ACLARACIÓNS SOBRE A PROLONGACIÓN DA ACTIVIDADE LABORAL

17 Mar 2015
Email , Categorias: Clases Pasivas,

Aclaracion_xubilacion.pdf

Nota informativa aclarando diversas cuestións sobre a xubilación nos casos de prolongación da actividade laboral máis aló dos 65 anos.

 

MESA CAMPAÑA DE RENDA 2015

13 Mar 2015
Email , Categorias: Campaña IRPF,

mesarenda.pdf

Levamos máis de 5 anos cos módulos reducidos (e logo conxelados coa redución) e xa que algúns din que chegaron os “brotes verdes”, pedimos que iso se vexa reflexado cunha proposta digna e unha suba en condicións

 

O "PIA" XA NON PÍA

13 Mar 2015
Email , Categorias: Acción Social,

12/03/2015 - PLAN ESPECIAL DE INTENSIFICACIÓN DE ACTUACIONES 2015 Rematou a reunión sen acordo. A Administración cedía no número de horas e comprometíase a convocar a Mesa Técnica de Seguimento do Acordo de Carreira antes da Semana Santa (sen comprometerse a aplicación do Acordo, convocaríase para dicirnos que non era posible a reclasificación ), dixéronnos que impulsarían o acordo da CPVIE para incluir ao persoal laboral e modificar lixeiramente o reparto da parte variable (deixando, por suposto, un marxe para que os inspectores levaran a súa parte, non vai a ser...) Aínda que había algún sindicato disposto a asinar, ao final non hai maioría suficiente para sacar adiante o Plan. Desde a CIG temos ben clara a nosa postura desde o principio: non cedemos á chantaxe.

*Reiteramos que o que queremos é a reactivación e aplicación do Acordo de Carreira, que non hai nada que discutir nas mesas, o Acordo de Carreira xa está asinado; o único que ten que facer a AEAT é cumprir o que eles mesmos asinaron no 2007.

*Manifestamos que os documentos que distribuíron coas condicións da resolución en caso de non acordo foi unha chantaxe .

* Insistimos que a consecución dos obxectivos conséguense cun persoal motivado e co traballo diario sen necesidade de horas extras.

*Pedimos aclaración de qué traballos non terán que facer os que non fagan o plan (non hai resposta.... teremos que facer o mesmo traballo que estabamos facendo).

*Aclaramos a noticia de Expansión de que nós non asinamos o Plan do ano anterior,e na prensa se dí que todos os sindicatos asinaron cando non é certo.

*Pedimos explicacións de porqué se están convocando reunións nos distintos centros de traballo para explicar o Plan se ainda non sabían se se iba ou non a asinar. En resumidas contas, a Admón. responde que non se poden comprometer a aplicación do acordo de Carreira Administrativa e que non perciben que haxa chantaxe por enviar esa información sobre a resolución que aplicarán para o PIA 2015. Esperamos que lles quedara ben clariño que por este camiño van mal. Isto non é o modelo retributivo que queremos para o persoal da Axencia.

 

PROPOSICIÓN NON DE LEI DO BNG INSTANDO A MELLORAR A ATENCIÓN AO PÚBLICO

13 Mar 2015
Email , Categorias: Info Xeral,

"..... as queixas da cidadanía son constantes e estas situacións xeneran gran tensión entre os contribuintes e os traballadores pola constante presión a que se ven sometidos, e que provoca un estrés laboral importante..."

Millor_atencontrib.pdf

 

ESCRITO DO BNG SOBRE MELLORA DE ATENCIÓN Á CIDADANÍA POR PARTE DA AEAT

13 Mar 2015
Email , Categorias: Info Xeral,

O BNG ven de presentar no Congreso dos Deputados un escrito resaltando a necesidade de que a AEAT mellore a atención á cidadanía

escritobng_melloratencion.pdf

 

10 DE MARZO, DÍA DA CLASE OBREIRA GALEGA

09 Mar 2015
Email , Categorias: Acción Social,

A CIG reivindicará emprego e salarios dignos contra a pobreza no Día da Clase Obreira Galega
A central chama a participar nas mobilizacións convocadas nas sete cidades o 10 de Marzo
A CIG aproveitará a conmemoración do 10 de Marzo, Día da Clase Obreira Galega, para reivindicar “emprego e salarios dignos” como único xeito de frear o empobrecemento da maioría social a causa das políticas que está a aplicar o PP en Galiza e no conxunto do Estado. A central nacionalista fai un chamamento a participar nas mobilizacions convocadas ao longo da xornada nas sete cidades galegas. O acto central da xornada, no que participará o secretario xeral, Suso Seixo, terá lugar unha vez máis en Ferrol e consistirá nunha ofrenda floral en memoria de Amador Rei e Daniel Niebla e nunha manifestación.

 

CURSOS DE INGLÉS NA AEAT

09 Mar 2015
Email , Categorias: Acción Social,

Nestes días estamos a recibir moitas consultas sobre o futuro do curso de inglés incluido no Plan de Formación Continua da AEAT que se estaba a impartir a través da plataforma “Oxford English”. Relacionado con isto hai uns días colgouse na intranet unha información sobre o curso de inglés que se impartirá polo INAP, o cal fai xurdir dúbidas sobre este tema que pensamos que hai que solventar. Feitas as consultas aos responsables de formación da AEAT fixéronnos as seguintes aclaracións: - O curso de inglés da AEAT que se impartía a través da plataforma de Oxford English impartirase con total normalidade ata o seu remate (mes de xuño). - Debido á aplicación das directrices do informe da CORA (Comisión para a Reforma das AA.PP), ese curso xa non se volverá a impartir a través da AEAT, senón a través do INAP. Iso quere dicir que haberá unha plataforma única para todos os funcionarios do estado que estén interesados na formación no idioma de inglés. - Outra cuestión importante é que aínda non se coñece a empresa que vai a ser a adxudicataria dos cursos de idiomas do INAP (sairá a concurso en breve), polo que se descoñece se será Oxford English ou outra a que vaia levar a cabo ese tipo de formación. Iso quere dicir que, unha vez inscrito no curso, haberá que realizar unha proba de nivel. Só no caso de que resultara adxudicataria do concurso a mesma empresa que impartía esa formación na AEAT, intentaríase que os alumnos da AEAT entren no nivel seguinte ao que están recibindo na actualidade. - Outro problema que se está intentando resolver é o tema das datas. Por una lado, a data de inicio do curso de inglés do INAP ten fixado o seu comezo para o mes de maio, mentres que a formación que se está a impartir na AEAT remata en xuño. Obviamente, non ten moita lóxica e sería dificultoso facer dous cursos do mesma materia de xeito simultáneo. Asegúrannos desde Formación que isto vaise solucionar intentando retrasar, para o persoal da Axencia, o comezo do curso do INAP. - En todo caso, todo o persoal da Axencia que estén interesado en continuar coa formación de inglés on line deben presentar a solicitude a través de http://www.inap.es/formacion-en-idiomas o ben desde http://www.inap.es/catalogo-de-formacion antes do 17 de marzo. Podedes acceder á convocatoria do curso premendo o seguinte enlace: http://www.boe.es/boe/dias/2015/03/02/pdfs/BOE-A-2015-2237.pdf

 

MESA CAMPAÑA DE RENDA

09 Mar 2015
Email , Categorias: Acción Social,

NOTA INFORMATIVA CAMPAÑA DE RENDA 2014 O pasado día 4 convocounos a AEAT para a reunión inicial coas novidades da próxima Campaña de Renda. Tamén nos facilitou os datos estatísticos da última campaña, onde como dato máis salientable poderíamos destacar a redución no número de borradores presentados respecto a anos anteriores e o incremento do número de declaracións presentadas a través do Programa Padre. En principio podemos destacar entre as novidades que nos trasladou a Administración desta nova campaña , as seguintes: - Mellora do programa PADRE e mais facilidades para obter os datos fiscais. En concreto mellórase o proceso de captura de datos, haberá a posibilidade de impresión do resume de resultados, traslado automático e individualizado dos datos dos contribuíntes e máis mensaxes de advertencia para evitar erros, etc. - Unificación das datas e do calendario da campaña. - Posta en marcha, en principio como proba piloto, da “RENTA WEB”, que rematará sendo a única opción para presentar a renda en vindeiras campañas (é dicir, desaparecerá a distinción entre borrador e renda tal e como está na actualidade). - Potenciación da clave PIN - Haberá un icono informativo do destino dos nosos impostos cun gráfico coa distribución do gasto público. - Importante: daránse instruccións para que nas oficinas NON se facilite ao contribuínte o importe da casilla 415 ou 620, (necesaria para descargar os datos fiscais), as instruccións serán as de que o contribuínte formalice a alta na clave PIN. - Haberá a posibilidade de duplicar o tempo da cita de renda no caso de transmisión de inmobles (pola complicación deste tipo de declaracións) Por outro lado, as datas destacadas da campaña son as seguintes: - 1 de abril, comeza o servizo telefónico de información de renda - 7 de abril, apertura do prazo para presentar o borrador - 6 de maio, inicio do servizo de cita previa - 11 de maio, inicio nas oficinas da AEAT da campaña de renda En relación á asistencia aos contribuíntes pensionistas do extranxeiro hai que ter en conta unha cousa moi importante, Galicia vai ser a única Delegación Especial onde a campaña de regularización dese tipo de declaración vaise extender ata o 30 de xuño (no resto da AEAT rematará o 30 de abril). ¿Iso que supón?. Que haberá uns compañeiros que terán que asumir ese tipo de citas, en moitos casos de moita duración (xa que son declaracións complementarias, na que se poden regularizar ata 4 anos), polo que é importante que a Administración o teña en conta para que esta circunstancia non supoña unha minoración nas citas e nos postos que tradicionalmente se estaban a cubrir na campaña. Desde a CIG estaremos moi atentos polo que pedimos explicacións de cómo se van xestionar estes dous servizos e insistimos en que se busque o espazo físico para mantelos simultáneamente sen minorar o número de citas e os compañeiros que traballan habitualmente na campaña. Tamén insistimos en que a Campaña sae adiante ano tras ano grazas ao esforzo dos compañeiros e compañeiras e non pola boa xestión dos dirixentes desta casa, polo que solicitamos un incremento dos módulos retributivos e tamén denunciamos a racanería da Administración xa que en determinadas áreas con maior carga de traballo se están a repartir os módulos entre os traballadores en lugar de dar o módulo completo. Pedimos tamén a avaliación dos postos de traballo de renda e unha mellora da formación dos traballadores mediante cursos presenciais. Quedamos citados para a semana que vén onde xa esperamos traballar cunha proposta por escrito, polo que pedimos tamén que se nos facilite coa suficiente antelación para que poidamos estudala con tempo e así conseguir unha mellora nas condicións de traballo na campaña de renda.

 

CONCURSOS C1 E C2

09 Mar 2015
Email , Categorias: Acción Social,

O pasado 5 de marzo reuniuse a Comisión de Valoración dos concursos C1 e C2 (que eran os que estaban destinados a captar persoal de Correos así como doutros Ministerios). A AEAT fíxonos saber que o prazo de renuncias rematará o día 12 de marzo ás 24 horas. As datas previstas para a resolución definitiva destes concursos serán o día 17 de marzo para o concurso do C1 e o 18 de marzo para o C2. A publicación no BOE da resolución cos adxudicatarios será o 31 de marzo. Tamén nos informou que os adxudicatarios do Panel xa formalizaron a renuncia a estes concursos (condición ineludible para levar praza por panel).

 

CONVOCATORIA DE CURSOS DE IDIOMAS DO INAP

04 Mar 2015
Email , Categorias: Formación,

Convocatoria dos cursos de idiomas do Instituto Nacional de Administración Pública. http://www.boe.es/boe/dias/2015/03/02/pdfs/BOE-A-2015-2237.pdf

 

DÍA PERMISO ADICIONAL

04 Mar 2015
Email , Categorias: Info Xeral,

Como o 15 de agosto cadra en sábado, "Generoso" Montoro concedelle aos seus servos e servas un día adicional de permiso. Canta magnanimidade !!

dia_permiso_adicional.pdf

 

Convocatoria cursos AEAT Saúde Laboral 2015

19 Fev 2015
Email , Categorias: Formación,

Información  sobre os cursos de saúde laboral e prevención de riscos. O prazo para anotarse remata o 4 de marzo. Nos próximos días as distintas unidades de RR.HH terán as solicitudes en papel para aqueles que non poidan acceder á Intranet.

 

Cursos_Saude_Laboral.pdf

 

Plan Especial de Intensificación de Actuacións 2015

19 Fev 2015
Email , Categorias: Produtividade,

Desde a CIG consideramos inasumible poder chegar a un acordo polo seguinte: - Non podemos defender ter que facer horas extras para cobrar a produtividade ordinaria. Entendemos que dándolle continuidade ao Plan estamos a crear unha dinamica moi perigosa que nos levará a consolidar un maior horario no futuro. - Seguen sen querer introducir ningunha cláusula que recolla a necesidade da proporcionalidade retributiva entre os distintos subgrupos. Se o ano pasado tivemos un só un pago variable e pasou o que pasou, imaxinade o que pode suceder habendo dous pagos. A intención é marcar, áinda mais, as diferencias entre os A1 e o resto do persoal da casa.

Plan_Especial_AEAT.pdf

RESUMEProposta_AEAT_PIA.pdf

 

BORRADOR DO PLAN PIE 2015

12 Fev 2015
Email , Categorias: Produtividade,

As principais novidades do plan consisten no seguinte: · Os obxectivos a cumplir están referenciados aos indicadores 3 e 4.1 do Plan de Obxectivos da Axencia. Isto é, serían os obxectivos de recadación por fraude tributario e aduaneiro (indicador 3) e obxectivos de ingresos procedentes de autoliquidacións extemporáneas inducidas (indicador 4.1). · Este ano haberá que traballar 20 horas en lugar das 12 que pedían o ano pasado. - Para cobrar o primeiro pago a conta habería que facer 6 horas “extras” entre marzo e abril (para cobrar o pago a conta de maio) e para o segundo pago a conta (o de outubro) outras 6 horas entre xullo e setembro e ademais ter un incremento horario acumulado de xaneiro a setembro de como mínimo de 16 horas. -Establécense outros requisitos a maiores en canto a incremento horario para cobrar as liquidacións da parte variable.

A nosa valoración do borrador do acordo é negativa. Xa sabedes todos a nosa postura contraria ao acordo do 2014, na que o tempo deunos a razón, e se ainda o empeoran, ¡¡¡apañados imos!!! .

 

Borrador_Plan_PIA_2015.pdf

 

PLAN ESPECIAL DE INTENSIFICACIÓN 2015

12 Fev 2015
Email , Categorias: Produtividade,

Desde a CIG pedimos que non se financien horas extras coas partidas da produtividade ordinaria, que os obxectivos non se cumplen por estar máis horas nos centros de traballo senón por ter xente preparada e motivada. Fomos os únicos en solicitar a información sobre a contía da partidas económica que teñen pensado adicar a este novo plan, cuestión na que a AEAT non quixo nin entrar (porque non interesará que se saiba). Cremos que se debe negociar o reparto de toda a produtividade, con criterios obxectivos e coñecidos por todos, coñecendo previamente os importes a repartir, e que o reparto debe ter unha proporcionalidade entre todos os traballadores.

Plan_Especial.pdf

 

<< 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 11 ... 69 >>



Sede Nacional:
Delegación AEAT da Coruña

Telefone: 981 616 889
Fax: 981 127 222
Co-e: cigaeat[@]gmail.com


Quen somos na AEAT?
Ficha de Afiliación
Contacta
Junho 2017
Seg Ter Qua Qui Sex Sab Dom
 << <   > >>
      1 2 3 4
5 6 7 8 9 10 11
12 13 14 15 16 17 18
19 20 21 22 23 24 25
26 27 28 29 30    

Busca

Ligações

Web Oficial da Confederación Intersindical Galega
Formación Online
Gabinete Confederal Saúde Labora
Fundación para o Estudo e a Divulgación da Cuestión Social e Sindical en Galiza
Fundación para a Orientación Profesional, Emprego e Formación en Galiza
CIG Administración Pública

Ferramentas do usuário

Feeds XML

What is RSS?

Quem está online?

  • Usuários convidados: 0
Contadores

Contadores de visitas gratis para webCursosContadores de visitas gratis para web
powered by b2evolution free blog software