Aplicación do Plano Concilia nos concursos

21 Nov 2006
Email , Categorias: Información AEAT, Concursos,

A proposta de criterios que previsiblemente rexirá para a aplicación do Plan Concilia nos Concursos de informática e de axentes da facenda pública, pódese resumir nos seguintes termos:

A puntuación que derive dos supostos de conciliación será como mínimo o 10% da puntuación máxima total do concurso.

Full story »

 

Reorganización das administracións da AEAT

14 Nov 2006
Email , Categorias: Información AEAT, Info Xeral,

Nos pasados días, a AEAT remitiunos o "Documento Marco sobre a Reorganización das Administracións da Axencia Tributaria". Nese documento, e segundo a nova reorganización, defínese a división das Administracións da AEAT en tres tipos: as de Control Especializado (Nivel 1), as de Control Xeral (Nivel 2) e, por último, as de Información e Asistencia (Nivel 3).

As administracións de Nivel 3 únicamente realizarán as funcións de recepción de documentos, información ao contribuínte, xestión censal, atención na campaña de renta, etc, traspasándose, pois, as competencias de xestión, recaudación e inspección a administración ou delegación de Nivel 2 ou 1 que conrresponda.

Full story »

 

Mesa Xeral do dia 8 de Novembro de 2006

09 Nov 2006
Email , Categorias: Información AEAT, Info Xeral,

Antes da reunión a Administración fainos entrega dunha proposta de funcionamento das Mesas de traballo e de convocatoria destas mesas.Propoñen abrir este mes as mesas de productividade-avaliación do desempeño, calendario laboral e campaña de renda, deixando aberta a posibilidade de introducir novos temas, para tratar nos vindeiros meses, a proposta das organizacións sindicais.

Por parte da CIG tiñamos previsto, a parte das que propón a Admón., incidir na urxencia da convocatoria da Comisión de Seguimento do Acordo Horario de V.A., e as seguintes mesas: de seguimento da reorganización das Administracións, de saúde laboral, de retribucións e emprego, de produtividade, de avaliación do desempeño.

Full story »

 

Nova Lei Antidopaxe

07 Nov 2006
Email , Categorias: Vixilancia Aduaneira, Info SVA,

O pasado 3 de outubro o Senado aprobou o proxecto da nova Lei Antidopaxe, no que se inclúen numerosas novidades: creación da Axencia Estatal Antidopaxe, a posibilidade de facer controles por sorpesa de tódalas sustancias que poidan dar positivo nun control antidopaxe, as potestades de inspección dos botiquíns médicos, etc...

Segundo esta nova lei as facultades de inspección recaerán no Departamento de Aduanas e Impostos Especiais, xunto coas demais forzas e corpos de seguridade do estado e oas Servixos de Inspección Sanitaria que correspondan.

Full story »

 

Reunión da Mesa Xeral da AEAT do dia 30 de Outubro

31 Out 2006
Email , Categorias: Información AEAT, Info Xeral,

O 30 de outubro reuniuse en Madrid a Mesa Xeral da AEAT, na que a Admón. expuxo a sua intención de planificar os temas a tratar no futuro inmediato, facendo un esbozo no que entraban cuestións como productividade, concursos, calendario laboral, plan concilia, avaliación do desaempeño, etc.

Na sua intervención os representantes da CIG dibuxaron a situación laboral da Axencia Tributaria en plan crítico e con certo pesimismo cara o futuro. Explicámoslle aos novos rectores de RR.HH que é preciso reducir as enormes diferencias salariais existentes hoxe en día entre os distintos grupos e colectivos da Axencia, sendo sobre todo escandalosa a diferencia retributiva entre os "pata negra" do grupo A e o resto.

Full story »

 

Mobilización da área pública da CIG contra a rebaixa de salários

25 Out 2006

As delegadas e delegados da Área Pública da CIG concentraranse o próximo martes, 31 de outubro, ás 12 horas, diante da Delegación do Goberno ( A Coruña ) para amosar o seu rexeitamento ao Acordo Admón.- Sindicatos, asinado recentemente polo Goberno do PSOE e as centrais sindicais CCOO, UGT e CSIF.

Este Acordo supón unha nova perda de poder adquisitivo para os traballadores e traballadoras da Función Pública, que vemos como ano tras ano seguimos a perder cartos, independentemente de quen goberne no Estado, e sempre ca connivencia de CCOO, UGT e CSIF.

Full story »

 

Mudanzas nas Subdireccións de Recursos Humanos da AEAT

23 Out 2006
Email , Categorias: Información AEAT, Info Xeral,

O pasado día 18 de outubro publicáronse no BOE os cambios producidos no Departamento de Recursos Humanos da AEAT (cese do Subdirector Xeral de Relacións Laborais e o de Xestión Administrativa de Persoal).

Ante o novo panorama que se presenta coas novas incorporacións neses postos e dada a preocupante xestión da Axencia en materia de persoal, presentamos un escrito dirixido ao Departamento de Recursos Humanos para que, á maior brevidade, convoquen as seguintes mesas:

Full story »

 

Vixilancia Aduaneira no Congreso das/os Deputadas/os

17 Out 2006
Email , Categorias: Vixilancia Aduaneira, Info SVA,

A preguntas da Diputada no Congreso en Madrid do B.N.G., Olaia Fernández Davila, con data 06-07-2006, sobre a situación do S.V.A, un ano despois da aprobación da iniciativa no pleno da cámara, e na que non se ten constancia de que o Goberno realizase ningún cambio, tanto nos medios materiais, como humanos,( 2º Actividade, idade dos traballadores, embarcacións, etc), a resposta do Goberno foi a seguinte:

"... es significativa la entrada en funcionamiento del buque de operaciones especiales " FULMAR" que complementa la labor del "PETREL ". O QUE NON DI E SI TEN BASE EN GALIZA OU NON, fai mención do helicóptero, do ABANTO, e do PAIÑO, o que non di e co ABANTO marcha este mes destinado para Cartaxena e que o PAIÑO estará en Galiza só un ano , mentras duren as probas.

Full story »

 

Os concursos na AEAT

14 Out 2006
Email , Categorias: Información AEAT, Concursos,

As duas últimas semanas estivemos asistindo á resolución do CG2004 e pudemos comprobar a famosa teoría de Peter "si algo é susceptible de empeorar, empeorará". Decimos esto a conto de que na Axencia nunca os concursos se resolveron de maneira adecuada, obxetivamente e con seriedade, pero o que vimos neste concurso roza o esperpento.

A maneira de exemplo podemos poñer o caso dunhas prazas para Pontevedra nas que con identicos méritos acreditados polos responsables de Departamento se puntuaban de distinta maneira, para aclararnos, o xefe do Departamento X expedía a tres funcionarios tres informes iguais exatamente e o/a superior de turno puntuabaos diferente.

Full story »

 

<< 1 ... 59 60 61 62 63 64 65 66 67 68 69



Sede Nacional:
Delegación AEAT da Coruña

Telefone: 981 616 889
Fax: 981 127 222
Co-e: cigaeat[@]gmail.com


Quen somos na AEAT?
Ficha de Afiliación
Contacta
Agosto 2017
Seg Ter Qua Qui Sex Sab Dom
 << <   > >>
  1 2 3 4 5 6
7 8 9 10 11 12 13
14 15 16 17 18 19 20
21 22 23 24 25 26 27
28 29 30 31      

Busca

Ligações

Web Oficial da Confederación Intersindical Galega
Formación Online
Gabinete Confederal Saúde Labora
Fundación para o Estudo e a Divulgación da Cuestión Social e Sindical en Galiza
Fundación para a Orientación Profesional, Emprego e Formación en Galiza
CIG Administración Pública

Ferramentas do usuário

Feeds XML

What is RSS?

Quem está online?

  • Usuários convidados: 0
Contadores

Contadores de visitas gratis para webCursosContadores de visitas gratis para web
powered by b2evolution free blog software