Axudas redución xornada coidado fillos

18 Mai 2011

Mais información na CIG-AEAT ligando para o 981 616 889

Infórmamos que hoxe 18 de maio de 2011, foi publicada no DOG, a convocatoria da Secretaría Xeral de Igualdade pola cual son reguladas as axudas económicas para aqueles traballadores e familias monoparentais, que entre 1 de setembro de 2010 e 30 de abril de 2011 se acolleran a unha redución da súa xornada laboral por coidado de fillo/a.

O prazo para a apresentación da petición será dun mes contado a partir do día seguinte ao da publicación da resolución no DOG (Prazo: de 19 de maio a 20 de xuño).

 

Sobre os novos cortes salariais para os servidores públicos

13 Mai 2011

A seguir disponibilizamos nota informativa sobre os posíbeis novos cortes salariais, ben como ligazón para as declaracións da Secretaria do Estado de Función Pública sobre ese tema (moi interesantes, por certo...) que podeis ver en "La Voz de Galicia".

 

Prazos axudas Acción Social

12 Mai 2011

Mais información na CIG-AEAT ligando para o 981 616 889

A seguir disponibilizamos nota informativa para non esquecer que a 15 de maio (melhor a 16, xa que 15 é domingo) finalizan os prazos para solicitar algunhas axudas de Acción Social e comezan uns novos para axudas de saúde.

 

Listados concursos Vixilancia Aduaneira

10 Mai 2011

Mais información na CIG-AEAT ligando para o 981 616 889

A seguir disponibilizamos nota informativa sobre os concursos de Vixilancia Aduaneira (axentes e corpo executivo). Xá temos os listados corrixidos que nos facilitou Recursos Humanos, se quixerdes ter aceso aos mesmo é só contatardes connosco.

Lembrai que o prazo de renuncias remata neste próximo 13 de maio, ás 24 horas.

 

Concursos Vixilancia Aduaneira (Axentes e Corpo Executivo)

06 Mai 2011

Mais información na CIG-AEAT ligando para o 981 616 889

Para a próxima terza feira (martes), día 10 de maio, está prevista a constituición das Comisións de Valoración dos concursos de Vixilancia Aduaneira (tanto de Axentes cuanto do Corpo Executivo). Esperamos que nos faciliten os primeiros listados coas puntuacións.

Lembrai que desde ese día hai un prazo pechado e improrrogábel de 3 DÍAS para apresentar as renuncias.

Ficai ben atentas/os!!!

Xa vos iremos informando das novidades que houver.

 

Info painel CTH

03 Mai 2011
Email , Categorias: Información AEAT, Carreira,

Mais información na CIG-AEAT ligando para o 981 616 889

Informamos que xá temos a vosa disposición os listados provisorios de funcionarios do CTH seleccionados no proceso 2011P01. É só contatardes connosco se quixerdes ter info sobre ditos listados.

 

Concurso Axentes no BOE

03 Mai 2011
Email , Categorias: Información AEAT, Concursos,

Mais información na CIG-AEAT ligando para o 981 616 889

A seguir disponibilizamos ligazón para ler ou descarregar a resolución de adxudicación do concurso de Axentes, que foi publicada hai uns días no BOE

 

Máis de 17.000 persoas convocadas pola CIG rexeitan na rúa as políticas de recortes sociais e apostan pola defensa do emprego

02 Mai 2011



Suso Seixo aproveitou a celebración do Primeiro de Maio para animar en Vigo a loitar por un novo modelo económico e por unha Galiza ceibe e socialista

Máis de 17.000 persoas manifestáronse coa CIG en toda Galiza este 1º de Maio para conmemorar o Día Internacional da Clase Traballadora. Con estas mobilizacións, convocadas baixo o lema “Polo emprego, non ás reformas do capital. Defendamos os nosos dereitos”, o sindicalismo nacionalista e de clase galego rexeitou na rúa a política de recortes sociais que están a aplicar os distintos gobernos seguindo as directrices do capital.

Ao remate da marcha de Vigo o secretario xeral da CIG, Suso Seixo, animou a conquistar un novo modelo económico máis xusto e a loitar por unha Galiza “ceibe e socialista”.

Mais info: xornal dixital Avantar

 

CIG-AEAT sobe cinco representantes nas eleicións entre o persoal funcionario

28 Abr 2011

Con 11 representantes, a CIG é a primeira forza sindical na Galiza

Hoxe, 28 de abril tivemos as eleicións na Axencia Tributaria, onde eran eleitos as/os representantes das distintas Xuntas de Persoal. A CIG subiu en 5 delegados (3 na Coruña, 1 en Pontevedra e mais un en Ourense), tendo un total de 11 entre as catro Xuntas de Persoal.

A falta de dados pormenorizados, que enviaremos en breve, podedes ver os resultados xerais na Galiza no pdf que disponibilizamos a seguir.

 

Axudas Muface 2011

27 Abr 2011

Mais información na CIG-AEAT ligando para o 981 616 889

A seguir disponibilizamos información sobre as axudas de Muface que foron publicados nestes días no BOE. Nas axudas de atención a pesoas idosas e outros coletivos hai novidades a respeito de outros anos, pois hai axudas para doentes oncolóxicos (por exemplo, compra de próteses capilares) e tamén para celíacos.

 

Retribucións funcionariado 2011 (pagas extras e complementos)

25 Abr 2011

Mais información na CIG-AEAT ligando para o 981 616 889

A seguir disponibilizamos um ficheiro aclaratorio sobre o que cobraremos nas pagas extras. Lembrai que, de acordo coa Lei de Presupostos do Estado para 2011, hai unha redución das contías do salario base e nos trienios a respeito dos pagamentos ordinarios.

Aproveitamos tamén para incluir a relación de complementos específicos segundo os tramos de carreira administrativa.

 

Queixa apresentación axudas Acción Social

19 Abr 2011

Mais información na CIG-AEAT ligando para o 981 616 889

A seguir disponibilizamos o escrito que acabamos de apresentar en relación aos problemas para apresentar as axudas do Plano de Acción Social deste ano. Lembrai que temos, para quen o precisar, as instancias en papel.

 

Día Internacional da Clase Traballadora

18 Abr 2011



1º de Maio: Polo emprego, non ás reformas do capital. Defendamos os nosos dereitos

A Confederación Intersindical Galega celebra o Día Internacional da Clase Traballadora con nove manifestación nas principais cidades do país, ademais de en Viveiro e Ribeira. A central nacionalista conmemora un novo 1º de Maio, nesta ocasión baixo o lema "Polo emprego, non ás reformas do capital. Defendamos os nosos dereitos", e anima á cidadanía galega a participar nas distintas mobilizacións.

Mais info: xornal dixital Avantar

 

Candidaturas da CIG-AEAT para as eleicións sindicais 2011

15 Abr 2011

28 de abril, eleicións sindicais na Axencia Tributaria

A seguir informamos das candidaturas apresentadas pola CIG às próximas Eleicións Sindicais na Axencia Tributaria. Acompañamos também o tríptico xeral informativo para estas eleicións:

 

Info Plano Acción Social 2011

14 Abr 2011

Como xa adiantabamos hai uns días, xa tendes na Intranet o Plano de Acción Social para 2011. A seguir disponibilizamos aqui a información.

Temos tamén á vosa disposición, para os que non puderen apresentar as instancias pola intranet, as instancias en papel das convocatorias para as quais comeza o prazo no dia 15 de abril ("desarrollo educativo e "estudio y cualificación de los empleados").

Se alguén as precisar, é só contatar connosco e facémosllas chegar.

 

<< 1 ... 42 43 44 45 46 47 48 49 50 51 52 ... 83 >>



Sede Nacional:
Delegación AEAT da Coruña

Telefone: 981 616 889
Fax: 981 127 222
Co-e: cigaeat[@]gmail.com


Quen somos na AEAT?
Ficha de Afiliación
Contacta
Novembro 2020
Seg Ter Qua Qui Sex Sab Dom
 << <   > >>
            1
2 3 4 5 6 7 8
9 10 11 12 13 14 15
16 17 18 19 20 21 22
23 24 25 26 27 28 29
30            

Busca

Ligações

Web Oficial da Confederación Intersindical Galega
Formación Online
Gabinete Confederal Saúde Labora
Fundación para o Estudo e a Divulgación da Cuestión Social e Sindical en Galiza
Fundación para a Orientación Profesional, Emprego e Formación en Galiza
CIG Administración Pública

Ferramentas do usuário

Feeds XML

What is RSS?

Quem está online?

  • Usuários convidados: 1
Contadores

Contadores de visitas gratis para webCursosContadores de visitas gratis para web
powered by b2evolution free blog software