Nova reunión da Mesa de Formación Continua |
|
31 Jan 2007 |
O pasado día 30 estivemos na Mesa de Formación Continua da Axencia para o ano 2007. Nesta mesa a administración informounos do presuposto previsto para formación para o ano 2007 (1 millón de euros), e da nova proposta do proxecto do Plan de Formación Continua para o ano 2007. Nesta nova proposta da administración quedaron recollidas moitas das accións formativas, que de xeito verbal e escrito, leva reclamando a CIG durante moito tempo. |
Previsións Concursos |
|
30 Jan 2007 |
CONCURSO INFORMÁTICA (2006 A 01.- Xa quedou pechada a Comisión de Valoración do concurso, que se reuniu por última vez o pasado 30 de xaneiro, xa quedaron todos os postos e próximamente se enviará ao BOE. CONCURSO AXENTES (2006 A 02)- Todavía se están a preparar os listados provisionais, o retraso nos listados deste concurso ven motivado pola documentación adicional que se está pedindo para xustificar a puntuación da conciliación da vida familiar e laboral. As últimas previsións apuntan a que a reunión da Comisión terá lugar entre a segunda e a terceira semana de febreiro. |
Propostas da CIG ao Plano de Acción Social 2007 |
|
28 Jan 2007 |
Os próximos días 29 e 30 de xaneiro reuniremonos coa administración para tratar o Plan de Acción Social para o ano 2007, nos que a CIG presentará as súas propostas. A propostas da CIG están encaminadas á axudar aos viúdos/as e fillos dos traballadores da AEAT, que, no momento do seu falecemento prestaban servizos na Axencia Tributaria. |
Mesa de Formación Continua |
|
27 Jan 2007 |
O pasado día 24 estivemos na mesa de Formación para que a AEAT nos presentara as súas propostas en materia de formación continua para o ano 2007.Como sempre, a administración deixa todo para o último momento, xa que nos convoca só con marxe dunha semana para presentar o Plan de Formación Continua no MAP ( o día 31 de xaneiro é o día límite para que éste se presente no MAP). Na proposta da administración desaparece a posibilidade de realizar os cursos para preparar a promoción interna de xeito presencial, agora todas as posibilidades para facer os curso de preaparación á promoción pasan por facelos "a distancia", e, en principio non se contempla outra opción. |
Campaña da Renda 2006 |
|
24 Jan 2007 |
O día 23/01 reunímonos coa Admon. para tratar sobre a campaña de renda do 2006. Pola admón. estaban a Directora de RR. HH e Adom. Económica, o Director Adjunto de RR.HH, o Subdirector de Relacións Laborais, e Jesús Gascón representando a Gestión Tributaria. A administración fixo unha exposición do resultado da campaña de 2005, e quedou en darnos máis información dos resultados por Delegacións. |
Mesa Xeral de 16 de Xaneiro virada para a Carreira Profesional dos empregados da AEAT |
|
19 Jan 2007 |
O pasado 16 de xaneiro, a administración convocounos para comezar a discutir sobre os criterios da carreira profesional dos empregados da AEAT. A proposta da administración comezaba por facer unha distribución por categorías e basada na antigüidade, a valoración do desempeño e a formación. A CIG deixou ben claro que, na actualidade, non existe unha definición dos distintos postos de traballo nin das súas función. Como ben sabedes, en todas as administración e delegación da AEAT atopamos funcionarios do grupo D asuminndo traballos do grupo C, e así sucesivamente, sen ningunha lóxica e sen o amparo de ningún regulamento. |
Plano 2007 Acción Social |
|
18 Jan 2007 |
O pasado día 18 de xaneiro reunímonos a parte social e a administración para empezar a desenrolar o Plan de Axudas da AEAT para o ano 2007. Coma sempre, e por non perder o costume, a admón tiña preparada a súa xogada: este ano pretenden eliminar o seguro de vida e accidentes que temos todos os traballadores da Axencia e adicar eses cartos para Acción Social. A súa idea é que se incrementen os niveis de renta dos tramos que se exixen para acceder a esas axudas, o que na práctica leva a que saian beneficiados os que teñen un maior nivel de renta, en contra do que debería ser o espíritu do plan, é dicir, favorecer as persoas con menores ingresos. |
Escrito da CIG ao "Defensor del Pueblo" sobre a situación do SVA |
|
29 Dez 2006 |
Como xa sabedes, o pasado día 14 de decembro a CIG presentou un escrito ao "Defensor del Pueblo", no que denunciabamos a indefensión en que se atopan os funcionarios/as do SVA en relación á situación de segunda actividade, xa que ésta aínda non conta cun regulamento específico. Este dereito á segunda actividade viña recollido na Lei 66/97, onde se especificaba que debía contar cunha legislación que o regulase, polo que xa imos para dez anos de retraso o cal perjudica gravemente os os intereses deste colectivo. |
Proxecto de Lei do Estatuto da/o Empregada/o Pública/o |
|
26 Dez 2006 |
En primeiro lugar xuntámonos có BNG (Francisco Rodríguez), díxonos que se xuntaba a comisión de ponentes ó día seguinte (o día 14) e que ían seguir defendendo as emendas da cláusula de revisión e descentralización da negociación colectiva. De todos os xeitos, a ponencia aceptou total ou parcialmente (ou transacionou) algunhas das emendas apresentadas polo BNG como: |
Emendas ao Estatuto Básico da Función Pública |
|
26 Dez 2006 |
|
Reunión do dia 21 da Mesa Xeral da AEAT |
|
22 Dez 2006 |
Onte reunímonos en Madrid na Mesa Xeral, segundo o acordado o pasado día 1 de decembro para tratar de iniciar a negociación da carreira profesional e administrativa de TODO o persoal da AEAT. A continuación transcribimos, de xeito textual, o comunicado entregado pola administración aos sindicatos: |
Paralisado até ao dia 9 de Xaneiro o Concurso de Informática |
|
21 Dez 2006 |
Unha vez máis a Axencia Tributaria demóstranos como resolve os concursos:só importa que ao candidato "oficial" lle cheguen os puntos para obter o posto e para o resto dos concursantes xa se buscará algun motivo para que non molesten. Nesta ocasión os "motivos" foron os méritos específicos. O manexo do concurso empeza coa convocatoria: convócanse os postos cuns méritos "adaptados" ao "candidato oficial". Non teñen reparo para pedir méritos distintos para postos similares sin ningunha explicación.Para os responsables da AEAT todos os méritos valen o mesmo: da igual ter, por poñer un exemplo, "experiencia en word" que "experiencia en análisis e desenvolvemento de aplicacións". |
A CIG continua a luitar pola segunda actividade en Vixilancia Aduaneira |
|
13 Dez 2006 |
Dende a CIG-AEAT imos levar adiante unha nova iniciativa para que a AEAT cumpra o artigo 56 da Lei 66/1997 na que se recolle a segunda actividade para os funcionarios/as de Vixiancia Aduaneira. Vai para dez anos que a AEAT está a incumprir a Lei ao non desenrolar un regulamento de funcionamento desta segunda actividade. Parecenos gravísimo que unha Administración Pública encargada de que a cidadanía cumpra as suas obrigas para co Estado, incumpra sistematicamente un mandato do Parlamento efectivizado a través dunha Lei. |
Mesa do dia 29 de Relacións Laborais e Garantias Sindicais |
|
04 Dez 2006 |
O pasado venres asistimos en Madrid á Mesa de Garantías Sindicais, onde se tratou a forma de encauzar a situación do colectivo do grupo B, co trasfondo dos expedientes disciplinarios que foron abertos pola forma de levar a cabo as súas reinvindicacións. Despois de varias propostas da administración, sen chegar a un acordo, a Axencia entregounos a primeira hora da tarde un novo texto, no que se recollen, textualmente, os seguintes puntos: |
Acción Social 2007 |
|
28 Nov 2006 |
Nas vindeiras datas comezaremos en Madrid a negociación do novo Plan de Acción Social da Axencia para o 2007. Estamos abertos a todas as propostas que teñades e que consideredes relevantes: axudas que botedes en falta, aspectos a mellorar...etc. Se queredes colaborar podedes mandar un fax coas vosas suxerencias ao 981 12 72 22, ou enviar un correo electrónico a cigaeat[@]hotmail.com. |