Novos listados do Concurso de Auxiliares (C2 - BOE 29-08-2007) |
|
26 Mar 2008 |
Hoxe tivemos a primeira tomada de contacto do concurso de Auxiliares. Como segue habendo moitos erros nas puntuacións non se viu ningunha praza, só se facilitou información de certos aspectos do concurso a nivel xeral. Lembrai que os listados e as suas actualizacións están disponibilizados no Panel de RRHH na intranet da AEAT, neles xa aparecerá a puntuación do Plan Concilia e o "Informe do xefe" (as prazas da Galiza están nas páxinas 69 a 72, e 608 a 828). |
A Mesa chama a sociedade galega a mobilizarse masivamente “polo dereito a vivirmos en galego” |
|
25 Mar 2008 |
A Mesa pola Normalización Lingüística chama a sociedade galega a mobilizarse masivamente “Polo dereito a vivirmos en galego”, lema que encabezará a manifestación que a asociación en defensa da lingua convoca para o vindeiro 18 de Maio en Santiago de Compostela. |
Publicada convocatória 2008 para Promoción Interna e Libre |
|
17 Mar 2008 |
A seguir disponibilizamos a convocatoria de exames de promoción interna e libre, que saiu no pasado dia 14 publicada no BOE: |
Dá comezo em Ourense a recollida de asinaturas contra o plus dos altos cargos |
|
17 Mar 2008 |
No edificio sindical do Parque San Lázaro de Ourense en 13 de Marzo citábanse delegados e delegadas sindicais da CIG nunha asemblea para tratar as liñas xerais da negociación colectiva para este 2008, así como dar comezo á campaña de recollida de asinaturas (na cual traballarán mais de cen persoas), co obxectivo de apresentar unha ILP no Parlamento da Galiza para derrogar a modificación da Lei de Función Pública, pola cal se aprobou un plus para os altos cargos da Administración galega. |
Primeiros listados do Concurso Auxiliares xa disponibilizados (C2 - BOE 29-08-2007) |
|
11 Mar 2008 |
Xa están os primeiros listados do Concurso de Auxiliares dependurados na Intranet da AEAT (painel de RRHH). Aqui no blogue da CIG-AEAT disponibilizamos as bases do concurso para que comprobedes a vosa pontuación (é máis cómodo que estudar o BOE...). As pontuacións, por agora, son moi provisionais e falta o "informe do xefe" (apartado TD3); revisainas ben, pois pode haber erros. Para poderdes ver eses mesmos listados pola Intranet primeiro entrades na Intranet e despois ides a "RRHH, Información General, Provisión de Puestos, Adjudicaciones Provisionales". A primeira reunión da Comisión está prevista para o día 27 de Marzo. Caso calquer dúvida, só tendes de contactar connosco (telef.: 981 61 68 89 / Fax 981 12 72 22).
|
Solidariedade com as centrais sindicais palestinianas |
|
11 Mar 2008 |
A Faixa de Gaza foi o cenario dunha nova agresión militar de Israel. Co argumento de pór ponto final ao lanzamento dos foguetes artesanais coñecidos como Kassam, o exército penetrou en territorio palestiniano facendo máis de 100 vítimas mortais e superando en 300 o número de feridos. No dia 3 de Marzo pasado a CIG enviou ás centrais sindicais palestinianas unha mensaxe de solidariedade e apoio. Posteriormente, con data 5 de Marzo, a CIG enviou unha carta ao ministro español dos Asuntos Exteriores e ao embaixador de Israel en Madrid. |
Novidades Concurso Auxiliares (Subgrupo C2) |
|
10 Mar 2008 |
É posible que nesta semana aparezan no Panel de RRHH as primeiras listas relativas ao Concurso de Auxiliares (Subgrupo C2), coas puntuacións obxectivas (antigüidade, traballo desenvolvido...). Revisai ben as vosas pontuacións, xa que pode haber erros. A idea é resolvelo a principios de Abril. |
Últimas notícias a respeito dos exames para a Especialidade Tributaria |
|
10 Mar 2008 |
Informamos que na pasada semana foron constituídos os Tribunais que cualificarán os exames para a obtención da Especialidade Tributaria. Ainda non foron marcadas as datas, mais, de xeito orientativo, informáronnos que serán na 2ª quincena de Maio.
|
10 de Marzo: Dia da Clase Obreira Galega |
|
06 Mar 2008 |
A tradicional manifestación de Ferrol será de novo o acto central da CIG no 10 de Marzo, Día da Clase Obreira Galega. A marcha partirá ás 19h30 do local do sindicato e rematará no Cantón despois de percorrer varias rúas do centro da cidade. A Unión Comarcal manifesta o seu total rexeitamento á visita que o monarca español fará a Ferrol neste día tan sinalado para as/os traballadoras/es do País. |
CIG apresenta queixa sobre os cursos obrigatórios |
|
04 Mar 2008 |
Nos pasados dias fomos coñecedores da impartición dun curso de asistencia obrigatoria para Axentes de Inspeción que se vai realizar, no ámbito da AEAT de Galicia, na Delegación da Coruña, para os funcionarios da Coruña e Lugo, e na de Vigo, para os funcionarios destinados en Vigo, en Pontevedra e Ourense. Non entendemos porque a AEAT, cos medios humanos e materiais que ten, non organiza este curso en cada unha das Delegacións galegas para evitar así o desprazamento dos funcionarios afectados (que nalgúns casos poden ser de 100 km de ida e outros 100 de volta), para facer un simple curso. |
8 de Marzo, Día da Muller Traballadora |
|
02 Mar 2008 |
A Secretaría da Muller da CIG vén de presentar a súa campaña para este 8 de Marzo, Día da Muller Traballadora, baixo o lema “Loitando contra a dobre presenza: Dobre loita, dobre resposta”. Unha campaña que, alén de denunciar as condicións laborais ás que se enfronta a muller galega, alerta das graves repercusión que, para a súa saúde ten a dificultade de conciliar a vida laboral e familiar. |
Cursos preparación Promoción Interna |
|
28 Fev 2008 |
A seguir disponibilizamos información sobre os cursos da AEAT para a promoción interna. O prazo para se anotar acaba no dia 14 de Marzo: |
Que é a CIG? |
|
22 Fev 2008 |
A Confederación Intersindical Galega (CIG) xorde do seu congreso fundacional, o 19 de marzo de 1994, e é a converxéncia das duas centrais sindicais galegas, CXTG e INTG, que asinaran previamente un pacto de alianza o 2 de abril de 1990. A orixe da CIG, e da INTG e CXTG, remonta-se ás loitas sindicais da década dos 70 en Galiza, co nacimento de várias organizacións sectoriais, entre as que cabe destacar o SOG (Sindicato Obreiro Galego), que deu orixe no ano 1977 á ING (Intersindical Nacional Galega), que se unificará posteriormente coa CTG (Confederación de Traballadores Galegos) e mais a CSG (Central Sindical Galega). Deste proceso de converxéncia nacen a INTG e a CXTG, que agora se unifican na CIG. |
Resolución do Concurso de Administrativas/os publicada no BOE |
|
22 Fev 2008 |
Como xa tíñamos informado, a resolución do Concurso de Administrativas/os (Subgrupo C1), sai publicada hoxe no BOE. Disponibilizamo-la pdf para descarregar:
|
A CIG pasa a ser a segunda forza na Galiza |
|
21 Fev 2008 |
Os datos oficiais do proceso de eleccións sindicais, feitos públicos pola Dirección Xeral de Relacións Laborais o pasado 6 de Febreiro, confirman que a CIG pasa a ser a segunda forza en Galiza con 5.628 delegadas/os, por diante de CCOO e a tan só 545 de UGT. A Executiva Confederal considera que se trata duns resultados “históricos” que “reafirman o modelo sindical que nós representamos”. |