Información sobre o Plano de Formación Continua para 2008 |
|
20 Fev 2008 |
Onte, dia 19, rematamos a negociación do Plan de Farmación Continua para o ano 2008 que, se ben non recolle todas as posas peticiáns, si a maioria delas, entre as que destacamos:
|
Resolución do Concurso Subgrupo C1 (Grupo C) |
|
19 Fev 2008 |
Hoxe tamén nos informaron de que posiblemente a publicacián deste concurso sexa o día 22 de Febreiro. As instruccións que se deron desde a Subdirección de Xestián Administrativa de Persoal é que se cese a todos os adxudicatarios o día 25 de Febreiro para tomar como base o día 29 de febreiro para a aplicación do Acordo de Carreira Administrativa, polo que os funcionarios que teñan dereito a un mes para a toma de posesión terán que tomar a decisión de renunciar ao mes si queren que se Iles teña en conta o posto do concurso. Tamén se deron instruccións para que non haxa retencións, e especialmente, a quen puidese sair prexudicado por esa retención aos efectos da Carreira.
|
Contituída a Comisión de Valoración para o Concurso do Subgrupo C2 (Grupo D) |
|
19 Fev 2008 |
Hoxe tivemos unha reunión de trámite para constituir a Comisión de Valoración deste Concurso e así habilitar Admón. a solicitar os "Informes sobre aptitudes e rendementos no traballo desarrollado" (informe do xefe). Unha vez máis, a Admón., de xeito unilateral, e coa oposición de todas as organizacións sindicais, aprobou os criterios de avaliación deste informe. Desde a CIG reiteramos unha vez máis a nosa total oposición a uns informes totalmente subxectivos e, en ocasións caprichosos, sin ningún tipo de motivación. Pedimos que se fagan públicos con anterioridade á resolución do Concurso, dando a cara e as explicacións oportunas, sin ampararse nun "a min non me preguntaron", "iso é cousa da Delegada/o" ou "eu informei ben pero debéronse equivocar". |
Mesa de Formación Continua de 13 de Fevereiro de 2008 |
|
14 Fev 2008 |
Onte, dia 13, estivemos en Madrid na Mesa de Formación continua, onde a AEAT nos apresentou a súa oferta de formación para este ano. Nesta proposta, a AEAT pretende continuar coa formación para a promoción interna mediante cursos a distancia, suprimir o curso de promoción ao Grupo B Interministerial, eliminar tamén o curso de galego para o persoal destinado fóra de Galicia e que, a iniciativa da CIG, se incluira no Plan de Formación do ano pasado (con moítisimo éxito, por certo, xa que recibiu unha avalancha de máis de 500 solicitudes... ) Desde a CIG non podemos entender esta atitude, xa que o que está a facer a AEAT é privar os seus propios traballadores da súa formación. Neste sentido, deixamos ben claro as nosas reclamacións: |
Novidades Concurso administrativas/os e auxiliares |
|
13 Fev 2008 |
|
Mesa de Seguimento do Acordo de Carreira Administrativa |
|
12 Fev 2008 |
Informamos que hoxe, ás 12h30 é que se reúne a Mesa de Seguimento do Acordo de Carreira Administrativa. Está previsto que se traten os seguintes puntos:
|
Novas adxudicacións Concurso C1 a 7 de Fevereiro de 2008 |
|
07 Fev 2008 |
Xa dispomos do ultimísimo listado de adxudicacións do concurso C1... Esperamos sexa o definitivo, mais pode haber algunha renuncia pendente de procesar, portanto estaremos pendentes... (isto non acaba nunca)... Para conseguirdes o listado ou calquer outra dúvida, contactai connosco. |
Convocatoria Especialidade Tributaria |
|
07 Fev 2008 |
Informamos sobre a convocatoria de exames para a obtención da Especialidade Tributaria para administrativos, auxiliares e persoal de informática, que saliu publicada no BOE de hoxe, 2 de Xaneiro. Tendes 20 días para apresentar a instancia. A seguir disponibilizamos as respectivas resolucións:
|
Plano de axudas de Acción Social para 2008 |
|
31 Jan 2008 |
No día de hoxe pechamos o Plan de Acción Social para o ano 2008. Entre as novidades que se introducen neste Plan, destacamos:
|
Oferta de Emprego Público 2008 publicada no BOE |
|
30 Jan 2008 |
A seguir disponibilizamos Oferta de Emprego Público que saiu publicada no BOE de hoxe, 30 de Xaneiro de 2008 (é claro, inclui información sobre promoción interna e persoal laboral):
|
Nota informativa Campaña IRPF 2007 |
|
24 Jan 2008 |
Onte tivemos unha primeira aproximación para falar da Campana da Renda do ano 2007. A Administración unicamente ofreceu datos estatísticos referentes ao número de citas atendidas, número de borradores, etc. A AEAT comunicounos que enviará cartas aos que o ano pasada fixeron o modelo 104 para informalos que este ano se enviará o borrador e comunicarán aos pais dos fillos que cumpran 14 anos para que acheguen o DNI dos mesmos, tamén informarán da obriga de comunicar a referencia catastral das vivendas. |
Resolución do Concurso de SVA no BOE |
|
11 Jan 2008 |
A resolución do Concurso de SVA (de Área número 1 do ano 2007, para a provisión de postos de traballo en Vixilancia Aduaneira (2007 A 01) ), sai publicada hoxe no BOE. Disponibilizamo-la a seguir pdf para descarregar:
|
Acordo Carreira Administrativa e Profisional |
|
31 Out 2007 |
A seguir disponibilizamos o Acordo da Carreira Administrativa, asinado nestes últimos dias ente a Axencia Tributaria e organizacións sindicais: |
Reunión do grupo de traballo 17, 18 de Outubro sobre a Carreira Profisional |
|
18 Out 2007 |
Nas reunións desta semana seguimos a constatar o que xa viña sucedendo dende o mes de xullo: a Administración non está disposta a ceder en absoluto nas suas pretensións, demostrando unha gran irresponsabilidade por non poñer nada da sua parte para chegar a un Acordo. Nestes dous días ( apenas unhas horas de reunión efectiva ) fomos debullando todo o texto do Acordo, e cedendo en cousas a parte social en aras de ir tendendo pontes de aproximación ás posturas, bastante intransixentes por certo, da AEAT. |
Reunión do dia 2 de Outubro do Grupo de Traballo da Carreira Profisional |
|
03 Out 2007 |
Na reunión do día de onte poidemos constatar que xa houbera varias reunións previas entre os sindicatos estatais e a AEAT ás que non foi convocada a CIG. Sabemos que os representantes destes sindicatos coñecían a proposta da Administración con moita máis antelación que nós. É evidente que a maioría dos sindicatos estatais non queren ver á CIG porque somos notarios molestos da súa realidade. Con estes antecedentes non é de extrañar que as nosas siglas non figuren na proposta sindical "conxunta" presentada onte pola tarde á Administración, xa que non estamos dispostos a que ninguneen e menosprecien ao sindicalismo galego. |