar, todo elo co fin de favorecer a mobilidade. Respecto aos próximos Paneles, a Administración informounos do seguinte: - CTH: resolverase na segunda quincena de maio (a día de hoxe teñen máis de 1.8OO solicitudes) - Axentes Facenda Pública: convocaríase na primeira quincena de marzo - Auxiliares e Administrativos do Estado (C1 e C2): a convocatoria sería para a segunda quincena de abril - Estase valorando tamén a convocatoria para o A2 de Corpos Xerais --
CIG-Axencia Tributaria Delegación AEAT A Coruña Ext:868 89 -Telf 981 61 68 89 Fax 981 12 72 22 |
RETRIBUCIÓNS 2020 |
|
12 Fev 2020 |
![]() Retribucións deste ano 2020, xa actualizadas coa suba do 2%. Na nómina de febreiro incluiranse os atrasos correspondentes, con efectos 1 de xaneiro. |
CONCENTRACIÓN EN APOIO A CHELO e JAVIER DELEGADOS DA CIG EN XUSTIZA |
|
05 Fev 2020 |
![]() Lémbrase a convocatoria de concentración contra a Represión sindical, o venres 7 de febreiro ás 11.30 h. nas escaleiras dos xulgados, rúa Monforte s/n na Coruña, en apoio dos nosos compañeiros Chelo e Javier que ese día teñen un xuízo no Xulgado de Instrución nº 1 da Coruña , por mor dunha denuncia da letrada do Xulgado do Penal 6, que elevou ao xulgado a Fiscalía, por exercer o seu labor como delegados sindicais durante a folga da xustiza do ano 2018. NON Á REPRESIÓN SINDICAL!!! DEFENDER OS NOSOS DEREITOS NON É DELITO!!! |
Día de permiso adicional |
|
05 Fev 2020 |
![]() Resolución de Función Pública pola que dispoñemos dun día de permiso adicional neste ano, por coincidir o 15 de agosto en sábado
|
A CIG critica o acordo para a suba do SMI que impide a dignificación dos salarios |
|
23 Jan 2020 |
![]() A CIG denuncia que a suba do SMI pactada hoxe polo Goberno español, as organizacións patronais CEOE e CEPYME e os sindicatos UGT e CCOO queda moi por debaixo do que debera ser un incremento correspondente ao 60% do salario medio. Para a central sindical é un acordo vergoñento xa que sigue impedindo que se faga realidade de inmediato a recomendación da Carta Social Europea que establece que cando menos o SMI se sitúe no 60% do salario medio, o que de forma automática suporía pór o salario mínimo interprofesional no entorno dos 1.200€. Cómpre lembrar que os 950€ que veñen de acordar é o 60% do salario medio existente no ano 2015, polo que seguimos acumulando máis anos de atraso na igualdade salarial coa media que esixe a Carta Social Europea. |
SOBRE PRODUCTIVIDADE |
|
23 Jan 2020 |
![]() Presentado escrito conxunto sobre productividade |
POSIBLES DATAS EXAMES CTH |
|
16 Jan 2020 |
![]() Primeiro exercicio: 4 abril Segundo exercicio: 20 de xuño Terceiro exercicio: 5 de setembro do 2020 |
Achegamos aviso da AEAT sobre as próximas melloras na Oficina Virtual Externa da Axencia. |
|
16 Jan 2020 |
![]() CAMBIOS EN LA OFICINA VIRTUAL EXTERNA (OVEX) Desde febrero de 2017 está disponible la Oficina Virtual Externa para que los empleados y empleadas de la Agencia Tributaria puedan realizar las mismas gestiones que hacen desde la Oficina Virtual de la Intranet (consulta de nómina, petición de días de vacaciones, evaluación de cursos, encuestas de participación, etc.) desde equipos particulares externos tales como PCs, portátiles, tablets e incluso teléfonos móviles, simplemente identificandose a través de un certificado electrónico instalado en el equipo o de Cl@ve PIN. El uso de la OVEX desde esa fecha ha ido en constante crecimiento, llegando a tener hasta 60.000 visitas en un mes, ya que facilita el acceso a las gestiones propias en periodos (vacaciones, bajas, fin de semana, atribucion temporal de funciones, ...) en los que el empleado no dispone de un equipo concetado a la intranet corporativa. A partir del próximo miércoles 15 de enero, para entrar en la Oficina Virtual Externa será necesario la identificación del usuario por alguno de los métodos anteriormente indicados. Tras esta validación inicial se accedera al menú de opciones para la gestión personal y no se volverá a pedir la identificación mientras dure la sesión. Gracias a esta modificación en la forma de entrar, la OVEX estará mas protegida frente a accesos externos, con lo que a partir de ese momento se podrá disponer de las siguientes mejoras: Novedades. Puesta a disposición de las noticias mas importantes en materia de Recursos Humanos. Acceso a documentación. Se podrá ver la documentación que el Departamento de RRHH pone a disposición del personal, como por ejemplo el plan de Acción Social, la oferta en Formación, Guía del personal, etc. Por ultimo, indicar que la dirección que hay que poner en los navegadores para acceder externamente a esta utilidad es https://ovp.aeat.es |
COMISIÓN DE SEGUIMENTO DO ACORDO DE PROVISIÓN DE POSTOS |
|
16 Jan 2020 |
![]() |