Publicada a convocatoria de axudas á conciliación por acollemento á redución de xornada

03 Abr 2008

DOG de 3 de Abril de 2008

O DOG de 3 de Abril de 2008 publica a orde pola que se convocan as axudas á conciliación da vida familiar e laboral como medida de fomento da corresponsabilidade para os traballadores que se acollan á redución da súa xornada de traballo.

 

Proposta de adxudicación de postos Concurso C2 (BOE 29-08-2007)

02 Abr 2008
Email , Categorias: Información AEAT, Concursos,

Infórmate na CIG-AEAT chamando para o 981 61 68 89

Hoxe botouse un primeiro vistazo as prazas do concurso, pero aínda continuarán mañá os traballos da Comisión de Valoración. No que respecta as prazas de Galicia, detectamos aínda erros non depurados respecto a valoración dos cursos de galego (Méritos Específicos), e tamén no apartado de “Trabajo Desarrollado”, xa que hai concursantes aos que non se lles valorou neste apartado os traballos administrativos realizados na Xunta previamente ao seu paso á AEAT.

Aínda que son casos moi puntuais, non podemos entender cómo a estas alturas do concurso, a AEAT alega que non conta con esa información cando ésta se pode consultar por cada interesado mirando o seus datos na propia Intranet da Axencia.

Full story »

 

Avanzando no Concurso C2 (BOE 29-08-2007)

01 Abr 2008
Email , Categorias: Información AEAT, Concursos,

Infórmate na CIG-AEAT chamando para o 981 61 68 89

Durante todos estes dias está a haber actualizacións diarias dos listados do Concurso C2 - BOE 29-08-2007. A seguir, publicamos a explicación das claves "T" e "E" que aparecen no apartado de Mínimos (consulta que nos fixestes moitas de vós), pois hai prazas na Galiza em que todos os concursantes teñen esta clave e eses postos poden ficar vacantes. A posíbel baixada da puntuación mínima nese apartado verase mañá.

Interpretación das claves “T”, “E”, e “TE” no apartado “MINIMOS”

1. A estes efeitos, se no apartado “MÍNIMOS”, aparece un “T”, quere dicir que ese concursante non chega á puntuación mínima no apartado de “Trabajo Desarrollado”, polo que, en principio non pode resultar adxudicatario da praza.

2. Os que teñan no apartado “MÍNIMOS” un “E”, son os que non chegan á puntuación mínima no apartado de “Méritos Específicos”.

3. Os que teñen “TE”, non chegan á puntuación mínima nin no “TRABAJO DESARROLLADO”, nin en “MÉRITOS ESPECÍFICOS”.

Full story »

 

A CIG denuncia a criminalización do nacionalismo e a falta de respeito aos máis básicos principios democráticos

28 Mar 2008

Exixe do Ministerio do Interior que investigue e adopte medidas por estes graves feitos

A Confederación Intersindical Galega (CIG) manifesta a súa indignación e estupor pola persecución das ideas e a criminalización de colectivos e persoas polo simple feito de seren nacionalistas, tal e como acreditan os documentos internos da Garda Civil aos que tivo aceso o Movemento polos Dereitos Civís.

A CIG denuncia a existencia dun protocolo de actuación do instituto armado para identificar calquer persoa ou colectivo que presente o máis mínimo trazo de ideoloxía nacionalista, manifestada en síntomas tais como levar no seu veículo un autocolante coas siglas GZ ou ser membro dunha asociación cultural.

 

Cinco anos de genocídio no Iraque

27 Mar 2008
Email , Categorias: Notícias Sindicato, Opinión,

Altamiro Borges (*)

O desastre no Iraque comprova que o imperialismo não é invencível. O crescente desgaste dos senhores da guerra, dos neocons de Bush, e a grave recessão neste país revelam que o império está em declínio. Para acelerar este processo, indispensável à paz no mundo e ao bem-estar da humanidade, é preciso reforçar as denúncias do genocídio e a solidariedade aos povos vítimas da ação imperial

Às 5h35 da madrugada 20 de março, no horário de Bagdá os EUA iniciaram o brutal bombardeio aéreo ao Iraque com o objetivo de invadir esta nação soberana. Ao completar cinco anos desta tragédia, crescem as analises sobre os seus efeitos na geopolítica mundial.

Full story »

 

Novos listados do Concurso de Auxiliares (C2 - BOE 29-08-2007)

26 Mar 2008
Email , Categorias: Información AEAT, Concursos,

Infórmate na CIG-AEAT chamando para o 981 61 68 89

Hoxe tivemos a primeira tomada de contacto do concurso de Auxiliares. Como segue habendo moitos erros nas puntuacións non se viu ningunha praza, só se facilitou información de certos aspectos do concurso a nivel xeral.

Lembrai que os listados e as suas actualizacións están disponibilizados no Panel de RRHH na intranet da AEAT, neles xa aparecerá a puntuación do Plan Concilia e o "Informe do xefe" (as prazas da Galiza están nas páxinas 69 a 72, e 608 a 828).

Full story »

 

A Mesa chama a sociedade galega a mobilizarse masivamente “polo dereito a vivirmos en galego”

25 Mar 2008

Convoca unha manifestación en defensa da lingua o próximo 18 de Maio, en Compostela

A Mesa pola Normalización Lingüística chama a sociedade galega a mobilizarse masivamente “Polo dereito a vivirmos en galego”, lema que encabezará a manifestación que a asociación en defensa da lingua convoca para o vindeiro 18 de Maio en Santiago de Compostela.

 

Publicada convocatória 2008 para Promoción Interna e Libre

17 Mar 2008
Email , Categorias: Información AEAT, Promoción,

A seguir disponibilizamos a convocatoria de exames de promoción interna e libre, que saiu no pasado dia 14 publicada no BOE:

 

Dá comezo em Ourense a recollida de asinaturas contra o plus dos altos cargos

17 Mar 2008

Obxectivo: apresentar unha Iniciativa Lexislativa Popular (ILP)

No edificio sindical do Parque San Lázaro de Ourense en 13 de Marzo citábanse delegados e delegadas sindicais da CIG nunha asemblea para tratar as liñas xerais da negociación colectiva para este 2008, así como dar comezo á campaña de recollida de asinaturas (na cual traballarán mais de cen persoas), co obxectivo de apresentar unha ILP no Parlamento da Galiza para derrogar a modificación da Lei de Función Pública, pola cal se aprobou un plus para os altos cargos da Administración galega.

 

Primeiros listados do Concurso Auxiliares xa disponibilizados (C2 - BOE 29-08-2007)

11 Mar 2008
Email , Categorias: Información AEAT, Concursos,

Infórmate na CIG-AEAT chamando para o 981 61 68 89

Xa están os primeiros listados do Concurso de Auxiliares dependurados na Intranet da AEAT (painel de RRHH). Aqui no blogue da CIG-AEAT disponibilizamos as bases do concurso para que comprobedes a vosa pontuación (é máis cómodo que estudar o BOE...).

As pontuacións, por agora, son moi provisionais e falta o "informe do xefe" (apartado TD3); revisainas ben, pois pode haber erros. Para poderdes ver eses mesmos listados pola Intranet primeiro entrades na Intranet e despois ides a "RRHH, Información General, Provisión de Puestos, Adjudicaciones Provisionales".

A primeira reunión da Comisión está prevista para o día 27 de Marzo. Caso calquer dúvida, só tendes de contactar connosco (telef.: 981 61 68 89 / Fax 981 12 72 22).

 

Solidariedade com as centrais sindicais palestinianas

11 Mar 2008

Pola invasión militar israelita na Faixa de Gaza

A Faixa de Gaza foi o cenario dunha nova agresión militar de Israel. Co argumento de pór ponto final ao lanzamento dos foguetes artesanais coñecidos como Kassam, o exército penetrou en territorio palestiniano facendo máis de 100 vítimas mortais e superando en 300 o número de feridos.

No dia 3 de Marzo pasado a CIG enviou ás centrais sindicais palestinianas unha mensaxe de solidariedade e apoio. Posteriormente, con data 5 de Marzo, a CIG enviou unha carta ao ministro español dos Asuntos Exteriores e ao embaixador de Israel en Madrid.

 

Novidades Concurso Auxiliares (Subgrupo C2)

10 Mar 2008
Email , Categorias: Información AEAT, Concursos,

É posible que nesta semana aparezan no Panel de RRHH as primeiras listas relativas ao Concurso de Auxiliares (Subgrupo C2), coas puntuacións obxectivas (antigüidade, traballo desenvolvido...).

Revisai ben as vosas pontuacións, xa que pode haber erros. A idea é resolvelo a principios de Abril.

 

Últimas notícias a respeito dos exames para a Especialidade Tributaria

10 Mar 2008

Informamos que na pasada semana foron constituídos os Tribunais que cualificarán os exames para a obtención da Especialidade Tributaria. Ainda non foron marcadas as datas, mais, de xeito orientativo, informáronnos que serán na 2ª quincena de Maio.

  • Mais información da convocatoria aqui.
 

10 de Marzo: Dia da Clase Obreira Galega

06 Mar 2008

A tradicional manifestación de Ferrol será de novo o acto central da CIG no 10 de Marzo, Día da Clase Obreira Galega. A marcha partirá ás 19h30 do local do sindicato e rematará no Cantón despois de percorrer varias rúas do centro da cidade. A Unión Comarcal manifesta o seu total rexeitamento á visita que o monarca español fará a Ferrol neste día tan sinalado para as/os traballadoras/es do País.

 

CIG apresenta queixa sobre os cursos obrigatórios

04 Mar 2008
Email , Categorias: Información AEAT, Formación,

Nos pasados dias fomos coñecedores da impartición dun curso de asistencia obrigatoria para Axentes de Inspeción que se vai realizar, no ámbito da AEAT de Galicia, na Delegación da Coruña, para os funcionarios da Coruña e Lugo, e na de Vigo, para os funcionarios destinados en Vigo, en Pontevedra e Ourense.

Non entendemos porque a AEAT, cos medios humanos e materiais que ten, non organiza este curso en cada unha das Delegacións galegas para evitar así o desprazamento dos funcionarios afectados (que nalgúns casos poden ser de 100 km de ida e outros 100 de volta), para facer un simple curso.

Full story »

 

<< 1 ... 70 71 72 73 74 75 76 77 78 79 80 >>



Sede Nacional:
Delegación AEAT da Coruña

Telefone: 981 616 889
Fax: 981 127 222
Co-e: cigaeat[@]gmail.com


Quen somos na AEAT?
Ficha de Afiliación
Contacta
Julho 2020
Seg Ter Qua Qui Sex Sab Dom
 << <   > >>
    1 2 3 4 5
6 7 8 9 10 11 12
13 14 15 16 17 18 19
20 21 22 23 24 25 26
27 28 29 30 31    

Busca

Ligações

Web Oficial da Confederación Intersindical Galega
Formación Online
Gabinete Confederal Saúde Labora
Fundación para o Estudo e a Divulgación da Cuestión Social e Sindical en Galiza
Fundación para a Orientación Profesional, Emprego e Formación en Galiza
CIG Administración Pública

Ferramentas do usuário

Feeds XML

What is RSS?

Quem está online?

  • Usuários convidados: 0
Contadores

Contadores de visitas gratis para webCursosContadores de visitas gratis para web
powered by b2evolution free blog software