Entrega de 19.000 asinaturas contra o plus de altos cargos

17 Jun 2008

Grande suceso da ILP promovida pola CIG

Representantes da CIG fixeron entrega, este terza (martes) día 17 de xuño, das máis de 19.000 asinaturas, xa certificadas pola oficina do censo eleitoral, para promover unha Iniciativa Lexislativa Popular (ILP) e obrigar a instituición parlamentar a retomar o debate sobre o chamado plus de altos cargos. Porén, non se puido explicar aos meios o conteúdo da mesma porque o chefe de seguranza do Parlamento impediuno, aducindo que tiña ordes de proibir que fosen feitas declaracións, nen sequer na porta de entrada do edificio.

 

Nota conxunta sobre o Acordo de Promoción Interna

12 Jun 2008

CIG AEAT aderiu ao acordo

A seguir disponibilizamos a nota conxunta sobre o Acordo de Promoción Interna, que foi ratificado onte na Mesa Xeral da AEAT. Na vindoiras semanas comezarán a ser estudados outros temas derivados do Acordo de Carreira Administrativa. Xa vos informaremos das novidades.

 

Publicada a orde reguladora do cheque infantil para a atención de nenos en escolas infantís non sustidas con fundos públicos

12 Jun 2008

Disponibilizamos a orde do DOG en formato PDF

A Secretaría da Muller da CIG informa que o Diario Oficial de Galiza publicou, a 10 de Xuño, a orde que regula as axudas económicas para atención da primeira infancia a través do cheque infantil en escolas infantís (de 0 a 3 anos) non sustidas con fundos públicos.

 

A CIG aposta pola mobilización contra as pretensións da UE de ampliar o tope da xornada semanal até as 65 horas

12 Jun 2008

A medida desenmascara a falacia da “Europa social”

A CIG considera inaceptábel e completamente regresiva a proposta acordada polos ministros de Traballo da UE que pretende ampliar o tope da xornada semanal até as 65 horas. Esta medida, que nos retrotrae até comezos do século XX, precarizará aínda máis as condicións laborais dos asalariados. O sindicato nacionalista aposta pola mobilización para facer fronte a este ataque contra a clase traballadora.

 

Novo Delegado Especial da AEAT da Galiza

06 Jun 2008
Email , Categorias: Información AEAT, Info Xeral,

María Teresa Pisano Vello é substituída por Luis Antonio Pazos Franco, até agora delegado de Pontevedra

No dia de hoxe o BOE publica oficialmente o cesamento da sra. María Teresa Pisano Avello como delegada especial da Axencia Estatal de Administración Tributária da Galiza, e a nomeación do, até agora, delegado da Axencia de Pontevedra Luis Antonio Pazos Franco, como novo delegado especial.

 

Acordo de Promoción Interna

04 Jun 2008

Disponibilizamos texto do acordo

No día de onte asistimos a reunións maratonianas para tratar de perfillar os criterios definitivos para a promoción interna, tal e como se estabelecía no Acordo de Carreira Administrativa.

Nunha primeira valoración consideramos a proposta da AEAT para promoción interna como boa, mais millorable; non se entra no “fundo” e non recolle moitas das nosas peticións: adaptación dos temas requeridos para superar as probas ao traballo que se vai desenvolver, redución de temarios, etc.. Tamén somos cépticos das ventaxas que poda ter a fórmula de concurso-oposición, posto que, obviamente, non saberemos a súa incidencia até que se puxer en marcha.

Full story »

 

Xornadas Internacionais de Economía Social

04 Jun 2008

Pretenden servir como foro de reflexión e para compartir experiencias

Os días 13 e 14 de Xuño terán lugar en Santiago de Compostela as Xornadas Internacionais de Economía Social organizadas pola CIG en colaboración coa Federación de Cooperativas SINERXIA.

Tanto para a CIG como para SINERXIA, estas xornadas constitúen unha oportunidade para dar a coñecer os valores do cooperativismo e a contribución de ambas organizacións na construción dunha sociedade máis xusta e igualitaria, alén de ser unha boa oportunidade para compartir experiencias e reflexións co movemento sindical, responsábeis e técnicos municipais de áreas de desenvolvemento local, centros de ensino, tecido asociativo e todas as persoas interesadas na economía social.

Full story »

 

Os prexuízos lingüísticos: Proposta de clasificación

03 Jun 2008
Email , Categorias: Notícias Sindicato, Opinión,

Neste artigo do profesor Xosé Ramón Freixeiro Mato abórdase a cuestión dos prexuízos que se proxectan sobre o idioma galego. En opinión deste estudoso da nosa lingua, no caso do Estado español continúan a se difundir prexuízos que no fondo pretenden o reforzamento do castelán e o debilitamento das outras linguas cooficiais. O combate contra eses prexuízos, que están a servir de freo ao proceso de normalización do noso idioma, é un requisito imprescindíbel para levarmos a cabo o devandito proceso con éxito.

Full story »

 

Nova proposta da AEAT para Promoción Interna

30 Mai 2008

Disponibilizamos nova proposta apresentada pola AEAT na Mesa de Negociación de onte, 29 de Maio de 2008

Estes días asistimos de novo a diversas reunión da Mesa de Traballo de Carreira Administrativa para estudar as diferentes propostas da AEAT para a promoción interna. No día de onte, en sesións de mañá e tarde, estudamos até tres propostas distintas da Axencia, onde a CIG tratou de que fosen recollidas a totalidade das condicións xa fixadas no Acordo de Carreira Administrativa.

De momento, a AEAT, continua coa pretensión de deixar fóra da negociación os procesos selectivos da promoción interna ao Subgrupo A1, e a respeito da posibilidade de reducir materia segundo a antigüidade, vai propor a viabilidade ao MAP, mais sen marcar datas nin prazo algún.

Full story »

 

CIG-Administración promove campaña para que se garantan os direitos da cidadania a ser atendida en galego

22 Mai 2008

Exixirán dos responsábeis políticos que sexa respeitada a legalidade vixente

A CIG-Administración acaba de anunciar, en conferencia de imprensa, o lanzamento dunha campaña dirixida a fomentar o uso do galego en todos os ámbitos da administración pública, sob o lema “Polo direito ao uso do nosos idioma nas administracións públicas”. Para iso, alén de sensibilizar os traballadores e traballadoras, será exixido dos responsábeis políticos o cumprimento da legalidade vixente nesta materia.

 

Reunión Acción Social (21-05-2008)

21 Mai 2008

Mais información na CIG-AEAT chamando para o 981 61 68 89

Na reunión de hoxe acerca da Acción Social foron tratadas diversas cuestións xerais acerca das axudas para o ano 2008:

- Foinos entregue a resolución para as axudas polos gastos de viaxe para as/os traballadoras/es que se teñen que deslocar para realizar o exame da Especialidade Tributaria, pois o mesmo só se fai en determinadas provincias.

- Comunícannos que no mes de Maio serán pagas as axudas de xubilación, vivenda, falecimento e incapacidade, ben como as de nacimento e primeira infancia (modalidades 2.1 e 2.2)

- Infórmannos da existencia do "Teléfono de Asistencia Familiar", que xa está totalmente operativo e parece ser que con moi bo resultado. Neste telefone poden ser consultadas todo tipo de cuestións (médicos, problemas no traballo, axudas...). Se ainda non coñecerdes, o número é 900 900 066 (cando vos pedir a seña ou palavra-chave, ela é AGT 439 V).

 

Rechazada proposta da AEAT para Promoción Interna

21 Mai 2008

Reunións continuarán para a semana próxima. Para xá, disponibilizamos copia da última proposta da administración

Nestes días temos asistido a diversas reunións para tratar coa AEAT os criterios para a promoción interna, segundo o establecido no Acordo de Carreira Administrativa. As propostas da AEAT pasan por deixar fóra da negociación a pasaxen para o Subgrupo A1 (para que todo continue na mesma) e facer unhas ponderacións distintas da fase de concurso e da de oposición, segundo se trate do acceso ao Subgrupo A2 ou ao Subgrupo A1.

Por outro lado, a Axencia pretente que, para gardar o aprobado dun ano para outro, sexan superados os exames cunha determinada pontuación mínima.

Full story »

 

CIG-AEAT impulsa novas iniciativas a respeito da Campaña de IRPF 2007

21 Mai 2008

Disponibilizamos escrito apresentado ante a Delegada Especial

Comezada xa a Campaña de Renda deste ano, queremos informar-vos, caso non teñan ainda chegado a vós, das últimas novidades e iniciativas que estamos levando a cabo na mesma. Destarte, nos pasados días tivemos diversas conversas coa Xefatura de Xestión da Galiza para que tratase, na medida do posíbel, de respeitar o horario que fose do agrado da maioría das/os funcionarias/os nas diversas Delegacións e Administracións da AEAT.

Tamén lle fixemos chegar a nosa iniciativa para reclamar as horas efectivamente traballadas na Renda, dado que, como nos demais anos, están a ser feitas horas en exceso a respeito do horario previsto.

Full story »

 

Campaña para pedir a regulamentación da segunda actividade no SVA

21 Mai 2008
Email , Categorias: Vixilancia Aduaneira, Info SVA,

Disponibilizamos modelos de cartas para enviar ao "Defensor del Pueblo" e ao director xeral da AEAT

Da CIG-AEAT estamos a traballar para que a AEAT se sente dunha vez a negociar o regulamento da segunda actividade de Vixilancia Aduaneira. Ante o silencio, cando non a negativa, da AEAT dirixímonos a varias instancias para pedir que convoquen a correspondente Mesa de Negociación.

O ano pasado, no Congreso dos Deputados, por mediación do grupo do BNG levamos a cabo varias iniciativas tendentes a obrigar a Administración a que cumpra a Lei; este ano voltaremos a tentalo, para que se debata antes do verán, a poder ser, e no mínimo conseguirmos que a AEAT teña que dar explicacións dos seus incumprimentos nas Cortes Xerais.

Full story »

 

Proposta da AEAT para Promoción Interna

20 Mai 2008

No futuro pasará a ser Concurso-Oposición

A seguir disponibilizamos a proposta da AEAT para a Promoción Interna, que, como sabedes, pasará a ser Concurso-Oposición depois do aprobado no Acordo de Carreira Administrativa.

Isto vaise tratar nun grupo de traballo que se reúne hoxe, as 11h00 en Madrid e do que a CIG fai parte. Facédenos chegar as vosas propostas e suxestións sobre este tema pois queremos contar coa vosa opinión.

 

<< 1 ... 67 68 69 70 71 72 73 74 75 76 77 ... 80 >>



Sede Nacional:
Delegación AEAT da Coruña

Telefone: 981 616 889
Fax: 981 127 222
Co-e: cigaeat[@]gmail.com


Quen somos na AEAT?
Ficha de Afiliación
Contacta
Julho 2020
Seg Ter Qua Qui Sex Sab Dom
 << <   > >>
    1 2 3 4 5
6 7 8 9 10 11 12
13 14 15 16 17 18 19
20 21 22 23 24 25 26
27 28 29 30 31    

Busca

Ligações

Web Oficial da Confederación Intersindical Galega
Formación Online
Gabinete Confederal Saúde Labora
Fundación para o Estudo e a Divulgación da Cuestión Social e Sindical en Galiza
Fundación para a Orientación Profesional, Emprego e Formación en Galiza
CIG Administración Pública

Ferramentas do usuário

Feeds XML

What is RSS?

Quem está online?

  • Usuários convidados: 0
Contadores

Contadores de visitas gratis para webCursosContadores de visitas gratis para web
powered by b2evolution free blog software