Publicado no BOE concurso geral AEAT C1 e A2

24 Jul 2009

No BOE de hoxe foi publicada a resolución do concurso para os grupos C1 e A2. As vagas (prazas) da Galiza comezan na páxina 23. Para o próximo dia 27, está prevista a publicación do concurso de Axentes Tributarios.

 

BOE publica listados de admisións e exclusións para os exames MAP

24 Jul 2009

Hoxe foi publicada no BOE a lista de admitidas/os e excluidas/os para os exames do MAP, ben como as datas de realización dos exames.

Revisai ben se estades nas listas, pois hai moitas/os excluídas/os, e o prazo para a corrección de erros é de 10 días úteis. Os listados de admitidas/os e excluídas/os son os dos seguintes procesos selectivos:

- Corpo Xeral Auxiliar (libre e promoción interna)

- Corpo Xeral Administrativo (promoción interna)

- Técnico Auxiliar de Informática (promoción interna)

- Xestión do Estado (libre e interna)

- Xestión de Sistemas e Informática (libre e interna)

- Xestión de Organismos Autónomos (interna)

 

Modificación concurso C2 - AEAT

16 Jul 2009
Email , Categorias: Información AEAT, Concursos,

A seguir disponibilizamos a modificación por erros do concurso do Subgrupo C2 que se publicou no BOE no dia de hoxe. Hai un novo prazo para a apresentación ou modificación de instancias de quince días úteis.

 

BOE publica convocatoria procesos selectivos AEAT

13 Jul 2009

Para xá informamos que no BOE do pasado sábado (11 de xullo) sairon publicadas as seguintes convocatorias dos procesos selectivos da AEAT:

- Corpo Axentes de Vixilancia Aduaneira

- Corpo Executivo de Vixilancia Aduaneira (libre e interna)

- Axentes da Facenda Pública (libre e interna)

- Corpo Técnico de Facenda (libre e interna)

- Corpo Superior de Inspectores

Se precisardes máis información podedes consultar o seguinte enderezo:

 

BOE publica resolución nomeación administrativas/os (Promoción Interna)

13 Jul 2009

A seguir disponibilizamos resolución de 3 de Xullo de 2009 (BOE de 11 de Xullo), da Secretaría de Estado para a Función Pública, pola cal son nomeados funcionarios de carreira, polo sistema de promoción interna para persoal funcionario e para persoal laboral fixo, ao Corpo Xeral Administrativo da Administración do Estado.

 

Axudas Acción Social serán pagas a partir de Novembro

09 Jul 2009

A seguir divulgamos nota informativa da reunión de hoxe da Mesa de Acción Social, ben como estatísticas das instancias apresentadas. Destacamos que a AEAT comprometeuse a iniciar o pagamento das a partir de Novembro, e tamén que na reunión foron resolvidos os pedidos de axudas excepcionais. Da CIG reclamamos a resolución do problema do retraso do MAP para os exames de promoción interna, entre outros asuntos.

 

Convocadas Bolsas para Promoción Interna

08 Jul 2009

A seguir disponibilizamos orden publicada no BOE de 8 de xullo, através da qual son convacadas bolsas para a preparación das provas de aceso, polo sistema de promoción interna, aos corpos e especialidades convocados polo Ministerio da Economia e Fazenda e da AEAT.

 

Galiza continúa sendo a porta de entrada da cocaína para a Europa

03 Jul 2009
Email , Categorias: Vixilancia Aduaneira, Info SVA,

null

CIG AEAT reclama novamente unha potenciación dos meios humanos e materiais do Servizo de Vixilancia Aduaneira

A sección sindical da CIG na Axencia Tributaria voltou a lanzar unha chamada de atención sobre a situación das costas galegas como «porta de entrada» á cocaína na Europa. Da central reclámase unha potenciación de meios humanos e materiais do Servizo de Vixilancia Aduaneira, razón pola cal a CIG xa se ten dirixido á Dirección Xeral de VA para que dote a Galiza dun Sistema Integrado de Vixilancia Exterior, similar ao que actualmente controla as costas andaluzas e canarias.

Full story »

 

AEAT quer manter «informe do xefe» na Carreira Administrativa

02 Jul 2009
Email , Categorias: Información AEAT, Carreira,

Mais información na CIG-AEAT chamando para o 981 616 889

A seguir disponibilizamos nota informativa sobre a reunión da Mesa de Carreira Administrativa realizada no día de hoxe, ben como a nova proposta de Mobilidade Xeográfica que nos entregou a AEAT.

Para xá salientamos que da AEAT non responderon as propostas que apresentamos na reunión anterior e no novo rascuño que apresentaron á parte social teiman na manutención do «informe do xefe» para o aceso aos escalóns retributivos superiores da carreira administrativa.

 

AEAT alonga prazos para a tomada de pose do pessoal que aprovou nos últimos procesos selectivos

01 Jul 2009

Mais información na CIG-AEAT chamando para o 981 616 889

A seguir disponibilizamos nota informativa sobre a reunión de hoxe relativa a promoción interna. Achegamos, coa nota informativa, o cadro-resume coa información sobre os opositores que participaron na convocatoria de 2008 e que teñen dereito á reserva das provas superadas.

 

Convocado concurso subgrupo C-2

01 Jul 2009

Mais información na CIG-AEAT chamando para o 981 616 889

A seguir disponibilizamos resolución de 15 de xuño de 2009, publicado no BOE de hoxe, da presidencia da Agencia Estatal de Administración Tributaria, pola cal é convocado concurso xeral para a provisión de postos de traballo para o subgrupo C-2.

 

Promoción Interna 2009

26 Jun 2009

Publicación prevista no BOE de 7 de Xullo

A seguir disponibilizamos nota informativa sobre as convocatorias de Promoción Interna para 2009, depois da reunión mantida onten con a AEAT.

Da CIG manifestamos a nosa indignación polo retraso desta reunión, pois entendemos que non é máis que unha maniobra da AEAT para evitar a negociación das cuestións do Acordo de Promoción Interna do ano pasado que están pendentes de tratar, como son, entre outras:

- A negociación da promoción interna ao subgrupo A1

- A redución de materias por antigüidade

- A simplificación dos distintos exames

- A mellora, en xeral, do sistema de promoción interna na AEAT

Alén diso, en dita reunión a parte social foi informada dos dados do persoal funcionario participante en 2008 que teñen direito a conservar o aprobado dos exercicios superados. Igualmente, da CIG batemos o ponto nunha serie de incongruencias observadas na Promoción Interna 2008 a respeito do CTH, Axentes Tributarios, e pessoal do SVA.

 

Manual de Recursos Humanos: Permisións e Licenzas

22 Jun 2009

A seguir disponibilizamos a última versión do Manual de Recursos Humanos, actualizada a 6 de Outubro de 2008, un documento resumo das diferentes permisións e licenzas do persoal funcionario e laboral recollidas pola normativa vixente.

 

Xornada de verao 2009

16 Jun 2009

A seguir disponibilizamos información sobre a xornada de verao, que segundo o Acordo de Calendario Laboral comeza hoxe, 16 de xuño, e prolongará-se até o próximo 16 de setembro.

 

Máis de 600 delegados e delegadas participarán no V Congreso da CIG

16 Jun 2009

Comeza este sábado 20 de xuño, ás 9:30 horas

Máis de 600 delegados e delegadas participarán no V Congreso da CIG, que terá lugar os días 20 e 21 de xuño, en Compostela. Un Congreso que se desenvolverá en sesións plenarias abertas ás delegacións e persoas convidadas e aos medios de comunicación. Os debates, na primeira xornada, xirarán arredor do Informe de Xestión da Executiva e do Relatorio de Organización e Estatutos e na segunda, no decurso da mañá, do Relatorio Base. Á tarde presentaranse as candidaturas e votaranse os cargos e membros dos organismos: Executiva Confederal, Secretaría Xeral, Comisión de Garantías e Comisión Disciplinar.

 

<< 1 ... 58 59 60 61 62 63 64 65 66 67 68 ... 79 >>