Candidaturas da CIG-AEAT para as eleicións sindicais 2007

13 Abr 2007

A seguir informamos das candidaturas apresentadas pola CIG às próximas Eleicións Sindicais na Axencia Tributaria. Os ficheiros están en formato pdf, só tendes de clicar en cima para aceder o mesmo:

 

Estatuto Básico da/o empregada/o público

13 Abr 2007

Lei 7/2007, de 12 de Abril, do Estatuto Básico da/o empregada/o público. (BOE, 89, de 13-04-2007)

«O Estatuto Básico da/o empregada/o público estabelece os princípios xerais aplicábeis ao conxunto das relacións de emprego público, comezando polo servizo ás/aos cidadás/aos e ao interesse xeral, xa que a finalidade primordial de calquer reforma nesta materia debe ser mellorar a calidade dos servizos que a/o cidadá/ao recebe da Administración. [...]»

Disponibilizamos a seguir o texto deste Estatuto na íntegra na versión en galego:

 

Novas informacións sobre a Campaña Renda 2006

14 Mar 2007

Onte tivemos a última reunión sobre a Campaña de IRPF, para tratar as condicións que van rexir neste ano.O acordo foi asinado por UXT, CCOO e SIAT, contando co rexeitamento por parte da CIG, porque no acordo seguen quedando sen recoller moitos aspectos que levamos reclamando en todas as reunións:

Full story »

 

Mesa de Produtividade

12 Mar 2007

Na reunión do pasado xoves 8 de marzo a AEAT volveu a presentar a mesma proposta da reunión anterior, sin variar nin unha coma, desoíndo por tanto as demandas da parte social.

A CIG expresou a sua intención de non servir de coartada a Administración para unha pequena reforma do actual sistema de reparto de productividade, para que as cousas segan mais ou menos igual.

Full story »

 

Novidades Concurso SVA

12 Mar 2007

O pasado xoves ( o día 8 de marzo) asistimos de novo en Madrid á reunión sobre o próximo concurso do SVA. Non sabemos porque a administración convoca aos sindicatos, cando realmente non existe ningunha intención de negociar coa parte social.

A Axencia deu por pechadas as bases do concurso, coa súa idea de valorar o que eles chaman "experiencia profesional con relación de equivalencia ", no que se poñen en xogo, de acordo coa proposta da administración, nada mais e nada menos que un total de 15 puntos, ao que habería que engadir o informe do xefe, co cal a falta de obxectividade neste concurso é manifiesta.

Full story »

 

Mesa da Campaña da Renda 2006

09 Mar 2007

Outra vez mais, no día de onte a administración presentounos unha proposta que non modifica en case nada a proposta anterior: entregounos un borrador prácticamente idéntico ao do último día, só introduce unha referencia ao seguimento do acordo e ao referente á distribución e número de persoas de cada equipo de traballo e concreta o réxime horario do persoal contratado para a campaña.

Segue negándose a modificar ningunha partida económica respecto ao último borrador, incluindo as retribucións económicas para o persoal de informática, colaboración extraordinaria dentro da xornada de traballo e para os operadores que realizan funcións de coordinación; que non aumentan nin o IPC respecto ao ano pasado.

Full story »

 

Novidades do Concurso de Axentes

06 Mar 2007
Email , Categorias: Información AEAT, Concursos,

A reunión prevista para a reunión da Comisión do Concurso de Axentes aprazouse ata a próxima semana, é previsible que sexa o vindeiro día 13 de marzo, e que para esa data nos faciliten uns novos listados.

Temos a vosa disposición os primeiros listados do concurso de AXENTES de FACENDA PÚBLICA, se queredes algunha información sobre as plazas, postos...etc, podedes consultar o Panel de RRHH ou dirixirvos aos delegados da CIG.

Full story »

 

Concurso do SVA

05 Mar 2007

O pasado xoves tivemos en Madrid o primeiro contacto sobre o concurso do SVA que sairá este ano. A reunión non deu máis de si porque a Administración non viña con actitude negociadora: ao inicio da propia reunión entregounos un borrador coas bases e criterios do concurso, polo tanto, nin tempo tivemos a estudialas con calma; ademais, non deu explicacións sobre o número de prazas que van sair no concurso, e limitouse a presentar unha proposta que para nós é incompleta e inxusta.

En canto ao número de prazas a cubrir só sabemos que o total de postos que sairán no concurso é de 331 (para todos os grupos), polo que non nos queda outra que imaxinarnos que moitas destas serán para cubrir a tripulación do Fulmar e o Petrel, e non nos facilitaron ningún dato acerca da distribución xeográfica e o reparto por grupos.

Full story »

 

Novas informacións sobre a Campaña da Renda 2006

03 Mar 2007

Na reunión do pasado xoves, a Administración presentounos un borrador que para a totalidade da parte social é totalmente inaceptable: non se contempla ningunha suba respecto ao ano pasado nos apartados "Colaboración extraordinaria dentro da xornada de traballo", nin para os operadores que realizan funcións de coordinación, e tampouco para o persoal de apoio de Informática Tributaria.

O resto das partidas da proposta da administración só suben un 2,5%, é dicir, ofrecen unha suba menor que o IPC do 2006, polo que vemos que a AEAT quere que os seus traballadores perdan poder adquisitivo ano tras ano.

Full story »

 

"Defensor del Pueblo" admite a trámite a denuncia da CIG sobre o S.V.A

14 Fev 2007
Email , Categorias: Vixilancia Aduaneira, Info SVA,

Onte recibimos unha comunicación do "Defensor del Pueblo" na que se admite a trámite a denuncia da CIG sobre a situación do SVA, relativa á segunda actividade.

A queixa presentada pola CIG baseábase en que, dez anos despois do comprometido na Lei 66/97, a situación de segunda actividade para os funcionarios do SVA segue sen contar cunha regulación específica, e polo tanto, este colectivo, ao alcanzar determinadas idades, atópase nunha situación de desamparo total, sen ningunha lexislación que o protexa.

Full story »

 

Mesa da Campaña da Renda 2006

14 Fev 2007

Onte, 13 de febreiro, asistimos á mesa para tratar sobre a próxima campaña de Renda .A administración non facilitou ningunha da información á que se comprometera na reunión anterior: borrador coa súa proposta, presuposto para a nova campaña..etc

A CIG reiterou as peticións da reunión anterior, e esperamos que queden plasmadas no novo acordo de renta:

Full story »

 

Mesa de Produtividade de 7 de Fevereiro de 2007

08 Fev 2007

Despois de moitos anos sen tratar o tema da productividade, a administración convocounos onte en Madrid para comezar a negociación deste complemento tan inxusta e arbitrariamente repartido. O Subdirector de Relacións Laborais asistiu acompañado da Subdirectora de Inspección e o Subdirector de Programación e Incentivación.

O día 6 de xaneiro, á ultima hora da mañá ( é dicir, unhas horas antes da reunión), a administración repartiu ás organizacións sindicais un "borrador" da súa proposta dos criterios dun novo baremo para o reparto da productividade dos funcionarios de inspección e para a asignación do complemento de productividade...

Full story »

 

Mesa Xeral da AEAT de 31 de Xaneiro de 2007

01 Fev 2007
Email , Categorias: Información AEAT, Carreira,

O borrador da proposta da Administración constaba de 7 puntos, dos cais non se chegou a debatir en profundidade nin o primeiro. Este primeiro punto establecía que a carreira profesional e admva. baséase na agrupación de postos de traballo dos mesmos grupos de clasificación, posicións retributivas e características (excluíndo aos postos de libre desiñación e natureza operativa) nun mesmo tramo ou categoría.

A CIG na sua intervención, explicoulle á Admón. que esta se esquecera de introducir no texto que a carreira administrativa e profesional é un dereito dos/das traballadores/as para permitirlle o progresivo avance na sua vida profesional e o acceso a postos de traballo cada vez mais cualificados, con maior responsabilidade e mellor retribuidos, dentro dun sistema obxectivado de promoción. Expresamos tamén o noso desexo de que tanto os postos de libre desiñación como todo o grupo A formen parte desta negociación.

Full story »

 

Mais sobre Acción Social 2007

31 Jan 2007

Onte cerrouse o Plan de Acción Social do ano 2007, todos os sindicatos, agás a CIG estaban de acordo coa administración. A CIG non asinou por entender que dito plan aos únicos que beneficia son as rentas máis altas da AEAT en detrimento das rentas máis baixas, xa que neste Plan e ca deducción por número de fillos e o aumento da base imponible ata 37.000 euros, poderán ter acceso ás axudas funcionarios con rentas superiores a 45.000 ou 50.000 euros anuais, e así, lóxicamente para poder cubrir estas axudas non se poden aumentar as contías das axudas do persoal que menos gaña na AEAT.

Como novedades deste plan, incrementouse a dedución por fillos, 2600 euros por cada un dos dous primeiros fillos e 2000 a partir do terceiro (antes eran 1.800 €), e os fillos deberán ser menores de 25 anos ( e non 23 como era antes), se amplía o importe máximo que cada empregado poderá percibir polo conxunto de axudas (pasa de 6.300 a 6.700), etc.

Full story »

 

Nova reunión da Mesa de Formación Continua

31 Jan 2007
Email , Categorias: Información AEAT, Formación,

O pasado día 30 estivemos na Mesa de Formación Continua da Axencia para o ano 2007. Nesta mesa a administración informounos do presuposto previsto para formación para o ano 2007 (1 millón de euros), e da nova proposta do proxecto do Plan de Formación Continua para o ano 2007.

Nesta nova proposta da administración quedaron recollidas moitas das accións formativas, que de xeito verbal e escrito, leva reclamando a CIG durante moito tempo.

Full story »

 

<< 1 ... 69 70 71 72 73 74 75 76 77 78 79 >>